Carneiro bravo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 20:
| range_map_width = 250px
}}
O '''muflón común''' ou '''europeo''' tamén chamado '''carneiro bravo''' (''Ovis musimon'' ou ''Ovis aries musimon'')<ref>[http://www.bucknell.edu/msw3/browse.asp?s=y&id=14200825 Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors). 2005. ''Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference'' (3rd ed).]</ref> é un gran [[artiodáctilo]] da [[subfamilia]] ''[[Caprinae]]'' que se pode atopar en moitas partes de [[Europa]]. Curiosamente, extinguiuse hai milenios deste continente por mor da caza excesiva e as mudanzas climáticas, quedando relegado ás illas de [[Córsega]], [[Sardeña]] e [[Chipre]], tendo sido introducido con fins cinexéticos nesta última illa durante o [[Neolítico]]. En séculos posteriores volveu ao continente de man do home, onde se adaptou perfectamente e hoxe en día é unha especie en expansión, sobre todo nas zonas montañosas. En tempos recentes levouse tamén ás [[illas Canarias]], [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], [[Nova Zelanda]], [[Hawai]] e numerosos coutos de caza en todo o mundo, ata en lugares tan afastados como [[Chile]]. Crese que este animal deu orixe á [[ovella]] doméstica (''Ovis aries''), logo de ser domesticado en [[Mesopotamia]] cara ao 9000 a. C.
 
== Descrición ==
O muflón é un animal bastante grande que pode pesar ata 50 [[quilo]]s. Aseméllase a unha ovella estilizada de patas e pescozo proporcionalmente máis longos. A [[la]] é moito máis curta e de cor parda escura, volvéndose esbrancuxada no fociño, ollos, metade inferior das patas, glúteos e ventre. Os machos son máis grandes e robustos cás femias e están dotados de grandes [[corno]]s que se curvan a ambos os dous lados da testa; as femias, en cambio, non presentan cornos ou os teñen de moi escasa lonxitude. No inverno, os machos desenvolven nos costados unhas manchas brancas que non aparecen nos individuos do outro sexo.
 
== Historia natural ==
[[Ficheiro:Mapa distribución muflón (Ovis musimon).png|Distribución europea|miniatura|esquerda]]
Trátase dun animal social que vive en pequenos grupos familiares no caso das femias e as súas crías (unha por parto), aos que se engade un macho na época de celo que é solitario o resto do ano. Para poder incorporarse a unha destas mandas, os machos deben medir antes as súas forzas con outros rivais, batendo os seus cornos violentamente. A bóveda cranial está reforzada para diminuír os efectos do impacto, pero isto non logra evitar un leve atordoamento dos contendentes tras un golpe especialmente potente.
 
A alimentación é puramente vexetariana, e adoita realizarse pola noite, cando o muflón é máis activo. Os seus inimigos máis perigosos son os [[lobo]]s e en menor medida os [[oso]]s, mentres que os [[lince]]s e [[aguia]]s adoitan depredar sobre os individuos máis novos.