Oso pardo europeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo
m Arranxos varios using AWB
Liña 24:
== Descrición ==
[[Ficheiro:Ours brun parcanimalierpyrenees 3.jpg|O oso pardo ten entre 36 e 38 dentes|miniatura|215px]]
É un habitante característico de bosques maduros de [[Europa]], en hábitats boscosos na zona occidental e na oriental en hábitats de [[tundra]]. A súa lonxevidade vai dos 25 aos 30 anos, chegando até os 47 en catividade. Nos Pireneos constatouse que un oso ao que se lle chamaba ''Papillon'' contaba con 29 anos cando morreu. Aínda que se constatou que algún exemplar alcanzou os 34 anos de idade o normal é que vivan entre 20 e 25 anos.
 
O oso ten unha lonxitude do fociño á base da cola de 1,60 a 2,0 m e unha altura na cruz de 90 a 100  cm. Os machos adultos pesan entre 110 e 270  kg, e as femias poden pesar até 150  kg. A súa cor é moi variable dun individuo a outro. Pode variar entre o marrón moi escuro e o dourado claro, pasando por diversas gamas de grises.
 
As crías adoitan presentar manchas brancas no pescozo e no peito, a modo dun colar esbrancuxado máis ou menos amplo, marca que habitualmente desaparece a partir da primeira muda ao ano de idade, mais pode quedar algún resto nos adultos.
 
A súa pelaxe renóvase unha vez ao ano, na época estival,
 
A [[visión]] non a teñen moi desenvolvida comparada con outros [[Sentido (bioloxía)|sentidos]], aínda que si pode ver en [[cor]] durante a noite. A longa distancia recoñecen formas mais non detalles, e detectan moito mellor animais ou obxectos en movemento que inmóbiles. Nalgunhas situacións desfavorables poden erguerse sobre as súas patas traseiras para aumentar o seu campo de visión. O seu [[oído]] é extremadamente agudo e desenvolvido do mesmo xeito có [[olfacto]] que é excelente, finísimo e, sen dúbida, o seu sentido máis desenvolvido e o que máis lles axuda na súa vida cotiá. Grazas a el poden detectar a longa distancia moitas das súas fontes de [[alimento]] e tamén o estado sexual doutros exemplares durante a época de [[celo]].
 
As súas [[mandíbula]]s teñen entre 36 e 38 [[dente]]s, entre os que destacan 4 caninos puntiagudos e robustos como os doutros [[carnívoros]]. Con todo, a presenza de incisivos aptos para cortar herba e talos, e de molares amplos e aplanados capaces de triturar alimentos de orixe vexetal, fan que a dentadura deste carnívoro estea perfectamente adaptada a un réxime omnívoro.
 
== Xenética ==
No continente europeo existen dúas liñas xenéticas: a oriental e a occidental; esta, á súa vez, está subdividida en dúas subpoboacións xeneticamente diferenciadas por terse refuxiado durante a [[glaciación de Würm]] unha no denominado refuxio ibérico e a outra no refuxio balcánico.
 
Só teñen poboacións viables na área de distribución da súa liña xenética oriental: [[Rusia]], [[Estonia]], [[Letonia]], [[Polonia]], [[Eslovaquia]], [[Romanía]] e [[Ucraína]] (estas catro últimas localizadas nos [[Cárpatos]]) e na [[Península Escandinava]] en [[Suecia]], [[Finlandia]] e Rusia.
 
Das poboacións da liña xenética occidental só a do refuxio balcánico ten viabilidade a longo prazo e localízase na antiga [[Serbia]] e zonas fronteirizas de [[Austria]] e [[Italia]]. En Austria e Italia leváronse a cabo cadanseu proxecto para a reintrodución do oso: [[Reintroducción do oso na Austria central]] e [[Reintroducción do oso no Trentino]] ([[Alpes]] italianos).
 
As poboacións pertencentes a esa mesma liña xenética pero no refuxio ibérico localízanse na [[Cordilleira Cantábrica]], [[Pireneos]] e sur da Península Escandinava e están nun estado de conservación moi precario. Aínda que grazas á [[Fundación Oso Pardo]] a situación do oso pardo cantábrico está mellorando na Cordilleira Cantábrica. O oso pardo pirenaico con todo viuse abocado á extinción das súas particularidades xenéticas pola existencia unicamente de osos autóctonos machos do mesmo xeito cós osos do sur de [[Escandinavia]] que entraron en contacto coa liña xenética oriental. O goberno [[Francia|francés]] levou a cabo dous proxectos de [[Reintroducción do oso nos Pireneos]] coa intención de recuperar a especie mais os seus esforzos non conseguiron de momento acadar unha poboación viable.
 
== Dimorfismo sexual ==
Nesta subespecie hai un claro exemplo de [[dimorfismo sexual]]: en promedio, os machos teñen un peso de 115  kg podendo acadar máis de 250  kg e as femias 85  kg, podendo acadar 150.
 
== Reprodución ==
Os osos acadan a madurez sexual entre os 3 e os 5 anos. Son [[poligamia|polígamos]] e o seu celo ten lugar entre maio e xullo. Nas femias, a cópula provoca a [[ovulación]] -en linguaxe técnica chámase "ovulación inducida"-, o que incrementa as súas posibilidades de quedar preñadas. A implantación é diferida, é dicir, o óvulo fecundado frota libremente no útero e non se implanta ata o outono; só entón comeza a verdadeira [[xestación]], que dura uns dous meses. En plena hibernación, no mes de xaneiro e na seguridade da oseira, a femia pare dunha a tres crías, excepcionalmente catro, que pesan ao nacer uns 350 g, e os oseznos acadan entre 20 e 25  kg ao cumprir o seu primeiro ano de vida. Viven coa nai aproximadamente un ano e medio. O intervalo entre dous partos é de, polo menos, dous anos.
 
== Alimentación ==
Liña 56:
== Costumes ==
[[Ficheiro:Ursus arctos arctos.jpg|Oso pardo europeo durmindo á mañanciña|miniatura]]
Os osos pasan o inverno nas súas [[madrigueira|oseiras]], nas que dormen cun sono entrecurtado, sen variacións na súa temperatura corporal. É tamén neste período cando os osos paren (decembro, xaneiro) e comezan a criar aos seus oseznos.
 
As femias adoitan moverse por áreas dalgunhas decenas de km2 que empregan de forma intensa. Pola contra, os machos teñen grandes áreas de campeo, que abranguen a varias femias. Un macho adulto radiomarcado no actual Parque Rexional de Riaño (León) moveuse durante catro anos por unha extensión de 2.447 km2. A calidade do hábitat ten unha notable influencia sobre a extensión da área de campeo. Os exemplares que viven nos bosques boreais de [[conífera]]s -moito menos produtivos cós bosques caducifolios temperáns- teñen áreas de campeo moito maiores. Por exemplo, os machos estudados en [[Suecia]] e [[Noruega]] móvense por extensións de 5.430 km2 de media, mentres que as femias teñen áreas de campeo medias de 345 km2.
 
No tocante aos [[Hábitat (ecoloxía)|hábitats]] que ocupan, prefiren as [[carballo (árbore)|carballeiras]], [[faia]]is e [[bidueiro|bidueirais]], pero tamén utilizan as formacións arbustivas, as matogueiras e os rochedos.
 
== Como detectar a súa presenza ==
As [[pegada]]s do oso pardo, grandes, anchas, e onde aparecen marcadas con claridade as fortes unllas e os dedos, e a planta de pés e mans, son moi distintivas. Os expertos poden detectar así mesmo a presenza do oso polas marcas de unllas nos troncos das árbores, as pedras viradas, as [[colmea]]s atacadas, ou os pelos perdidos nas codias e aramiadas.
 
== Distribución ==
Liña 75:
 
=== Status poboacional da especie ===
A nivel xeral atópase nunha situación vulnerable con extincións parciais en toda a súa distribución coincidindo coas zonas máis humanizadas e coas subespecies en máis alto risco de extinción.
 
* España
Liña 109:
* Polonia 80
* Bielorrusia 120 - 250
* Ucraína 400 - 900
 
==== Núcleo oriental ====
A poboación oriental abrangue unha superficie de aproximadamente uns 2.480 km2, que se espallan polos montes do nordeste leonés e norte de [[provincia de Palencia|Palencia]] (87%) e as montañas [[Cantabria|cántabras]] próximas (10%), así como por un pequeno sector [[Asturias|asturiano]] nos concellos de Caso e Ponga (3%). Calcúlase que neste núcleo sobreviven actualmente entre 25 e 30 exemplares<ref name =FOP>[http://www.fundacionosopardo.org/article20.html Distribución y censo Oso pardo] Fundaciónosopardo.org, Consultada o 18/07/09</ref>.
 
Ademais nesta poboación existen puntos críticos que ameazan con acrecentar os problemas asociados aos procesos de illamento. A serra de Curavacas, imprescindible corredor entre os núcleos oseiros de Riaño (Leon) e das cabeceiras boscosas do Pisuerga (Palencia), os vales de Lechada, Río Vargas e Naranco que permiten a comunicación entre [[Cantabria]] e [[Castela e León]] están ameazados pola futura estación de [[San Glorio]]<ref>[http://sanglorioleones.blogspot.com/2007/01/intereses-tres-provincias-contrarios.html Asociación "San Glorio Leonés": Intereses de "TresP" no son ni los de León y ni los del Oso]</ref>.
 
==== Núcleo occidental ====
A poboación occidental distribúese por uns 2.600 km2 e é a máis importante no tocante ao número de exemplares, xa que inclúe a maior parte da poboación cantábrica de osos, cun censo de en torno aos 100 exemplares. Esta poboación espállase polos montes do Alto Sil leonés (27%) e ocasionalmente tamén polos montes lindeiros de Lugo (2,5%), aínda que en [[Asturias]] é onde ocupa maior superficie (70,5%). En León, os osos localízanse principalmente nos concellos de Villablino, Palacios e Páramo del Sil, mentres que en Lugo adoitan ser vistos nos municipios de [[Cervantes]] e [[Navia de Suarna]]. Os concellos asturianos onde habitan preferentemente son Cangas del Narcea, Degaña, Somiedo e Belmonte de Miranda, que é onde se contabiliza o meirande número de reproducións cada ano, aínda que tamén se localizan exemplares nos concellos de Proaza, Allande, Ibias, Tineo, Salas, Yernes e Tameza, Quirós, Teverga, Lena, Grado e Santo Adriano.<ref name =FOP/>
 
Existen puntos críticos que interesa conservar como corredores ecolóxicos para evitar os problemas asociados aos procesos de illamento. En torno ao porto de Lechariegos prodúcese un estreitamento de tan só 10 &nbsp;km de ancho, causado por actividades mineiras e turísticas. Outras zonas importantes para o futuro desta poboación son os montes próximos ao porto de Cienfuegos, que permiten o paso de Degaña (Asturias) ata a [[Serra dos Ancares]] (Lugo-León), a Serra de Begega, comunicación entre Somiedo e a Serra do Courio, nos Concellos de Salas e Bellmonte de Miranda (Asturias), o estreito corredor boscoso entre o macizo das Ubiñas e a serra de Sobia, nos concellos asturianos de Teverga e Quirós.
 
== Notas ==
Liña 140:
}}
* Díaz d'a Silva e Carrtelle, Y. (2007): ''Guía dos mamíferos de Galicia''. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-96883-20-7.
* Kowalski, K. (1981): ''Mamíferos. Manual de teriología'', pp. 464-472&nbsp;464–472. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
* Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): ''Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference''. Third edition. Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 0-8018-8221-4.