Diferenzas entre revisións de «Sevilla Atlético Club»

m
Arranxos varios using AWB
m (Arranxos varios using AWB)
 
== Escudo ==
O Sevilla Atlético retomou na tempada 2006–07 o escudo que posuía nas súas orixes, sendo o contorno igual ao do primeiro equipo, con forma de corazón, pero percorrido por un dos monumentos máis emblemáticos da cidade de [[Sevilla]], a [[La Giralda|Giralda]]. De esquerda a dereita percórreo unha franxa vermella. Un balón de fútbol antigo e as siglas '''SAC''', de ''Sevilla Atlético Club'', entrelazadas completan o escudo.
 
== Uniforme ==
*'''Uniforme titular:''' Camiseta branca cunha banda vermella cruzando de dereita a esquerda a camiseta, pantalón negro, medias negras.
*'''Uniforme alternativo:''' Camiseta vermella cunha banda branca cruzando de dereita a esquerda a camiseta, pantalón vermello, medias vermellas.
*'''Terceiro uniforme:''' Camiseta negra, pantalón negro, medias brancas.
 
Dáse a circunstancia de que o Sevilla Atlético é o único equipo filial dun club español que posúe un uniforme distinto ao do primeiro equipo.
 
== Estadio ==
O Sevilla Atlético disputa habitualmente os seus partidos oficiais na '''[[Cidade Deportiva José Ramón Cisneros Palacios]]''', con capacidade para 2.500 espectadores. Porén, en varias ocasións, o Sevilla Atlético tamén disputou os seus partidos no estadio [[Estadio Ramón Sánchez Pizjuán|Sánchez Pizjuán]] con capacidade para 45.500 espectadores.
 
Con motivo do ascenso de categoría a [[Segunda división española|Segunda División]] no ano [[2007]], e debido á normativa vixente que regula aos equipos que militan en categoría profesional, o club puxo en marcha un proceso de remodelación da Cidade Deportiva, o que suporá aumentar o aforamento a 7.000 espectadores, así como melloras nos accesos e outras instalacións.<ref>[http://www.eldesmarque.es/content/view/6627/27/ Remodelación da Cidade Deportiva]</ref>
393.002

edicións