Alma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 2:
[[Ficheiro:Meister von Heiligenkreuz 001.jpg|170px|dereita|miniatura|Unha pintura onde [[Deus]] olla a loita entre un [[Anxo (cristianismo)|anxo]] e un [[demo]] por unha alma humana.]]
{{Contén texto hebreo}}
'''Alma'''<ref>[http://www.realacademiagalega.org/dicionario/#searchNoun.do?current_page=1&nounTitle=alma Alma] no Dicionario da Real Academia Galega</ref>, que provén do latín ''anima'', é un concepto dun principio transcendente ou unha entidade inmaterial do ser humano propio de moitas relixións e correntes da [[filosofía]] a miúdo considerada eterna.
 
Etimoloxicamente a palabra do latín ''anima'' usábase para designar o principio polo cal os seres animados estaban dotados de [[movemento]] propio. Nese sentido orixinario tanto os animais coma o [[ser humano]] estarían dotados de alma no [[cristianismo]]. Os avances na [[fisioloxía]] e [[neuroloxía]] permitiron recoñecer que os seres animados obedecen ao mesmo tipo de principios físicos que os obxectos inanimados, ao mesmo tempo que poden desenvolver actividades diferentes destes, como a nutrición, o crecemento, e a reprodución.
Liña 8:
As [[mitoloxía]]s dos pobos e logo as [[relixión]]s en case todas culturas teñen a crenza de que o ser humano está dotado dunha ou varias partes espirituaís, diferentes do [[corpo]], distinguindo nelas a alma, o espírito e en certos casos máis nocións. No cristianismo, as ánimas son as almas dos mortos que non foron nin ao ceo, nin ao [[paraíso]], son almas perdidas ou que andan polo [[purgatorio]]. En moitas crenzas populares os [[pantasma]]s son almas de mortos que volven a visitar aos vivos. Noutras relixións a alma pode despois da morte [[reencarnación|reencarnarse]] noutro corpo humano, animal ou vexetal, segundo a relixíón. Para os animistas todas as entidades da natureza teñen alma e polo tanto os humanos poden comunicar coa natureza.
 
Dende [[Platón]], que consideraba a alma como a parte immortal do home, ata as concepcións contemporáneas que consideran que a [[existencia]] está antes da [[esencia]], a noción de alma na filosofía depende do filósofo e cada corrente filosofíca.
 
En certos casos a [[psicoloxía]], a [[psicanálise]] e a [[literatura]] teñen autores que tamén danlle consideración a existencia da alma como elemento da concienca do ser humano.
 
Na actualidade o termo "alma" é usado, fundamentalmente, polos ideólogos [[Relixión|relixiosos]]{{Cómpre referencia}}.
Liña 37:
A súa visión antropolóxica emprega termos traducidos por espírito (rú•aj), ánima (né•fesch [נפׁש]), corpo (ba•sár). Estes conceptos, se reciben unha mesma tradución de ánima e corpo, en realidade non corresponden de todo cos conceptos da filosofía grega. Mentres a filosofía grega se sitúa a nivel de "esencias", a antropoloxía bíblica ten todas as características de "existencialismo".
* A ''rúaj'' que é "vento" "[[espírito]]" en hebreo, en relación coa antropoloxía é o ''alento [de vida] ' alento da divindade mesma: cando Xeová inspirou sobre o home o seu sopro de Vida (Xénese 2:7), este converteuse en ser vivente. O home vive mentres Xeová non retira o seu ''rúaj''. (Xob 27,3). O termo marca fortemente a relación entre criatura e creador, a dependencia absoluta dela cara El. A ''Ruaj'' recibe outros sensos na Biblia segundo os contextos.
 
* A ''néfesch'' (נמהש) significa "pescozo", "gorxa" (2 Samuel 16:14), "o que respira" (Xob 41:13, 20, 21). Néfesch vén dunha raíz que significa "respirar", e nun senso literal se podería traducir como "un ''respirador''". Exactamente a mesma expresión hebrea que se emprega para a creación animal, a saber ''néfesch jaiyáh'' (ánima vivente), aplícase a [[Adán]] cando se di que despois de que Deus formara ó home do po da terra e soprase no seu nariz o sopro de vida, "o home ''pasou a ser'' ánima vivente" (Xénese 2:7.). Nas instrucións que Deus lle deu ó home despois de crealo, empregou de novo o termo néfesch para facer referencia á creación animal: "Todo o ''que se move sobre a terra'' que ten vida como ánima [literalmente, no que hai ánima vivente (néfesch)]" (Xénese 1:30.). Por veces a verba né•fesch emprégase para expresar ''o desexo'' do individuo, que o enche e despois o empurra a acadar a súa meta. Proverbios 13:2 fala sobre os que tratan con aleivosía que 'a súa propia ''ánima é violencia'' ' é dicir, que son partidarios acérrimos da violencia, e chegan a ser en realidade a violencia personificada de xeito que ten que ver tamén coa ''interacción entre '''mente e personalidade''' activa'' dun individuo, a saber: "a vida" (1 Samuel 26:21).
 
* O ''basar'' (carne) é un concepto que non se opon a rúaj pero se xustaposicionan. Unha tradución aceptable sería a "miña persoa", que se pode tocar, experimentar. Cando Paulo di: "Os vosos corpos son o templo do Espírito (en gr. ''pnéuma'' )...(1 Cor 6,19) " ou ben "Vostedes son o templo... (1 Cor, 3-17) " salienta o aspecto experimentable do concepto.