Aleta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎Aleta caudal: corrixo *extenden
m Arranxos varios using AWB
Liña 8:
Desde o punto de vista [[anatomía|anatómico]], as aletas dos peixes son formacións membranosas que se estenden sobre unha estrutura [[óso|ósea]] ou [[cartilaxe|cartilaxinosa]] formada por radios, que poden ser duros (espiñosos) ou brandos e segmentados, estes, á súa vez, simples ou ramificados. Segundo a especie, unha aleta pode presentar só radios espiñosos, só radios brandos ou unha combinación dos dous tipos. Polo común, os radios das aletas asentan sobre articulacións que os conectan á espiña vertebral. Estas articulacións permiten que as aletas se poidan pregar ou despregar grazas a uns pequenos [[músculo]]s.
 
O número, forma e disposición das aletas serve como elemento diferenciador dos peixes e constitúe un dato importante a ter en conta á hora de identificalos.
 
As aletas clasifícanse en pares (pectorais e pelvianas) e impares (dorsal, anal e caudal). As aletas pares están relacionadas evolutivamente coas extremidades anteriores e posteriores, respectivamente, dos [[vertebrado]]s terrestres.
Liña 46:
** Epicerca: co lóbulo superior máis desenvolvido có inferior (caso das quenllas).
** Hipocerca: co lóbulo inferior máis desenvolvido có superior (caso dos peixes voadores).
* Protocerca: rematada en punta, continuándose cara adiante ó longo da columna vertebral. É o caso dos [[mixino|mixinoideos]]ideos e tamén a forma típica no estado embrionario dos peixes. Non debe confundirse coa que se transforma nunha aleta continua por riba ata unirse coa aleta dorsal, e por baixo ata unirse coa anal.
* Dificerca: trilobulada. Tamén remata en punta (a columna vertebral esténdese ata o final da cola) pero sen continuarse coas aletas dorsais e anal. Preséntana os [[celacanto]]s e peixes pulmonados.
 
Liña 60:
 
===Aletas pectorais===
Sitúanse detrás das aberturas [[branquia|branquiais]]is, tralo opérculo. Nalgunhas especies alcanzan un notable desenvolvemento e permite a creación de forzas de elevación dinámica como a que permite ás quenllas mante-la profundidade ou o voo ós peixes voadores.
 
===Aletas pelvianas===
Liña 78:
===Aleta adiposa===
[[Ficheiro:Salmo trutta GLERL 1.jpg|miniatura|250px|Salmón]]
Algúns peixes, coma os [[salmónidos]] ([[troita]] ou [[salmo (xénero)|salmón]]), [[carácidos]] e [[siluriformes]] presentan unha aleta adiposa detrás da aleta dorsal e xusto por diante da caudal. É de pequeno tamaño, de natureza carnosa e sen os raios que posúen as outras aletas.
 
Carece de función locomotora.