Cabra montesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 25:
| range_map2_caption = Distribución en Galicia
}}
A '''cabra montesa''' ou '''hirco''' (''Capra pyrenaica'') é unha das [[especie]]s de [[bóvido]]s do [[Xénero (bioloxía)|xénero]] ''[[Capra]]'' que existen en [[Europa]], sendo as outras o [[íbice]] ou cabra dos [[Alpes]], as cabras salvaxes do [[Cáucaso]] e a [[cabra]] doméstica. Trátase dun [[endemismo]] que actualmente non se atopa fóra das áreas montañosas da [[Península Ibérica]].
 
== Descrición ==
A cabra montesa é unha especie con forte [[dimorfismo sexual]], do mesmo xeito que moitos outros bóvidos. As femias miden uns 1,20 [[metro]]s de longo e 60  cm de altura na cruz, pesando entre 30 e 45 [[quilo]]s de peso. Teñen cornos bastante curtos e parécense bastante a unha cabra doméstica.
 
Os machos, en cambio, poden chegar aos 148 centímetros de longo e ter unha altura de 77 centímetros na cruz, acadando un peso máximo de 110 quilos. Os cornos dos machos son notablemente grosos e poden chegar a ser o triplo de longos que os das femias. Están máis separados entre si cós cornos doutras especies do xénero ''Capra''. Os machos adultos teñen tamén unha cara máis alongada e a típica ''barba de chivo'' escura baixo a mandíbula.
 
A cor e lonxitude da pelaxe varía segundo as [[subespecie]]s e a época do ano, tornándose máis longa e grisácea no [[inverno]]. Tralas mudas de pelo de [[abril]] e [[maio]], a cor é parda ou canela, con manchas escuras na parte inferior das patas que nos machos adultos poden espallarse cara aos costados, ombreiros e ventre. A parte central deste é branca en ambos sexos, e a cola negra e curta (12-13 12–13 cm).
 
== Hábitos ==
Esta especie desenvólvese por igual de día e de noite, aínda que as súas máximas horas de actividade localízanse pola mañá e a finais da tarde, preto do solpor. No inverno desenvolven a súa actividade nas horas centrais do día, que é cando fai máis calor.
 
Son animais sociables, pero cambian a miúdo de manada. Esta pode estar constituída por machos adultos, femias cos seus años ou adolescentes de ambos sexos (neste último caso, só durante o verán). Os machos e as femias adultas reúnense na época de celo, nos meses de [[novembro]] e [[decembro]] -caracterizados polos violentos combates cabeza contra cabeza dos machos- e os años (un por parto) nacen todos en [[maio]].
 
Habitan tanto en bosques como en extensións herbáceas, en cotas montañosas de entre 500 e 2.500 metros de altura. A dieta é predominantemente herbácea, aínda que no inverno tórnase máis arbustiva. Se é necesario, excavan na neve para acceder ata a vexetación.
 
== Subespecies ==
Coñécense catro subespecies de cabras montesas, dúas das cales se extinguiron en tempos recentes. No entanto, varios autores puxeron en dúbida a súa validez.<ref>[http://www.bucknell.edu/msw3/browse.asp?ide=14200785 Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors). 2005. ''Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference'' (3rd ed).]</ref> Estas subespecies son as seguintes:
 
* ''[[Capra pyrenaica lusitanica]]''. Distribuída orixinalmente polas montañas fronteirizas entre [[Galicia]] e [[Portugal]], extinguiuse en [[1892]] na [[Serra do Gerês]] (Portugal).
Liña 52:
 
== Estado de conservación ==
A cabra montesa conta con [[lobo]]s, [[oso pardo europeo|osos]] e [[aguia]]s como [[depredación|depredadores]] naturais, pero estes desapareceron nos últimos tempos de amplas zonas da súa área de distribución. A caza desta especie por parte do [[home]] producíase xa na [[Prehistoria]], primeiro a cargo do [[home de Neandertal]] e dende hai 40-35.000 anos, pola especie humana. Son abondosos os seus restos nas covas paleolíticas e aparece representada con frecuencia nas [[pintura rupestre|pinturas rupestres]] de toda a [[Península Ibérica]].
 
Coa introdución da [[agricultura]] e o aumento da poboación humana (e con iso, da caza), a súa poboación desapareceu de varias zonas e noutras minguou ostensiblemente. En tempos recentes, o feito de ser unha especie única no mundo, endémica da Península, converteuna nunha cobizada especie de caza maior. Tense constancia da chegada expresa de cazadores procedentes de [[Francia]] e o [[Reino Unido]] durante os séculos [[século XIX|XIX]] e [[século XX|XX]], especialmente ao Pireneo, buscando unicamente a morte dalgún exemplar e os seus valiosos cornos como trofeo.
 
Xa a finais do [[século XIX]], a poboación de cabra montesa estaba en rápida regresión, téndose extinguido a subespecie galega-portuguesa. [[Afonso XIII de España]] creou en [[1905]] o Refuxio Real de Caza da Serra de Gredos para limitar a caza deste animal na zona e salvar así á entón reducida poboación local, pero non tomou maiores medidas polo salvamento da especie. Non foi ata [[1950]] cando comezaron a crearse numerosas reservas para protexer a cabra montesa, aínda que en moitos casos non se crearon políticas axeitadas ao efecto. A [[extinción]] recente do bucardo débese en boa medida a iso, reducido a só 20 exemplares en [[1970]] e condenado xa que logo á desaparición nunhas poucas décadas. A falta de cabras montesas para as cacerías intentou cubrirse durante o tardo[[franquismo]] coa introdución doutros bóvidos foráneos, coma o [[muflón]] e o [[arruí]], especies que tiveron un impacto desigual sobre a flora e fauna local e nalgúns casos puxeron aínda máis en apretos á cabra montesa, pois compiten con ela polos mesmos recursos. Mentres que a caza da especie non está permitida en moitas zonas, noutras, como en Gredos, só se usa como medio para controlar a súa poboación debido á escaseza de depredadores naturais.