Atenea Partenos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:NAMA Athéna Varvakeion.jpg|miniatura|Escultura votiva achada preto da [[Ioannis Varvakis|escola Varvakeion]], reflicte o tipo da restaurada ''Atenea Partenos'': período romano, século II (Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas)]]
 
'''''Atenea Partenos''''' (en [[grego antigo]] Ἀθηνᾶ Παρθένος, literalmente Athena a [[Virxindade|Virxe]]) é o nome dunha enorme [[escultura]] [[criselefantina]] da deusa [[mitoloxía grega|grega]] [[Atenea]], obra de [[Fidias]]. Recibía o seu nome dun epíteto da propia deusa, e estaba aloxada no [[Partenón]], na [[Acrópole de Atenas]]. Realizáronse diversas réplicas e obras inspiradas nela, tanto antigas como modernas.
 
Foi a [[imaxe de culto]] de máis soa na cidade de Atenas,<ref>A ''Atenea Partenos'' foi representada sobre relevos contemporáneos que conmemoraban tratados atenienses e durante o [[século IV]] apareceu en bastantes moedas de monarcas [[período helenístico|helenísticos]] degoirados por proclamar as súas conexións helénicas. Véxase {{Cita publicación periódica| apelido=Williams | nome=Hector | título=An Athena Parthenos from Cilicia | revista=Anatolian Studies | volume=27 | ano=1977 | páxina=108 y sig}}</ref> considerada un dos maiores logros do escultor máis aclamado da antiga Grecia. Fidias comezou a súa obra ao redor do ano 447 a.C,<ref>Andrew Stewart afirma que no 446 a.C.</ref>[[Lacares]] retirou as láminas de ouro no 296 a.C. para pagar ás súas tropas, e o bronce foi probablemente dourado máis adiante. Resultou danada por un lume cara o [[-165|165]] a.C., mais foi amañada.<ref>{{Cita publicación periódica| apelido=Dinsmoor | nome=W. B. | título=The repair of the Athena Parthenos | revista=[[American Journal of Archaeology]] | volume=38 | ano=1934 | páxinas=93–106}}</ref> Continuaba estando no Partenón no [[século V]], cando poido terse perdido noutro lume. Un relato menciónaa, porén, en [[Constantinopla]] no [[século X]].<ref>[[Gisela Richter]], ''Sculpture and Sculptors of the Greeks'', páx. 220 con antigas referencias, apuntado por {{Cita publicación periódica| apelido=Stevens | nome=Gorham P. | título=Concerning the Parthenos | revista=Hesperia | volume=30 | número=1 | data=xaneiro de 1961 | páxinas=2}}</ref>
Liña 13:
{{cita|...A estatua en sí está feita de marfil e ouro. No centro do seu casco hai unha figura semellante á [[Esfinxe (mitoloxía)|Esfinxe]]... e a cada lado do helmo hai [[grifo]]s en relevo. ... A estatua de Atenea atópase de pé, cunha túnica ata os pés, e sobre o seu peito a cabeza de [[Medusa (mitoloxía)|Medusa]] está tallada en marfil. Sostén unha [[Niké|Vitoria]] de aproximadamente catro cóbados e na outra man unha lanza; aos seus pés xace un escudo e preto da lanza hai unha serpe. Esta serpe podería ser [[Erictonio]]. Sobre o pedestal está o nacemento de [[Pandora]] en relevo.<ref>Pausanias, ''Descripción de Grecia'' i.24.5–7.</ref>}}
 
O tipo xeral da ''Atenea Partenos'', aínda que non o seu carácter e calidade, pode aquilatarse a partir da súa imaxe en moedas<ref>{{cita libro | apelidos=Lacroix | nome=L. | título=Les reproductions des statues sur les monnaies gracques |lugar=Liexa | ano=1949 | páxinas=266-81}}</ref> e as súas reproducións en miniaturas esculpidas, como [[ofrenda votiva|obxectos votivos]], e nas representacións sobre xemas gravadas.<ref>Leipen (1971).</ref>
 
A testa de Atenea aparece lixeiramente inclinada cara a adiante. Está de pé coa súa man esquerda pousada sobre un escudo vertical. O seu xeonllo esquerdo está lixeiramente dobrado, o seu peso desprazado levemente cara á súa perna dereita. O seu [[quitón]] está axustado na cintura por un par de [[serpe (simbolismo)|serpes]], cuxas colas entrelázanse nas costas. Os [[guecho]]s do pelo caen sobre o peto da deusa. A Niké da súa man dereita estendida é alada: discutiuse moito sobre se había un soporte baixo o orixinal de Fidias,<ref>Gisela Richter opinou que non o había e resumiuno en {{Cita publicación periódica| apelido=Richter | nome=Gisela | título=Was there a vertical support under the Nike of the Athena Parthenos? | revista=Studi in onore... Calderini e Paribeni |lugar=Milán | ano=1956 | páxinas=147–54}}</ref> sendo contraditorias as versións conservadas. A posición exacta dunha lanza, a míudo omitida, non se determinou completamente, se estaba no brazo dereito de Atenea ou sostida por una das serpes da [[éxida]], tal e como N. Leipen a restaurou,<ref>Leipen (1971) páx. 29.</ref> seguindo a xema ''Aspasios''.
Liña 21:
== Notas ==
 
{{listarefListaref|230em}}
 
== Bibliografía ==