Abrir o menú principal

Cambios

m
Arranxos varios using AWB
}}
}}
O '''metano''' é un composto de [[carbono]] e [[hidróxeno]], de fórmula CH4. É un [[hidrocarburo]], o primeiro membro da serie dos [[alcanos]]. É máis lixeiro que o [[aire]], incoloro, inodoro e inflamable. Encóntrase no [[gas natural]] (entre un 75% e un 90%), no [[gas grisú]] das minas de carbón, nos procesos das refinerías de [[petróleo]], e como produto da descomposición da materia nos [[pantano]]s. É un dos principais compoñentes da [[atmosfera]] dos planetas [[Saturno (planeta)|Saturno]], [[Urano]] e [[Neptuno (planeta)|Neptuno]].
 
Pode obterse mediante a [[hidroxenación]] de carbono ou [[dióxido de carbono]], pola acción da [[auga]] con [[carburo de aluminio]] ou tamén ó quentar [[etanoato de sodio]] cun [[álcali]].
É apreciado como combustible e para producir [[cloruro de hidróxeno]], [[amoníaco]], [[acetileno|etino]] (acetileno) e [[formaldehido]].
[[Ficheiro:Representaciones del metano.JPG|300px|miniatura|esquerda|Tres representacións da molécula de metano.]]
 
 
== Características ==
É un composto molecular, cuxas unidades básicas son grupos de átomos unidos entre sí. Consta dun átomo de carbono con catro átomos de hidróxeno unidos a el. A forma xeral da molécula é un tetraedro.
 
Ten como:
* '''ΔHfº gas:''' -74,87 KJ/mol
* '''ΔGfº gas:''' -50,828 KJ/mol.K
* '''Sº gas:''' 188 J/mol.K
 
Ademais tamén é un gas invernadoiro moi efectivo, cunha [[metano atmosférico|concentración atmosférica]] actual de 1,7 ppm.
===Outros artigos===
* [[Metano atmosférico]]
 
 
[[Categoría:Hidrocarburos]]
381.175

edicións