Nomenclatura binominal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
En [[bioloxía]], a '''nomenclatura binominal''' (tamén chamada ''nomenclatura binaria'') é un convenio estándar empregado para denominar as diferentes [[Especie|especies de organismos]] (vivos ou xa extintos). Ás veces faise referencia á nomenclatura binominal como ''Sistema de Clasificación binominal''.
 
Como suxire a palabra «binominal», o [[nome científico]] asignado a unha especie está formado pola combinación de dúas palabras (nomes en [[latín]] ou de raíz grecolatina): o [[xénero (bioloxía)|nome do xénero]] e o [[especie|epíteto ou nome específico]]. O conxunto de ambos os dous é o nome científico que permite identificar a cada [[especie]] coma se tivese "nome e apelido".
 
A nomenclatura binominal é a norma puntual que se aplica á denominación dos [[taxón|taxóns específicos]], mais representa só un dos estándares da [[nomenclatura biolóxica]], que se ocupa tamén da denominación formal (científica) de [[taxón]]s doutras [[categoría taxonómica|categorías]].
 
== Concepto ==
O nome de xénero (sempre que non se refira a un [[taxón]] monoespecífico) é compartido con outras especies próximas, como exemplo: ''Homo sapiens'' e ''Homo neanderthalensis'' son especies do mesmo xénero.
 
O descriptor específico (''epíteto específico'' para a [[botánica]], e ''nome específico'' para a [[zooloxía]]), que funciona como un "adxectivo cualificativo", pode ser un termo común para especies de diferentes xéneros, Por exemplo: ''Verbena officinalis'' e ''Lavandula officinalis'' son os nomes científicos para dúas plantas diferentes, a [[Verxebán|verbena]] e a [[lavanda]] respectivamente; aquí, ''officinalis'' é un cualificativo que significa "da farmacia ou botica", "de uso medicinal".
 
Así, o que designa inequívocamente á especie é a combinación das dúas palabras; deste xeito, o nome da especie humana é ''Homo sapiens'' e non soamente ''sapiens''. Isto é porque o descriptor específico perde o seu significado nominal inequívoco se se escribe só.
 
Ás veces, a nomenclatura binaria pode xerar nomes con certo carácter descritivo. Como exemplo: ''[[Staphylococcus aureus]]'', tería o significado de "grans en racimos" (''Staphylococcus'') e "dourado" (''aureus'') facendo referencia a que é unha [[bacteria]] en cuxos cultiivos se ve microscopicamente a distribución dos [[coco (bacteria)|cocos]] en grupos de racimos e que macroscopicamente forma colonias amarelentas. Outras veces, o nome científico ten unha correspondencia case idéntica ao [[nome vulgar]], por exemplo: ''Rosa canina'' para a rosa canina.
 
== Valor e uso da nomenclatura ==
No contexto científico, a utilidade da fórmula binaria consiste non só en salvar a ambigüidade que se pode presentar ante os diferentes nomes vulgares para un organismo, senón tamén para dar nome a aqueles espécimes que nin sequera teñen un nome común. Tamén permite superar as dificultades comunicacionais en diferentes linguas a partir do recoñecemento universal e dun sistema de nomenclatura estándar.
 
O valor do sistema de nomenclatura binominal deriva primariamente:
 
# da súa economía, pois bastan só dúas palabras para identificar inequívocamente a unha especie;
# o seu uso difundido e xeneralizado, fomentado e regulado pola comunidade científica para uso universal.
# e a estabilidade relativa dos nomes usados, pois se intentan conservar malia modificacións taxonómicas e sistemáticas.
 
Con todo, malia as regras que ditan o carácter único do nome binario para unha especie, na práctica, é común que existan "sinónimos" e que haxa varios nomes científicos en circulación para unha mesma especie (en xeral dependentes do punto de vista do sistema taxonómico particular en uso, e en derradeira instancia, do autor).
 
A estabilidade dos nomes periga no intre da resurrección daqueles nomes esquecidos no tempo, os cales poderían reclamar a súa prioridade por ser os primeiros publicados. Nestes casos, con todo, é posible conservar estes nomes (''nomina conservanda'' ou ''nom.cons.'') de acordo aos códigos de nomenclatura en uso. Para a nomenclatura botánica, acéptanse como válidos só aqueles nomes que a partir de [[1753]] aparezan nunha publicación oficial; tomándose 1753 como data de partida pola primeira publicación linneana (''Species Plantarum''). Para a zooloxía, a data de partida é [[1758]].
 
== Historia ==
Liña 31:
 
== Códigos de Nomenclatura ==
Desde mediados do s. [[XIX]], fíxose cada vez máis notoria a necesidade dun corpo de normas que reglaran a conformación dos nomes científicos. Co correr do tempo, estes cánones coñecidos como ''Códigos de Nomenclatura'', ditaron a denominación de:
 
* animais ([[Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica]]),
* plantas ([[Código Internacional de Nomenclatura Botánica]]), incluíndo a fungos e cianobacterias,
* bacterias ([[Código Internacional de Nomenclatura de Bacterias]]), e
* virus.
 
A composición dos Códigos de Nomenclatura varía dun a outro.
 
== Convenciones sobre a nomenclatura ==
Existen algúns aspectos universalmente adoptados para a formulación da nomenclatura binaria.
 
A persoa que describe por primeira vez unha especie (o seu "autor") é a que ten o privilexio de darlle nome. Cando o autor elixe asignar un nome ou epíteto específico derivado dun nome propio, é a título de homenaxe ou recoñecemento, dedicándolla a un colega, amigo ou familiar, en forma latinizada (como por exemplo a [[Lebre de piornal]], chamada ''Lepus castroviejoi'' en honor do escritor [[Xosé María Castroviejo]]); considérase de mal gusto e signo de egocentrismo que o autor se dedique a especie a si mesmo (por exemplo, ''Escherichia coli'' é por [[Theodor Escherich]], e ''coli'' significa "intestinal", "do colon"; tamén ''Rhea darwinii'' por [[Charles Darwin]]). Noutros casos, os nomes elíxense en referencia a caracteres ou propiedades do ser vivo que se nomea, p. ex. en ''[[Cistus albidus]]'', o término ''albidus'' (en latín, branco), fai referencia á cor esbrancuxada das follas desa planta; en ''[[Lavandula officinalis]]'', o termo ''officinalis'' (en latín, usado na ''officina'' ou botica) lembra que a planta ten propiedades medicinais.
 
Xeralmente, á beira do nome binominal consta o apelido do autor (abreviado en botánica) que primeiro publicou oficialmente ese nome. Se a especie en cuestión actualmente pertence a un xénero diferente do orixinal descripto, faise constar o nome do autor orixinal entre paréntese anexado ao nome actual da especie. Ás veces tamén se xunta a data na que se realizou a descrición da especie. Por exemplo o pardal, ''[[Passer domesticus]]'' ([[Carolus Linnaeus|Linnaeus]], 1758) orixinalmente descrito como membro do xénero ''Fringilla''.
 
O nome do xénero (nome xenérico) sempre debe ter a inicial maiúscula, mentres que o epíteto específico non a leva nunca.<ref name="maiuscula">No pasado e ata comezos do s. XX, considerouse axeitado que o epíteto comezase con maiúscula cando derivase dun nome propio (p. ex. ''Rana Perezii''), e así pode atoparse en textos antigos, como nos textos de Linneo. Ás veces, en literatura non científica baseada en fontes antigas pode atoparse este recurso, con todo non é o correcto en correspondencia coa convención moderna.</ref> A norma inclúe a obriga de resaltar o nome, o que en manuscritos e textos mecanografados faise subliñándoo (<u>Homo sapiens</u>), e en textos de imprenta ou de ordenador faise por medio da cursiva (''Homo sapiens''), aínda que, con menos frecuencia, tamén podería resaltarse en negra ('''Homo sapiens''').
 
O nome científico dunha especie xeralmente debe escribirse completo cando se emprega por primeira vez nun texto. Pero nas referencias posteriores a especies do mesmo xénero, o nome do xénero pode abreviarse utilizando a inicial en maiúscula seguida dun punto<ref name= abreviatura> Isto é posible se coincide co derradeiro xénero citado explícitamente (coa mesma inicial e dentro da mesma páxina).</ref> Por exemplo, para citar ao [[morcego pequeno de ferradura]] no comezo dun texto, escríbase "''Rhinolophus hipposideros''"; logo a escritura "''R. hipposideros''" sobrenténdese que é a mesma especie, mais se logo se escribe "''R. euryale''" debe entenderse que se trata de "''[[Rhinolophus euryale]]''", outra especie. Debe evitarse a abreviatura se pode inducir a engano entre nomes.
 
Nuns poucos casos a abreviatura dun nome específico é de uso común, como no caso da [[bacteria]] ''Escherichia coli'', que adoita abreviarse como ''[[E. coli]]'' (e ata só ''coli'' na literatura médica e doutros grupos profesionais alleos á bioloxía).
 
Cando se empregan nomes vulgares e científicos, xeralmente estes últimos acompañan aos vulgares entre paréntese. Por exemplo, "A chicoria (''Cichorium intybus'') pertence á familia..."
 
Para facer referencia ás especies pertencentes a un xénero (e ás veces a un taxón xenérico particular), a fórmula binominal cambia a: ''Nome do Xénero'' ''spp.'', por exemplo: ''Pinus spp.'' lese como "as especies do xénero ''Pinus''".
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==