Orchata: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m →‎Orixe: Arranxos varios using AWB
Liña 6:
 
== Orixe ==
A chufa era moi usada en terra de [[Exipto]], onde se atoparon vasos con elas nas tumbas dos [[Faraón|faraónsfaraón]]s. Así mesmo, diversos autores persas e árabes mencionaban xa nos seus escritos os beneficios dixestivos e desinfectantes da chufa. Naquela época utilizábase como bebida medicinal xa que é moi beneficiosa para a saúde por ser altamente enerxética e diurética, xa que a orchata é rica en minerais e vitaminas, entre os que destacan o [[fósforo (elemento)|fósforo]], o [[potasio]] e as [[vitamina C|vitaminas C]] e [[vitamina E|E]]. Mais, foi especialmente no [[século VIII]], cando os [[Al-Ándalus|árabes]] introducen o seu cultivo na zona mediterránea, denominándoa «leite de chufa», antecedente directo do que máis tarde pasou a chamarse orchata, sendo a horta de [[Valencia]] moi apropiada para o seu cultivo, xa que require terra solta e areosa así como temperaturas suaves.
 
Unha [[lenda|lenda popular]] di que o seu nome provén dos tempos da [[Valencia#Historia|conquista de Valencia]]. A bebida foi ofrecida ao rei da coroa aragonesa [[Xaime I de Aragón]] na entrada de [[Valencia]] por unha moza das hortas valencianas. Ao probar o seu sabor, Xaime contestou ''«Açò és or, xata»'', que significa «Isto é ouro, chata». Con todo esta pintoresca historia é falsa. A etimoloxía auténtica lévanos ao [[latín]] ''hordeata'', de ''hordeum'', que significa "de [[cebada]]" (tamén chamada [[orxo]] en galego). Orixinalmente, pois, a orchata era unha auga de [[cebada]].