Matías Corvino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
m →‎Traxectoria: Arranxos varios using AWB
Liña 4:
 
== Traxectoria ==
Naceu en [[Kolozsvár]] (actualmente [[Klausenburg]], en [[Transilvania]], [[Romanía]]), segundo fillo de [[Xoán Hunyadi]], un nobre transilvano de orixe romanesa quen foi rexente de Hungría (e morreu nunha campaña contra os turcos en [[1456]]) e de Sabela Szilágyi.
 
Antes de poder reinar tivo que lidar primeiro co rei [[Ladislao V de Hungría|Ladislao V]] ''o póstumo'', quen foi tamén rei de [[Bohemia]]. Nestas liortas Ladislao capturou a Matías e ao seu irmán ao que decapitou en 1457. Nese mesmo ano o propio rei tamén morrería, posiblemente por envelenamento. Entón Matías apoiado pola baixa aristocracia e os baróns de Hungría (consideraban que era sabio e sería un gobernante franco), foi proclamado rei pola [[Dieta]] celebrada o 20 de xaneiro de [[1458]].