Terceira División RFEF: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Liña 16:
| sitio web = [http://www.rfef.es/ www.rfef.es]
}}
A '''Terceira División''' é a cuarta categoría da [[Liga española de fútbol]]. É a división inmediatamente inferior á [[Segunda división B española|Segunda División B]] e por encima das [[Divisións rexionais de fútbol en España|divisións rexionais]], a [[Preferente Autonómica de Galicia|Preferente]] no caso de [[Galicia]], polo que se considera a última categoría nacional de liga española.
 
Foi creada en [[1929]] e é unha categoría non profesional. Está formada por 18 grupos, e o Grupo I corresponde ós equipos de [[Galicia]].
 
== Historia ==
A Terceira División creouse na tempada 1929–30, é dicir, a partir da segunda edición da [[Liga española de fútbol]]. Historicamente era a terceira categoría da liga española, por baixo da [[Segunda división española|Segunda División]]. Na tempada 1977–78, coa creación da [[Segunda división B española|Segunda División B]], pasou a ser a cuarta categoría da liga española<ref>[http://lafutbolteca.com/la-segunda-division-b-tercer-nivel-desde-1977/ "La Segunda División B: Tercer nivel desde 1977".] Vicent Masià. La Futbolteca</ref>.
 
A súa estrutura, así como o número de grupos e equipos participantes cambiou en múltiples ocasións ao longo da historia.
 
Na súa primeira edición, a fase previa distribuía a 33 equipos en 8 grupos diferentes, dos cales foron campións: [[Club Gijón]], [[Barakaldo Club de Fútbol|Barakaldo CF]], [[Atlético Aurora Pamplona]], [[Patria Zaragoza]], [[Club Deportivo Castellón|CD Castellón]], [[Sporting Sagunto]], [[Cartagena Fútbol Club|Cartagena FC]] e [[Recreativo de Huelva]]. Xa na fase eliminatoria, o [[Club Deportivo Castellón|Castellón]] converteuse no primeiro campión da categoría ao vencer por un apertado 3-2 fronte ao [[Recreativo de Huelva]].
 
A Terceira División foi suprimida en [[1934]] e non volveu porse en marcha ata a tempada 1940–41, xa pasada a [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]], aínda que foi suprimida outra vez ao remate desa mesma tempada, quedando substituída pola primeira categoría rexional<ref name="fut1943">[http://lafutbolteca.com/1943-la-tercera-division-adquiere-protagonismo/ "1943: La Tercera División adquiere protagonismo".] Vicent Masià. La Futbolteca</ref>. Con todo, dous anos despois, para a tempada 1943–44, foi novamente recuperada<ref name="fut1943"/>.
Liña 33:
== Sistema de competición ==
[[Ficheiro:Grupos de la Tercera División Española.png|300px|miniatura|Grupos da Terceira división]]
Actualmente compiten 364 clubs en Terceira división, repartidos en 18 grupos, na maioría dos cales participan 20 equipos. Cada grupo corresponde a unha Federación territorial e, polo tanto, a unha [[Comunidade Autónoma]], excepto no caso de [[Andalucía]], que se divide en dous grupos (9 e 10). Os clubs das cidades autónomas de [[Ceuta]] e [[Melilla]], no norte de [[África]], compiten cos da Federación Andaluza de Fútbol, nos grupos 10 e 9 respectivamente.
 
O sistema de competición é o mesmo que no resto de categorías da [[Liga española de fútbol]]. Dispútase anualmente, empezando a finais do mes de [[agosto]] ou principios de [[setembro]] e terminando no mes de [[maio]] ou [[xuño]] do seguinte ano.
 
Os equipos de cada grupo enfróntanse todos contra todos en dúas ocasións -unha en campo propio e outra en campo contrario- sumando un total de 38 xornadas. A orde dos encontros decídese por sorteo antes de empezar a competición. O gañador dun partido obtén tres puntos, o perdedor non suma unidades, e en caso dun empate hai un punto para cada equipo.
 
Ao termo da tempada o equipo que acumula máis puntos proclámase campión de Terceira División (hai 18 campións cada tempada, un por grupo).
 
=== Promoción de ascenso ===
Unha vez finalizada a tempada regular, os catro primeiros clasificados de cada grupo disputan a promoción de ascenso a [[Segunda División B Española|Segunda División B]].
 
Este ''play-off'' consta de tres roldas de eliminación directa, a dobre partido (ida e volta). Os campións enfróntanse nunha primeira eliminatoria e o gañador ascende directamente a [[Segunda División B Española|Segunda B]]. Os segundos clasificados enfróntanse aos cuartos, e os terceiros xogan entre eles, todos a dobre partido. Os gañadores e os campións de grupo perdedores da primeira eliminatoria xogan novamente a dobre partido. Os gañadores desta enfróntanse entre eles nunha terceira rolda, na que os gañadores ascenden a [[Segunda División B Española|Segunda B]].
Liña 115:
| align="center" | '''49'''
|}
<br {{clear="all">}}
: <small>Actualizado ata a tempada 2011/12.</small>