Diferenzas entre revisións de «Solidariedade (Polonia)»

m
Arranxos varios using AWB
m (elimino a Categoría:Solidarność mediante HotCat)
m (Arranxos varios using AWB)
[[Ficheiro:Tygodnik Solidarnosc 1981 lipiec.jpg |miniatura|dereita|250px| '''''Tygodnik Solidarność''''' ("Solidariedade Semanal") - O primeiro xornal legal semanal "Solidarność" antes da lei marcial en Polonia]]
[[Ficheiro:Solidariedade Estaleiros Gdansk.JPG|Entrada aos estaleiros de Gdansk|miniatura]]
'''Solidariedade''' (''Solidarność'' en [[polaco]]) é unha [[central sindical|federación sindical]] autónoma e independente [[polaca]] de raíces [[cristianismo|cristiás]], nada das loitas [[obreiro|obreiras]] e [[campesiñado|campesiñas]] pola [[liberdade]] sindical e en contra do [[Estado socialista]], dirixidas por [[Lech Wałęsa]],<ref>[[Jòsef Tischner]], páxina 5</ref> fundada en [[setembro]] do ano [[1980]] e considerado un dos maiores sindicatos da historia.
 
== Orixe ==
{{Artigo principal|Historia de Solidarność}}
A historia de Solidarność, como [[sindicato]] [[Organización non gobernamental|non gobernamental]] polaco, comeza en agosto de [[1980]] nos [[Estaleiros Gdańsk|estaleiros de Gdańsk]], onde [[Lech Wałęsa]] xunto a outros oito obreiro fundaron o sindicato [[clandestinidade|clandestino]] Solidariedade cuxa principal demanda era a constitución de sindicatos libres (como existían desde moito atrás na antiga [[Iugoslavia]], e intentaron facer en [[1968]] en [[Checoslovaquia]], durante a [[Primavera de Praga]]) e autónomos do [[partido]] e do [[goberno]]. A comezos dos anos 1980, Solidariedade converteuse no primeiro sindicato independente nun país do [[Bloque soviético]]. Solidariedade deu lugar a un amplo [[movemento social]] [[anticomunismo|anticomunista]] e [[non violencia|non violento]], no seu maior auxe, uniu aproximadamente a 10 millóns de membros e contribuíu infinitamente á [[Revolucións de 1989|caída do comunismo]] na [[Bloque do leste|Europa do leste]].
 
O sindicato Solidarność caracterizouse pola gran militancia [[obreiro|obreira]] [[catolicismo|católica]] e pola súa tenaz loita contra o [[autoritarismo]] [[comunismo|comunista]]. A [[Igrexa Católica]], encabezada polo cardeal polaco [[Karol Józef Wojtyła|Wojtyła]], comprendeu á súa vez as posibilidades que se abrían para contrarrestar ao goberno comunista.
 
[[Ficheiro:Monument_to_the_Fallen_Shipyard_Workers_of_1970_in_Gdańsk,_Poland.jpg|miniatura|[[Gdansk]]- [[Monumento aos traballadores dos estaleiros caídos 1970|Monumento aos caídos nas protestas de Dic. 1970]]]]
 
== Folgas de 1980 ==
O [[2 de xullo]] de [[1980]] o goberno polaco anunciou aumentos masivos dos produtos alimentarios, o cal provocou un estourido de [[folga]]s. A dos ferroviaros de [[Lublin]] , estratéxico nó ferroviario na ruta á [[Unión Soviética]] preocupaba especialmente a [[Breznev]] que convoca a [[Edward Gierek|Gierek]] interrompendo as súas vacacións en [[Crimea]] esixíndolle solucións. O Ministro de Defensa [[Wojciech Jaruzelski]] non considerou conveniente o emprego do exército e aconsellando que se deixase pasar o tempo.
 
== A lei marcial e fin do comunismo ==
{{VT|Lei Marcial en Polonia|Revolucións de 1989}}
O [[13 de decembro]] de [[1981]], o Presidente do goberno, o Mariscal [[Wojciech Jaruzelski]] declarou a [[Lei Marcial en Polonia|lei marcial]] e encarcerou á maioría dos dirixentes de Solidariedade, que foi prohibido de novo o [[8 de outubro]] de [[1982]].
 
Levantada formalmente en [[xullo]] de [[1983]]. Solidariedade persistiu soamente como organización clandestina. A finais dos anos 80, Solidariedade era suficientemente forte para frustrar as tentativas reformistas de [[Wojciech Jaruzelski|Jaruzelski]]: as folgas a nivel nacional en [[1988]] forzaron ao Goberno a negociar con ''Solidariedade'', que deixou de presentarse como sindicato para facer públicas as súas pretensións como [[partido político]], especialmente de eleccións libres. Nun exceso de confianza, estimulado por [[Mikhail Gorbachev|Gorbachov]], que pretendía experimentar coas posibilidades, o goberno cedeu, perdendo as eleccións, en pequena parte debido á propaganda [[Estados Unidos de América|estadounidense]] prometendo o investimento de inmensas cantidades de fondos se se acababa co comunismo.
387.734

edicións