Miguel Pselo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+img
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[File:Psellus - Compendium mathematicum, 1647 - 185241.jpg|thumb|''Compendium mathematicum'', 1647]]
'''Miguel Pselo''' ou '''Miguel Psellos''', en [[lingua grega|grego]] '''Μιχαήλ Ψελλός''' ou ''Mikhaēl Psellos'', chamado '''o Mozo''' para o distinguir do [[Miguel Pselo o Vello|filósofo homónimo]], nado en [[Nicomedia]] contra o ano [[1018]] e finado contra [[1078]], foi un [[humanismo|humanista]], [[político]], [[filósofo]] [[Neoplatonismo|neoplatónico]], [[poeta]], [[orador]] e [[historiador]] [[Imperio bizantino|bizantino]] do [[século XI]].
 
Pselo foi un cortesán intrigante e un dos políticos máis influentes do seu tempo. Ocupou os máis altos cargos do goberno imperial durante trinta e seis anos, baixo sete emperadores de tres dinastías distintas. Auténtico [[polígrafo (autor)|polígrafo]], escribiu sobre [[teoloxía]], [[dereito]], [[filoloxía]], [[arqueoloxía]], [[historia]], [[alquimia]], [[matemáticas]], [[medicina]] etc. Foi non soamente o espírito máis cultivado e a mente máis lúcida da súa época, senón tamén un auténtico artista. O seu ''Chronografía'' é o máis importante [[Memorias|libro de memorias]] de toda a [[Idade Media]], sen que ningún outro poida comparárselle pola súa frescura, a vivacidade da súa expresión, a finura da súa intuición psicolóxica e os seus dotes para os [[retrato]]s. <ref>Ostrogorsky 1983: 313</ref>.
 
== Traxectoria ==
Liña 17:
En [[1041]] entrou na corte como secretario imperial (''hypogrammateús'') de Miguel V, e en torno a [[1042]], contraeu matrimonio cunha muller de boa familia, descendente dun valido do emperador [[León VI o Sabio|León VI]] ([[886]]-[[912]]). Do matrimonio naceu unha soa filla, Estiliana, á que Pselo colmou de atencións, e que morreu á temperá idade de nove anos, o que motivou o ingreso da súa muller nun mosteiro. Pselo quedouse unicamente cunha filla adoptiva, Eufemia, pero o compromiso da moza cun mozo de boa familia debeu romperse, o que provocou mesmo un proceso legal contra o historiador.
 
Ao ascender ao trono imperial [[Constantino IX|Constantino IX Monómaco]] ([[1042]]-[[1055]]), Pselo converteuse en secretario de estado e gran chanceler. Tiña nese momento uns vinte e cinco anos, e ao mesmo tempo ensinaba [[retórica]] e [[filosofía]] na [[Academia de Constantinopla]], onde tivo entre outros discípulos a [[Xoán Ítalo]] e a [[Teofilacto Simocatta|Teofilacto]]; estaba considerado un grande helenista, constituíndose na columna vertebral do que na época dos [[Comneno]]s se denominou "Renacemento helénico".
 
Monómaco foi retirando aos poucos o seu favor aos eruditos do contorno de Pselo, que tiveron que tomar finalmente o hábito monástico para evitar seren perseguidos. O propio Pselo tonsurouse como monxe repentinamente a finais do ano 1054, adoptando o nome monástico de ''Miguel''. Isto é estraño, xa que o costume bizantino era escoller un nome que comezase coa mesma letra do nome bautismal. Na súa ''Cronografía'' sinala, sorprendentemente, que o fixo malia as protestas do propio Emperador, que non quería verse privado da súa compañía. Pselo é de feito deliberadamente ambiguo ao falar sobre os motivos que o impulsaron a este retiro, e que posibelmente non tivesen que ver co Emperador senón co seu contorno cortesán, algo que explicaría que xustamente á morte de Monómaco, en xaneiro de [[1055]], Pselo abandonase axiña Constantinopla e se refuxiase no mosteiro da Fermosa Fonte, no [[Uludağ|Olimpo bitinio]]. Por entón morreu a súa nai, co que Pselo quedou privado de familia.
Liña 39:
 
=== O ascenso dos Ducas ===
En calquera caso é evidente que a Pselo lle conviña o ascenso ao poder de [[Constantino X Ducas|Constantino X]], da familia dos Ducas ([[1059]]-[[1067]]), coa que mantiña excelentes relacións desde a época de Monómaco. O novo Emperador, que inventou o novo título de ''hypertîmos'' para Pselo, tivo ao mesmo como principal conselleiro e encargoulle mesmo a educación do seu fillo e sucesor, o futuro [[Miguel VII Ducas]].
 
A hostilidade da vila cara a el como responsábel da condena ao patriarca Cerulario, a dos abundantes exiliados de Isaac Comneno que regresaron co novo monarca e as presións dos relixiosos, para quen Pselo era un «apóstata», fixeron que o patriarca Constantino Licudes lle aplicase os canons dos monxes [[xiróvago]]s e Pselo viuse forzado a ingresar no mosteiro de Ta Narsu, en Constantinopla, do que non sairía ata que en setembro de [[1063]] un terremoto destruíu os seus muros.
Liña 64:
O único retrato que conservamos do noso autor é desta época, en que se describe a si mesmo como de grande estatura, pel escura e cabelos louros, cellas rectas, ollos brillantes e un nariz aquilino do que sempre se mostrou orgulloso, ataviado co negro hábito de monxe.
 
O seu carácter era extremadamente veleidoso. Na súa epístola a [[Miguel Cerulario]] recoñecía: {{cita|''ser un home, animal cambiante e inestábel, alma racional que se serve dun corpo, singular mestura de tendencias discordantes.''}}
 
Era no trato vaidoso, fachendoso e afagador, burlón, pero tamén magnánimo e místico. Como cortesán era un político maquiavélico e sen escrúpulo ningún, un especialista na arte da inxuria cuxos desaires eran temidos, a súa mordacidade e o seu afán de polémica implacábeis. Na vida privada, en cambio, era tenro e sensíbel, ''«feminino»'', nas súas propias palabras.
 
== Obra ==
Non existe ningunha lista fidedigna da obras de Pselo. Moitas permanecen aínda inéditas e outras fóronlle falsamente atribuídas.
 
Escribiu unha ''Cronografía'' chea de fortes críticas e que por iso foi censurada coidadosamente polo poder, malia o cal non foron cortadas as súas digresións contra monxes "folgazáns e inimigos da humanidade" ou onde lembraba que o diñeiro dos impostos non estaba destinado a manter conventos nin concubinarias do soberano, ou onde afirmaba a superioridade da república ateniense sobre o estado romano "institución de escravos e non de homes libres" e no que, por último, dicía textualmente "non estamos gobernados por [[Pericles]] nin por [[Temístocles]], senón polos máis viles adeptos de [[Espartaco]] que compramos a prezo de ouro aos bárbaros <ref>"''Cronografía'', VI, 134</ref>.
 
Pselo, na súa condición de home de Estado apoleirado aos máis altos cargos, ao mesmo tempo que observou da historia da súa época, participou moi sobranceiramente nela. Iso explica, por outra banda, a parcialidade das súas opinións nesta obra, que unhas veces disimulan a verdade e outras a deforman. A obra divídese en dúas partes. A primeira foi escrita a pedimento dun amigo, probabelmente Constantino Licudes, entre 1059 e 1063, e ocúpase do período comprendido entre Basilio II e a abdicación de Isaac Comneno. A narración enriquécese a medida que van transcorrendo os reinados, en especial a partir do de Miguel V (1041-1042), no que Pselo se incorporou á corte en calidade de secretario do Emperador. A segunda parte abarca o período do goberno dos Ducas (1059-1078) e foi escrita por pedimento expreso e en vida de Miguel VII, o cal se manifesta no carácter claramente tendencioso da narración.
 
Interesouse ademais polo [[ocultismo]] e a [[maxia]], a [[astroloxía]] e a [[adiviñación]], reunindo todas estas supersticións, que seguían vivas ao empezar o segundo milenio, so o termo de [[caldeísmo]] e refutándoas en numerosas obras como contrarias á razón e ao cristianismo. Así, esforzouse en atopar explicacións racionais e científicas a fenómenos pretendidamente máxicos ou misteriosos, e aínda que non negou a existencia dos demos nin a súa capacidade para xeraren males, sostivo que o cristián debe empregar só a fe en Deus para se defender deles. E seguindo a [[Oríxenes]], a [[Basilio]], e a San [[Xoán Damasceno]], afirmou que os demos teñen un corpo que utilizan unicamente para actuaren neste mundo. Tampouco rexeitou, malia o seu racionalismo filohelénico, a teoloxía mística, aínda que si a rexeitou tal e como se practicaba, entre outros lugares, no convento do monte Olimpo (Betinia), onde os monxes se persignaban con só escoitaren o nome de Platón, e tivo que defenderse da acusación de helenismo polo seu continuo uso, lectura e defensa das ideas gregas. [[Xifilino]], reitor da Escola de Dereito de Constantinopla e amigo persoal de Pselo, acusouno mediante un escrito de querer perturbar á Igrexa mediante o seu platonismo e contaxiala coas aberracións pagás. Pselo repuxo algo hipocritamente que estudou os sistemas filosóficos pero sempre referíndoos ás Escrituras.