Arroaz pinto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 37:
 
== Taxonomía ==
A especie ''Lagenorhynchus acutus'' foi descrita por [[John Edward Gray|Gray]] en [[1828]], na súa obra ''Original figures and short systematic descriptions of new and unfigured animals. Spicilegia Zoologica Part 1'', na que lle adxudicou o nome de ''Delphinus (Grampus) acutus''.<ref name=W> [http://www.marinespecies.org/aphia.php?p=taxdetails&id=137100 ''Lagenorhynchus acutus'' (Gray, 1828)] no [[WoRMS]].</ref>
 
O nome específico, ''acutus'', vén do [[latín]] e refírese á forma da súa [[aleta|aleta dorsal]].
 
=== Sinonimia ===
Liña 58:
== Descrición ==
[[Ficheiro:Atlantic white-sided dolphin swimming.jpg|miniatura|250px|Golfiño pinto nadando preto da costa de [[Cape Ann]], [[Massachusetts]].]]
Este golfiño é notabelmente máis longo do que outros [[delfínidos|golfiños oceánicos]]. Ao naceren os golfiños pintos miden un metro de lonxitude, e alcanzan aproximadamente 2,80 m en estado adulto os machos e 2,50 m as femias. O peso total varía entre os 200 e os 230 &nbsp;kg para un exemplar totalmente desenvolvido.
 
A característica distintiva do ''Lagenorhynchus acutus'' é a súa mancha (''parche'', que din os cetólogos) branca o de cor amarela pálida a cada lado do tronco, baixo a [[aleta|aleta dorsal]]. As variacións de cor do animal son únicas, dentro da gama de mesturas de branco, gris e azul comúns a outros [[cetáceo]]s peláxicos. O resto do corpo presenta unha coloración ben definida, coa garganta, barbela e ventre de cor branca, o dorso e as aletas de cor de gris escura a negra, coa excepción do ''parche''. Tamén hai un borroso ''parche'' branco debaixo da aleta dorsal, sobre unha banda gris clara que corre desde o fociño, baixo os ollos, e que baixa até o nacemento da [[aleta|aleta caudal]].
Liña 66:
Das análises de contido estomacal dedúcese que se alimentan principalmente de [[peixes]] como [[arenque]]s, [[sardiña]]s e [[xarda]]s, e tamén de [[lura]]s.
=== Conduta ===
O golfiño pinto é alegre e acróbata, e moi sociábel, xa que interactúa cos barcos, aínda que non tanto como outras especies da familia.
 
Os grupos varían segundo a rexión, con agrupacións que promedian 60 exemplares cerca das costas da [[Terra Nova|illa da Terra Nova]], e máis pequenos ao leste de [[Islandia]].
Liña 88:
Pero aínda teñen lugar nunha área máis reducida, ao redor das [[illas Feroe]], onde se cazan uns 1.000 exemplares cada ano. A especie ten unha carne moi apreciada para o consumo.
 
Non se sabe o efecto a longo prazo desta política sobre o océano circundante, e que podería supoñer un perigo sobre o que chamaron a atención os conservacionistas, aínda que en gran escala a supervivencia da especie non se encontra ameazada.<ref name=H/>
 
== Notas ==