Lizarra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 41:
|sitio web = [http://www.estella-lizarra.com/es/ www.estella-lizarra.com]
}}
'''Lizarra'''<ref name="Diciopedia">Ver entrada «Serrano Rodríguez, Marco Antonio». {{cita libro |título=[[Diciopedia do século 21]] |isbn=9788482893600 |outros=Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición)|ano=2007 |editorial=Editorial Galaxia |páxina=1921|volume=3}}</ref> (en [[lingua éuscara|éuscaro]]) ou '''Estella'''<ref>Forma empregada por exemplo en {{cita libro |título=O corazón portugués |apelidos=Loureiro |nome=Ramón |editorial=Galaxia |ano=2000 |páxina=77}}.</ref> (en [[lingua castelá|castelán]]; oficialmente ''Estella-Lizarra''), chamada en [[galego-portugués|galego medieval]] '''Estela''',<ref>{{cita libro |título=Cantigas d'amigo dos trovadores galego-portugueses |volume=III |editor=José Joaquim Nunes |editorial=Imprensa da Universidade (Coimbra) |ano=1928}}</ref> é unha [[cidade]] e municipio da zona media da [[Comunidade Foral de Navarra]], en [[España]]. É a capital do [[meiriñado de Estella]] e da comarca de Tierra Estella ou Lizarrerria, situada a metade de camiño entre as cidades capitais de [[Pamplona]] e de [[Logroño]], na [[A Rioxa|Rioxa]], nunha zona de unión entre a Montaña e a Ribera Alta de Navarra.
 
== Etimoloxía ==
O seu nome oficial é '''Estella-Lizarra'''. Antigamente o poboado recibía o nome de Lizarra, ata a creación da cidade en [[1076]]. Na colección diplomática de Irache son frecuentes en documentos do século XI as referencias a este poboado denominado, segundo os casos, Leizarrara, Lizarrara, Liçarrara, Lizarara, Liçarra e Lizarra. O topónimo, inequivocamente en lingua vasca, nalgunhas ocasións interpretouse como ''ilizar'', "cidade antiga", e tamén como ''elizar'', "igrexa antiga"; con todo parece ter maior solvencia a etimoloxía ''lizar'', "freixo" en éuscaro, relacionada coa posible abundancia desta árbore na paraxe.
 
Outra das posibles orixes do nome, relacionado tamén coa propia fundación da cidade polo Rei de Navarra [[Sancho Ramírez]], como punto de atención ao peregrino ao seu paso polo [[camiño de Santiago]] navarro, é o [[Lingua latina|latín]] ''stella'' (estrela). Hai varias referencias á denominación L'izarra, traída por habitantes de orixe franca, e que poden dar orixe a este nome. De feito, a presenza dunha estrela de oito puntas nos monumentos da cidade remóntase ao seu estadio fundacional, punto que parece testemuñar esta etimoloxía. A estrela permaneceu ata a actualidade como símbolo distintivo da cidade
 
== Xeografía ==