Boris Godunov: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Portal|Rusia}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
{{Infpolitico
|nome = Boris Godunov
|imaxe = [[Ficheiro:Borisgodunov.jpg|centre|200px|]]
|datadenacemento = [[1551]]
|cidadedenacemento = ?
Liña 13:
}}
{{Contén texto cirílico}}
'''Boris Fedorovich Godunov''' (en {{lang-ru|Борис Фёдорович Годунов}}), nado en [[1551]] e finado o [[23 de abril]] de [[1605]], foi un nobre ruso, rexente ''de facto'' de Rusia desde [[1584]] ata [[1598]] e posteriormente converteuse no primeiro tsar non pertencente a dinastía Rurik, exercendo o poder desde [[1598]] ata a súa morte no [[1605]].
 
== Primeiros anos ==
Boris Godunov era un famoso membro dunha antiga, agora extinguida, familia rusa de orixe [[tártaros|tártaro]], que chegou de Kostroma a comezos do século XIV d.C, a través do príncipe tártaro Chet, que fundou o [[mosteiro Ipatiev]] en Kostroma. Boris era fillo de [[Feodor Ivanovich Godunov]] e da súa esposa Stepanida. O seu irmán maior Vasili morreu de neno. A carreira de Godunov comezou na corte de [[Iván IV de Rusia|Iván IV]]. No ano [[1571]] entrou a formar parte da [[opríchnina]].
 
No [[1571]] consolidou a súa posición na corte mediante a unión con María, filla de Maliuta Skurátov. En [[1580]] o tsar, elixe a Irene, irmá de Boris, para que sexa a esposa do seu fillo o [[tsarévich]] [[Teodoro I de Rusia|Teodoro]] de 14 anos de idade. No seu leito de morte, Iván IV designou un consello formado por Boris, [[Fiodor Nikítich Romanov]] e [[Vasili Shuiski]] xunto a outros [[Romanov]], como gardas e conselleiros do seu fillo e sucesor, quen a pesar de ter 27 anos, non era moi intelixente e moi enfermizo.
 
Ao morrer Iván, deixa a outro fillo de tres anos [[Dmitri Ivánovich]], que nacera do seu último matrimonio. Posto que a Igrexa Ortodoxa recoñecía só os tres primeiros matrimonios, e os fillos destes como lexítimos, Dmitri e a familia da súa nai non tiveron dereito dobre o trono.
 
Aínda así, o consello, pouco despois da morte de Iván, trasladan a Dmitri e a súa nai a [[Uglich]] a 150 &nbsp;km de [[Moscova]]. Á morte de Dmitri ós 10 anos de idade, a viuva de Iván denunciou que o seu fillo fóra asasinado por axentes que respondían ante Godunov. Nunca se puido establecer a culpabilidade de Godunov e pouco despois a nai de Dmitri foi obrigada a tomar os hábitos. <ref>''Ibid.#1''</ref>
 
== Rexente de Rusia ==
Con ocasión da coroación do tsar [[Teodoro I de Rusia]] o [[31 de maio]] de [[1584]], Boris obtivo honores como parte do consello de cinco homes, con todo, levou a cabo o segundo lugar durante o curso da vida do tío do tsar [[Nikita Romanovich]], quen ó finar, en agosto, o deixou sen un serio rival.
 
Tras unha conspiración contra el na que varios boiardos e o metropolitano Dionisio II, buscaban o divorcio do tsar e a irmá de Boris para acabar co poder deste último. Boris resultou fortalecido e a dirección e os asuntos do reino pasaron ó seu control, establecendo relacións con príncipes estranxeiros coma se el fóra un igual.
Liña 36:
 
== Tsar de Rusia ==
Ó morrer o tsar [[Teodoro I de Rusia|Teodoro I]] o [[7 de xaneiro]] de [[1598]], sen descendencia, a ambición de Boris o levou a apoderarse do trono. Probablemente se non o houbera feito houbera acabado os seus días nun mosteiro. A súa elección como [[tsar]] foi proposta pólo patriarca de [[Moscova]], quen tiña a convicción de que Boris tiña as cualidades apropiadas para gobernar na difícil situación do momento. Porén. Boris, só acepta o trono cando llelo ofrece a Zemsky Sobor, ou asemblea nacional, que se reúne o [[17 de febreiro]] e o elixe por unanimidade o [[21 de febreiro]]. O día [[1 de setembro]] é coroado Tsar de Rusia nunha cerimonia solemne.
 
Durante os primeiros anos do seu reinado gozou de moita popularidade, gobernou sabiamente e estableceu un clima de prosperidade. Estendeu a necesidade que tiña Rusia de crecer e alcanzar un progreso semellante ó do resto de [[Europa]], e por iso fomentou as reformas sociais e educativas. Foi o primeiro tsar en importar unha gran cantidade de mestres estranxeiros, o primeiro en enviar a mozos rusos a recibir a súa educación a outros países, e o primeiro en permitir que se construíran igrexas [[luteranas]] en Rusia. Ó gañar a guerra ruso-sueca de [[1590]]-[[1595]], viu a necesidade de crear un acordo sobre o [[mar Báltico]], e tratou de anexionar [[Livonia]] mediante a diplomacia.
 
A pesar de ser un dos mellores tsares de Rusia. O seu medo a posibles pretendentes ó trono, o induciu a prohibir os matrimonios dalgúns dos máis importantes boiardos. Tamén promoveu a existencia de informantes e perseguiu ós sospeitosos baseado na suposta ''información'' obtida por ditos medios. A familia [[Romanov]] sufriu especialmente este feito. Tampouco aceptou a unión persoal que lle propuxo no ano [[1600]] unha misión diplomática encabezada por [[Lew Saieha]] da Mancomunidade de Polonia-Lituania.
 
Boris morreu o [[13 de abril]] de [[1605]], dun paro cardíaco, e o seu fillo [[Teodoro II de Rusia|Teodoro II]] o sucedeu uns meses e foi asasinado, ao igual que a súa viúva por inimigos dos Godunovs en [[Moscova]].
 
== Notas ==
Liña 55:
 
{{Sucesión
| título = [[Ficheiro:Coat_of_arms_of_Russia_in_17th_century.png|70px]]</br />[[Tsar|Tsar de Rusia]]
| período = [[1598]] - [[1605]]
| predecesor = [[Teodoro I de Rusia]]
Liña 62:
{{Tsares de Rusia}}
 
{{ORDENAR:Godunov, Boris}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Godunov, Boris}}
[[Categoría:Tsares de Rusia]]
[[Categoría:Nados en Moscova]]