Pan con xamón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 26:
 
== Ambientación ==
Coma as súas obras previas, ''Ham on Rye'' está ambientada nos Ánxeles, onde o autor creceu. Bukowski mantén as descricións realistas da súa cidade, facendo fincapé na xente que conforma Os Ánxeles máis que na cidade en si. Este tipo de descrición non venera ou idealiza a cidade, en contraste con outras obras coñecidas como "Novelas dos Ánxeles"<ref>Fontana, Ernest: "Bukowski's ''Ham on Rye'' and the Los Angeles Novel". ''The Review of Contemporary Fiction'',1985. 5 (3):4-8 {{en}}</ref>. As escenas fóra dos Ánxeles mostran a Chinaski coma un intruso, coma ao comezo da novela, cando vai coa súa familia a unha plantación de laranxeiros<ref> Fontana, Ernest: "Bukowski's ''Ham on Rye'' and the Los Angeles Novel". ''The Review of Contemporary Fiction'', 1985. 5 (3): 5 {{en}}.</ref>.
 
== Protagonista ==
Coma nas súas novelas autobiográficas anteriores, ''Ham on Rye'' céntrase na vida de Henry Chinaski, nesta ocasión durante a súa infancia e adolescencia. No curso da novela, Bukowski mostra o seu carácter de [[anti heroe]] [[misantropía|misánthopo]], similar ao de obras coma ''[[Servizo de Correos]]'' ou ''[[Hollywood (novela)|Hollywood]]''. Chinaski, que crece nun barrio pobre en Los Angeles durante a Gran Depresión, aparece converténdose nun perdedor [[sarcasmo|sarcástico]]. Isto débese en boa parte á súa vida doméstica, onde é golpeado polo seu pai decote, en moitas ocasións sen razón algunha. Convértese nun marxinado por parte dos rapaces da escola, primeiro pola súa nula habilidade para os deportes, e despois polo seu terrible [[acne]].
 
Chinaski foi comparado co monstro de ''[[Frankenstein (novela)|Frankenstein]]'' e co personaxe de [[Franz Kafka|Kafka]] [[Gregor Samsa]] por causa da marxinación que lle produce a súa "monstruosa" aparencia<ref> Fontana, Ernest: "Bukowski's ''Ham on Rye'' and the Los Angeles Novel". ''The Review of Contemporary Fiction'', 1985. 5 (3): 6 {{en}}.</ref>. Adoita responder con violencia nos enfrontamentos con aqueles que o marxina, dando unha imaxe de "tipo duro".
 
== Personaxes ==
Ao igual que Henry Chinaski, ''alter ego'' do escritor, o resto dos personaxes das novelas de Bukowski están configurados en base aos modelos de familiares e e amigos do propio autor.<ref>No limiar de ''Women'', a cargo de Niall Griffiths. Virgin Books. UK. </ref>.
 
== Título ==