Abrir o menú principal

Cambios

m
→‎top: Arranxos varios using AWB
[[Ficheiro:Mediterranean Relief.jpg|miniatura|dereita|400px|Mar Mediterréaneo e a maior parte da súa conca]]
 
[[Ficheiro:Ocean drainage.png|miniatura|dereita|400px|Mapa das concas de drenaxe aos océanos e aos mares [[Mediterráneo]] e [[mar Caribe|Caribe]]. Os territorios que drenan as súas augas no Mediterráneo aparecen coloreados de azul claro]]
A '''conca do Mediterráneo''' é un concepto xeográfico con connotaciones históricas e culturais.
 
Nela desenvolvéronse as denominadas '''civilizacións mediterráneas''', cuxa continuidade no tempo ata a actualidade maniféstase nunha '''cultura mediterránea''' en gran parte común por riba das fondas diferenzas políticas e relixiosas. Tal unidade de [[cultura]] ou [[civilización]] viuse afectada na época contemporánea por varios factores: por unha banda aparece homoxeneizada coas do resto do mundo por efecto da [[globalización]]; e doutra banda presenta unha contraditoria relación co fenómeno do [[turismo]], que por unha banda a magnifica e por outro a desvirtúa. Adoitan definirse como trazos comúns desa ''cultura mediterránea'', ademais da herdanza cultural da [[Antigüidade clásica]] e do enfrontamento secular de civilizacións ([[grecorromana]], [[xudeocristiana]], [[islámica]]), moitos da [[vida cotiá]], como a [[dieta mediterránea]] (legumes, froitas e verduras, peixe; e os tres alimentos básicos elaborados dende a máis remota antigüidade a partir de produtos agrícolas e cultivos específicamente adaptados á rexión: [[pan]] do [[trigo]], [[aceite]] do [[olivo]] e [[viño]] da [[vide]] -ás veces denominados ''triloxía mediterránea''-); a animada vida e o espírito de ''[[festa]]'' estimuladas pola benignidade do [[clima mediterráneo]]; multitude de tópicos e estereotipos, como unha certa forma, á vez vitalista e fatalista, de entendela vida.<ref>[[Mediterráneo (canción)]], de [[Joan Manuel Serrat]]. etc.</ref>
 
A unidade do Mediterráneo preténdese activar periódicamente por certas iniciativas políticas ([[Proceso de Barcelona: Unión para o Mediterráneo]]) e ata deportivas ([[Xogos do Mediterráneo]]).
 
== Ligazóns externas ==
380.827

edicións