Reino de Gran Bretaña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Liña 20:
|imaxe_mapa = Kingdom of Great Britain.png
|capital = Londres
|idioma_oficial = [[lingua inglesa|Inglés]] (oficial [[de facto]]), [[lingua escocesa|escocés]], [[lingua gaélica escocesa|gaélico escocés]], [[lingua galesa|galés]], [[norn]], [[Lingua córnica|córnico]].
|goberno = [[Monarquía]] [[parlamentarismo|parlamentar]]
|lexislatura = [[Parlamento do Reino Unido|Parlamento de Gran Bretaña]]
Liña 46:
O '''Reino de Gran Bretaña''' foi un reino da [[Europa Occidental]], entre [[1707]] e [[1800]]. Foi creado a partir da unión das coroas de [[Escocia]] e [[Inglaterra]], baixo a [[Acta de Unión de 1707]] (''Union Act'', 1707), que fora establecido para formar un único país na [[illa de Gran Bretaña]]. Un novo parlamento e goberno foi creado en [[Palacio de Westminster|Westminster]], [[Londres]]. Os dous antigos reinos compartían as súas monarquías e Xacobe VI de Escocia, pasando a ser [[Xacobe VI de Escocia e I de Inglaterra|Xacobe I de Inglaterra]] en [[1603]].
 
En [[1707]] deixaron de existir ambas as monarquías, pasando a haber só unha, a Coroa de Gran Bretaña e tamén que deixou de existir o [[Parlamento de Escocia]] e o [[Parlamento do Reino Unido|Parlamento de Inglaterra]], substituídos polo Parlamento de Gran Bretaña: parlamentarios de ambas as nacións tiñan asento en Londres, na [[Cámara dos Comúns]] e na [[Cámara dos Lores]]. A representación escocesa era menor porque a súa poboación era menor. Baixo os termos do "Union Act" Escocia elixía 45 parlamentarios para a Cámara dos Comúns e enviaba 16 á Cámara dos Lores. A [[Lei de Unión (1800)|Acta de Unión]] de [[1800]] uniu o reino de Gran Bretaña co [[reino de Irlanda]], que fora tomado gradualmente polo control británico entre [[1169]] e [[1691]], para formar o [[Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda]]. Esta tamén foi unha decisión impopular, levándose a cabo xusto despois da infrutuosa [[Rebelión dos Irlandeses Unidos]] de [[1798]]. A ocasión elixida para esta unión, cando se temeu unha intervención ou invasión [[Napoleón|napoleónicanapoleón]]ica, foi debida principalmente a problemas de seguridade.
 
== Orixe do nome ==
Liña 54:
 
== Estrutura política ==
O Reino da Gran Bretaña foi gobernado por un único [[rei|monarca]],<ref name="Acta"/> igual que a [[illa de Gran Bretaña]] desde [[1603]] despois da Unión das Coroas, coa excepción do interregno inglés e durante o goberno conxunto de [[Guillerme III de Inglaterra|Guillerme III]] e [[María II de Inglaterra|María II]]. A partir de [[1707]], mediante a sinatura da [[Lei de Unión (1707)|Lei de Unión]], o monarca do Reino da Gran Bretaña tiña por poder dunha soa coroa unificada, que até o momento a pesar de compartir o mesmo rei mantíñanse como dúas entidades completamente separadas e coa súa propio [[parlamento]]. A sucesión ao trono foi determinada polo [[Acta de Establecemento]] inglesa de [[1701]], en substitución da Acta de Seguridade escocesa de [[1704]]. A adopción da Acta de Establecemento significou que o herdeiro ao trono británico tiña que ser un [[Protestantismo|protestante]] descendente de [[Sofía do Palatinado]], iniciadora da futura Casa de Hannóver reinante no trono inglés.
 
O poder lexislativo estivo en mans do Parlamento da Gran Bretaña,<ref>Acta da Unión 1707, artigo 3</ref> que substituíu ao Parlamento de Inglaterra e o [[Parlamento de Escocia]]. Do mesmo xeito que no moderno [[Parlamento do Reino Unido]], o Parlamento da Gran Bretaña incluía tres elementos: a [[Cámara dos Comúns]], a [[Cámara dos Lores]] e a [[Monarquía británica|Coroa no Parlamento]] (a presenza do monarca no Parlamento). Os territorios de [[Inglaterra]] e [[Escocia]] tiveron representantes en ambas as cámaras do novo parlamento. Aínda que a representación de Escocia en ambas as cámaras foi máis pequena que a súa poboación real, a representación no parlamento foi naqueles momentos baseada na fiscalidade e non na poboación, un feito que provocou que Escocia tivese uns maior números de escanos dos que realmente lle tocarían. En virtude dos termos da unión política Escocia tiña 16 escanos á Cámara dos Lords e 45 membros á dos Comúns, sendo o resto polos representantes de Inglaterra e [[Gales]].