Endemismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
{{Sen referencias|data=decembro de 2015}}
[[Ficheiro:Chioglossa lusitanica.004.JPG|dereita|miniatura|A [[saramaganta]], endemismo do noroeste da Península Ibérica, ten en [[Galicia]] as súas principais poboacións.]]
'''Endemismo'''{{cómpre referencia}} é un termo empregado na [[bioloxía]] para indicar que a distribución dun [[taxón]] está limitada a un ámbito xeográfico reducido, non se atopando de forma natural en ningunha outra parte do mundo. Por iso, cando se indica que unha especie é endémica de certa rexión, quérese dicir que só é posible atopala de forma natural nese lugar.
 
== Características ==
O endemismo pode considerarse dentro dun abano moi amplo de escalas xeográficas: deste xeito, un organismo pode ser endémico dun [[montaña|cumio montañoso]] ou dun [[lago]], dunha [[cordilleira]] ou un sistema fluvial, dunha [[illa]], dun [[país]] ou ata dun [[continente]]. Normalmente o concepto aplícase a [[especies]], pero tamén pode empregarse pra outros [[taxón]]s como [[subespecie]]s, variedades, [[xénero (bioloxía)|xéneros]], [[familia (bioloxía)|familias]] etc.
 
== Exemplos de endemismos ==
Un endemismo típico é o [[lince ibérico]], propio da [[Península Ibérica]], e as [[xirafa]]s, que unicamente habitan nas rexións semidesérticas do sur do [[Sahara]], ou a [[Secuoia]] xigante, que só se atopa na [[Sierra Nevada, Estados Unidos|Sierra Nevada]] [[California|californianacalifornia]]na.
 
As illas, dado o seu illamento, son lugares cunha elevada taxa de endemismos. Así, [[Australia]], que non tivo contacto co resto de terras emerxidas dende hai máis de 50 millóns de anos, posúe unha flora e unha fauna de seu moi distinta do resto do mundo. A metade das [[aves]] de [[Papúa Nova Guinea]] e a metade dos [[mamífero]]s que habitan [[Filipinas]] son endémicos.
 
[[Ficheiro:Dragon tree 2.jpg|miniatura|O [[Dracaena draco|drago]], unha árbore endémica de [[Macaronesia]].]]
 
Neste senso destaca [[Madagascar]]; todos os seus [[anfibios]] son endémicos, o 90% dos seus réptiles (a metade das especies de [[camaleón]]s do planeta), o 55% dos seus mamíferos (como os [[lemur]]es e as [[Cryptoprocta ferox|fosas]]) e o 50% das súas aves son endemismos, e aproximadamente o 80% as súas plantas non habitan en ningunha outra rexión o mundo. O 95% das especies de peixes dos [[Grandes Lagos Africanos|Grandes Lagos]] [[África|africanos]] son endémicas.<ref name=Zoo>Plafóns informativos do [[Zoo de Barcelona]].</ref>