Alexandre I de Rusia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 26:
}}
{{Contén texto cirílico}}
'''Alexandre I de Rusia''' (en [[Lingua rusa|ruso]], Александр I Павлович, Aleksandr I Pavlovich), nado en [[San Petersburgo]] o [[23 de decembro]] de [[1777]] e finado na mesma cidade finado o [[1 de decembro]] de [[1825]], foi [[tsar]] de Rusia do [[23 de marzo]] de [[1801]] ata o [[1 de decembro]] de [[1825]], e [[Reino do Congreso|rei de Polonia]] de [[1815]] ata [[1825]], tamén foi o primeiro [[Gran Duque de Finlandia]] ruso así como [[Gran Duque de Lituania]].
 
== Traxectoria ==
Foi fillo do Gran Duque Paulo Petrovich, máis tarde emperador Paulo I de Rusia, e de [[Sofía Dorotea de Württemberg|María Feodorovna]], filla de Federico II Eugen, duque de Württemberg. Alexandre foi o maior de catro irmáns. Sucedeu o seu pai no trono logo de que este fose asasinado, e dirixiu a Rusia durante o caótico período das [[Guerras Napoleónicas]]. Na primeira metade do seu reinado, Alexandre tentou introducir reformas liberais, mentres que na segunda metade inclinouse cara a unha conduta máis absolutista, o que fixo revocar moitas das reformas. En canto a política exterior, Alexandre tivo certo éxito, gañando varias campañas militares. Baixo o seu reinado [[Rusia]] anexionou [[Finlandia]] e parte de [[Polonia]]. A súa morte está rodeada de misterio e nunca se atoparon os seus restos, de feito existe unha lenda afirma que non morreu en [[1825]] senón que asumiu a identidade do ermitán Feodor Kuzmich<ref>Richard Holmes ''Napoleón:Batallas y Campañas''. Lu Ilustrado, 2007 </ref>.
 
== Matrimonio ==