Abrir o menú principal

Cambios

m
Arranxos varios using AWB
}}
 
No actual territorio de [[Portugal]], ao longo do proceso da [[Reconquista]], houbo dúas [[política|entidades políticas]] coñecidas como '''Condados Portucalenses''' ou '''Condados de Portucale'''.
 
O primeiro condado foi fundado polo nobre [[Galicia|galego]] [[Vimara Pérez]] (ou ''Vímara Peres'', ou ''Guímara Peres''), conde da [[A Coruña|Coruña]], despois da toma (ou repoboación) de ''Portucale'' ([[Porto, Portugal|Porto]]), en [[868]]. Ocupaba un territorio aproximado ao do actual [[Entre-Douro-e-Minho]]. O condado foi gobernado por varios descendentes de Vimara, até que foi incorporado plenamente ao [[Reino de Galicia]] en [[1071]], cando o rei [[García de Galicia|García]] tivo que sufocar a rebelión do seu titular, o conde [[Nuno Mendes]], que sería derrotado na [[batalla de Pedroso]], pasando o título a mans reais. Porén, durante toda a súa existencia, aínda que gozando de ampla autonomía, o condado constituíu sempre unha dependencia dos Reinos de [[Reino de Asturias|Asturias]], [[reino de León|León]] e [[reino de Galicia|Galicia]])
 
O segundo foi instituído contra [[1095]] como [[feudo]] que o [[rei]] [[Afonso VI de León e Castela]] concedeu a [[Henrique de Borgoña]], un nobre [[Borgoña|borgoñón]] que viñera a auxilialo na reconquista de terras aos mouros, e que casara coa filla do rei, a [[Infante de España|infanta]] [[Tareixa de León]]. Este último condado era moito maior en extensión que o primeiro, xa que abarcaba tamén os territorios do antigo [[condado de Coimbra]], suprimido en [[1091]], e partes de [[Trás-os-Montes]] e aínda do sur da actual [[Galicia]] (mormente da diocese de [[Tui]]).
 
Cómpre sinalar que ''Condado'' é un termo xenérico para designar o territorio portucalense, xa que os seus gobernantes eran denominados indistintamente ''Comite'' ([[condado|conde]]), ''Dux'' ([[duque]]) ou ''Princeps'' ([[príncipe]]).
 
=== Portucale ===
Aínda que a existecia da entidade de poboación na foz do [[río Douro|Douro]] durante o [[Imperio romano|período romano]] estea confirmada, non ocorre o mesmo coa súa localización exacta.
 
O ''[[Parochiale suevorum]]'' de [[San Martiño de Dumio]], estudado polo [[cóengo]] [[Pierre David]] despois da súa identificación polo tamén cóengo [[Avelino de Jesus da Costa]], un dos máis importantes especialstas en [[diplomática]] portuguesa,<ref>{{Cita web |autor= |url=http://www.acabra.net/artigo.php?id_artigo=3112 |publicación=Acabra.net |título="FLUC homenageia Avelino de Jesus da Costa", ACABRA.NET - Jornal Universitário de Coimbra '' |acessodata= |língua= |obra= |data= }}</ref> refírese, séculos despois, a un poboado que se designaba como ''Portucale Castrum Antiquum'', na marxe esquerda, e outro, o ''Portucale Castrum Novum'', á dereita.
 
== Condado Portucalense ==
 
 
Non se debe confundir o '''Condado Portucalense''' —concesión dos territorios dos condados de [[Coimbra]] e de Portucale ao conde [[Henrique de Borgoña|Henrique]]— co '''condado de Portucale''', que comezou a existir desde a ''presura'' de [[Vimara Pérez]], prolongado polos seus descendentes até a morte do último conde, na [[batalla de Pedroso]], en [[1071]], conde que tentaba conseguir maior autonomía de [[García de Galicia]], que gobernaba o [[Reino de Galicia|Reino de Galicia e Portugal]] do seu pai, [[Fernando I de León e Castela|Fernando o Magno]].
Porén, a atrofia do condado de Coimbra, creado en [[878]], pero suprimido coa conquista da cidade por [[Almanzor]] ao final do [[século X]], permitiu a supremacía norteña, que nin mesmo a reconstitución dunha autoridade equivalente á do conde —en beneficio de [[Sisnando Davides]], en [[1064]], e prolongada até a súa morte, en [[1092]]— puido impedir.
 
Entre tanto, a ambición de [[Afonso VI de León e Castela]] reconstituíu novamente a unidade dos Estados paternos e, cando García morreu, despois de estar preso no [[castelo de Luna]], en plena montaña leonesa da [[Babia]], o [[21 de marzo]] de [[1090]], os territorios que posuíra pasaron ás mans de [[Raimundo de Borgoña]], casado coa infanta [[Urraca de León e Castela]].
 
Nesta altura, o empuxe das expedicións [[almorábides]] recomendaba a distribución dos poderes militares, para reforzar mellor o territorio: un mando na zona central, a cargo do propio rei Afonso VI; outro, non oficial, exercido por [[El Cid]] en [[Valencia]], e o terceiro en occidente, entregado a Raimundo. Pero este último non conseguíu defender eficazmente a liña do [[río Texo|Texo]] —tendo xa perdido [[Lisboa]], que fora cedida aos [[Reino de León|leoneses]] polo rei da [[taifa]] de [[Badaxoz]], xuntamente con [[Santarém, Portugal|Santarém]], que estaba tamén a piques a caer nas mans dos almorábides— e esta sería unha das razóns que atribúen algúns historiadores modernos da decisión tomada por Afonso VI <ref>Moito se ten especulado a cerca das razóns que levaron a Afonso VI a incluír a Henrique de Borgoña nos seus plans: quizais por ser sobriño da falecida raíña Constanza de Borgoña (e máis poderoso, por tanto, que Raimundo de Borgoña, por pertencer á liñaxe dos duques e non dos condes de Borgoña); ademais, era tamén sobriño-neto de Santo Hugo de Cluny, o que introduce a hipótese de facer de Henrique un caudillo militar para favorecer os intereses da Orde de Cluny no territorio.</ref> de reforzar aínda máis a defensa militar occidental, dividindo en dúas a zona atribuída inicialmente a [[Raimundo de Borgoña|Raimundo]], e entregando a máis exposta a [[Henrique de Borgoña]].
Co fin de aumentar a poboación e revalorizar o seu territorio, Henrique deu [[foro]] e fundou vilas en varias terras, entre elas [[Guimarães]], á cal fixo vila de [[burguesía|burgueses]], atraendo alí, con diversas regalías, moitos [[francos]], seus compatriotas.
 
En Guimarães fixou Henrique a súa residencia, en [[palacio|pazos]] propios, dentro do castelo que alí fora edificado no século anterior.
 
Falecido Henrique ([[1112]]) a súa viúva [[Tareixa de León|Tareixa]] pasa a gobernar o condado durante a minoridade do seu fillo [[Afonso I de Portugal|Afonso Henriques]].
381.287

edicións