Arquitectura románica en Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}}); cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 4:
 
== Historia ==
A arte románica expandiuse dende [[Francia]] ao resto da [[Europa occidental]] a partir do [[século XI]]. O estilo chegaría á [[Península Ibérica]] da man do [[Camiño de Santiago]] cuxas vías principais confluían en [[Santiago de Compostela|Compostela]], vila onde se dirixían milleiros de peregrinos de toda [[Europa]] que viñan a louvar a suposta tumba do apóstolo Santiago. A data de chegada do estilo a España é aproximadamente entre o [[século XI]] e comezos do [[século XII|XII]].
 
Algunhas das principais paradas do Camiño, serían as primeiras en desenvolver este estilo, erixíndose igrexas, catedrais e mosteiros, como a [[catedral de Jaca]], a [[igrexa monástica de San Martín de Frómista]], a [[basílica de Santo Isidoro de León]] e as primeiras pedras da catedral compostelá<ref>http://www.arrakis.es/~garma/romanico.html Segundo Románico, 3º parágrafo</ref>.
 
A época de expansión do estilo pola península, coincide coa ocupación musulmá, desenrolándose deste xeito o Románico pola parte setentrional da península, non ocupada polos mouros. As principais mostras deste arte pódense atopar por toda a xeografía do país, destacando, xunto a catedral compostelá os [[mosteiro]]s [[idade media|medievais]] da [[Ribeira Sacra]] onde se poden atopar numerosos mosteiros románicos entre as provincias de [[provincia de Lugo|Lugo]] e [[provincia de Ourense|Ourense]]<ref>http://www.arrakis.es/~garma/romanico.html 5º parágrafo</ref>.
Liña 12:
Presenta semellanza co [[Románico asturiano]], co que comparte unha primeira fase na que foi determinante a tradición do Prerrománico local, denominado xenericamente arte asturiana (independentemente da súa situación nunha ou outra comunidade autónoma actual).
 
Nesa primeira fase, en torno ao [[século XI]], mantense a planimetría prerrománica, introducíndose elementos identificables como románicos na [[escultura]] e decoración arquitectónica. Simultaneamente, introdúcese o [[Arquitectura románica en Italia|Románico lombardo]] ou primeiro Románico, identificábel en exemplos illados, coma [[San Martiño de Mondoñedo, Foz|San Martiño de Mondoñedo]] ou [[San Xoán de Vilanova]].
 
A fase central do '''Románico en Galicia''' recibiu a denominación de '''Románico compostelán''' dada a indiscutíbel centralidade cultural do programa artístico en torno á [[Catedral de Santiago de Compostela]]. Numerosas construcións rurais, menos ambiciosas ([[Aguasantas, Cotobade|Aguasantas]], [[A Mezquita, A Merca|A Mesquita]]) reproducen ou imitan elementos coma o falso [[triforio]] (resultante nun dobre piso ou tribuna que non leva chan, a diferenza do modelo imitado).
Liña 42:
Na provincia de Lugo, destacan como centros da arquitectura románica a [[Mariña Luguesa]], e os arredores da capital provincial, ademais da beira luguesa da [[Ribeira Sacra]]. Sendo estas dúas últimas as que presentan máis monumentos románicos.
 
Dentro da Mariña Luguesa, destacan como exemplos arquitectónicos románicos a [[Basílica de San Martiño de Mondoñedo|Basílica de San Martiño]] no concello de [[Foz]] e a de [[Igrexa de Santa María do Campo de Viveiro|Santa María do Campo]] en [[Viveiro]]. As dúas igrexas son representantes de diferentes períodos románicos. A primeira, de orixe prerrománica é orixinaria do [[século VI]], mais foi reedificada entre os séculos [[século X|X]] e o [[século XII|XII]], sendo pechadas as súas naves no [[século XIII|XIII]]. Débese salientar que foi a primeira catedral construída no sur de [[Europa]]{{Cómpre referencia}}. As obras principais deberon ter lugar entre o ano [[925]] e o [[944]].
 
A Igrexa de Santa María do Campo de Viveiro, catalogada como monumento nacional, pertence ao románico tardío galego (séculos [[século XII|XII]] e [[século XIII|XIII]]). Como adoita acontecer noutras igrexas románicas, as súas torres, [[barroco|barrocas]], foron engadidas entre os séculos [[século XVIII|XVIII]] e [[século XIX|XIX]]. No [[século XVIII]], foille engadida á dereita da igrexa unha capela adicada á Virxe do Rosario. No seu interior, atópanse varias reliquias de [[Roma]] xunto a unha cruz procesional do [[século XVI]]<ref>http://es.viajes.yahoo.com/p-guia_viaje-1198818-iglesia_de_santa_maria_del_campo_viveiro-i Iglesia de Santa María do Campo - Detalles</ref>.
Liña 48:
[[Ficheiro:Catedral lugo.jpg|300px|miniatura|[[Catedral de Lugo]].]]
 
Na [[Lugo|capital da provincia]] destaca a [[Catedral de Lugo]]. A catedral foi mandada construír no ano [[755]] polo bispo Odoario, mais as deficiencias de construción e os asedios das guerras fixeron que no primeiro terzo do [[século XII]] se achase o edificio nunhas condicións tales que obrigaron ao bispo Pedro III co seu cabido e outras persoas notables da cidade a concertar en [[1129]] co mestre Raimundo a construción dun novo templo conforme ao estilo arquitectónico entón imperante, o románico, sendo rematada no ano [[1273]].
 
Trala súa construción o edificio foi reformado en diversas ocasións. A pesares das reformas, o interior do templo é basicamente dun estilo románico tardío. Pertencen á arquitectura románica os paramentos verticais e a bóveda da nave do cruceiro, ademais da maior parte da naves maior, laterais e [[triforio]], cuxas bóvedas foron restauradas no [[século XVIII]], ademais da porta norte, que se atopa acubillada por un soportal gótico no que se atopa un tímpano. Na catedral están presentes tamén outros estilos como o [[arquitectura gótica|gótico]] (primeiro corpo da torre das campás [[1570]], o [[nártice]] ou pórtico norte 1510-1530, primeiro corpo da capela maior e as capelas do deambulatorio agás a central, así como as capelas de Santo Domingo dos Reis [[1370]] e San Froilán [[1480]]), o [[barroco]] (sancristía [[1678]], a sala capitular e os seus arredores [[1683]], o [[claustro]] [[1714]] e a capela central do deambulatorio, chamada dos Ollos Grandes [[1726]]) e o [[Renacemento|renacentista]] (segundo corpo da capela maior, a actual capela de San Foilán e a fachada, obra da segunda metade do século [[XVIII]]).
Liña 55:
[[Ficheiro:S. Xoán de Portomarín.JPG|miniatura|[[Igrexa de San Nicolao de Portomarín]].]]
 
Grazas ao paso do camiño de Santiago polo parte meridional da provincia, pódense atopar numerosas mostras románicas froito da influencia do estilo nos templos da área.
 
Unha localidade que destaca polas súas igrexas románicas é [[Sarria]], concello onde se atopan as igrexas de [[Igrexa de Santa Marina de Sarria|Santa Marina]] e [[Igrexa de Barbadelo|Barbadelo]]. A Igrexa de Santa María destaca polo senlleiro tímpano da súa portada na que se amosa a Cristo coroado en posición de bendicir, rodeado de dúas árbores de seis follas rematados por cruces gregas<ref>http://www.arteguias.com/romanico_lugo.htm, Sarria, 2º parágrafo</ref>. A de Barbadelo, monumento nacional, destaca pola súa torre e planta, datadas do [[século XII]].
 
No sur da provincia, destacan tamén a [[Igrexa de Vilar de Donas]] na parroquia de [[Vilar de Donas, Palas de Rei|Vilar de Donas]], no concello de [[Palas de Rei]], polo que transita o [[Camiño de Santiago|Camiño Francés a Santiago]]. A igrexa, orixinalmente monástica, foi declarada Monumento Histórico Artístico no ano [[1931]].<ref>Decreto de 3 de xuño de 1931. Gaceta de Madrid, do 4.</ref>.
 
A fundación do [[mosteiro]] atribúese a tradición a unhas donas (representadas nas [[arte gótica|pinturas góticas]] da capela maior), co que se explicaría o topónimo. En realidade, o seu fundador foi [[Arias Pérez de Monterroso]], a mediados do [[século XII]]. A porta da igrexa do Mosteiro de Vilar de Donas é das máis fermosas do románico lugués<ref>http://www.arteguias.com/romanico_lugo.htm, Iglesia del Monasterio de Vilar de Donas, 4º parágrafo</ref>. A [[igrexa de San Nicolao de Portomarín]] no concello do mesmo nome, foi erixida entre os séculos [[século XII|XII]] e [[século XIII|XIII]].
 
A Igrexa de Portomarín constitúe un dos edificios románicos máis destacados de toda [[Galicia]], debido á altura dos seus muros e ameas que lle dan a súa característica forma. Así mesmo a Igrexa destaca tamén polos seus dous [[rosetón]]s e as súas tres portadas, decoradas con motivos relixiosos de simboloxía románico pertencentes ao románico tardío. Na actualidade o edificio atópase nunha localización diferente á orixinal, xa que, debido á construción dun encoro, o santuario de Portomarín tivo que ser transportado pedra a pedra xunto á vila de [[Portomarín]].