Santurtzi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Santurtzirimiri.JPG|miniatura|300px|Concello de Santurtzi]]
'''Santurtzi'''<ref name="Diciopedia">{{cita libro |título=[[Diciopedia do século 21]] |isbn=9788482893600 |outros=Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición)|ano=2007 |editor=Editorial Galaxia |páxina=1890|volume=3}}</ref> é un municipio [[España|español]] da [[provincia de Biscaia]], pertencente á comarca do [[Gran Bilbao]]. Historicamente, en cambio, formou parte ata comezos do século XIX dos Tres Concellos do [[Val de Somorrostro]] en [[Enkarterri]]. Ten unha poboación de 47.076 habitantes (2011).
 
== Topónimo ==
Conta a tradición que a actual igrexa de San Xurxo, en Santurtzi, foi orixinalmente un mosteiro fundado por uns monxes de orixe inglesa, que fuxindo de conflitos relixiosos, foron a recalar na costa biscaíña, no [[Val de Somorrostro]]. En torno a este mosteiro xurdiría o pobo de Santurtzi.
 
O nome ''Santurtzi'' deriva do [[Lingua latina|latín]] ''Sant Georgi'', ao igual que a ermida do mesmo nome que existiu en Gordexola preto de Iduibaltza ([[Okondo]]). A primeira mención escrita deste topónimo data do [[1075]]. No devandito documento, escrito en latín, menciónase ao ''Monasterium Sant Georgis''. Posteriormente, durante a [[Idade Media]] o nome sería transcribido de moi diversas formas ''San Jurdic'' (1249), ''Santurce'' (1333), ''San Yurdie'', ''Sautuye'', ''Santurtzi'' (1372). No [[século XV]] aparece mencionado como ''Sturse'', ''Santurse'' e ''Santursi''.
 
A denominación en [[lingua éuscara|éuscaro]], única oficial dende [[1983]], é '''Santurtzi'''. Tradicionalmente, en [[lingua castelá|castelán]] coñeceuse como ''Santurce''. O xentilicio dos seus habitantes é ''santurtziarra''.
 
== Localización ==
Santurtzi atópase situado na costa do [[mar Cantábrico]], na marxe esquerda da desembocadura da [[ría de Bilbao]] e aos pés do monte Serantes (452 [[msnm]], aínda que tradicionalmente constou 446 m). Limita ao sur con [[Ortuella]], ao leste con [[Portugalete]] e ao oeste con [[Abanto Zierbena]] e con [[Zierbena]].
 
Posúe unha orografía moi accidentada aínda que, a excepción do [[monte Serantes]] (452 m) -un dos seus elementos topográficos máis simbólico-, non presenta grandes alturas, situándose as máis significativas nas estribacións do propio Serantes: O Mazo (245 m) e os Cuetos (123 e 106 m). O seu relevo inscríbese dentro do flanco norte do chamado anticlinal de Biscaia. É un relevo de tipo estrutural correspondendo a unha serie de materiais do cretácico (calcarias urgonienses) ao longo de Punta Lucero-Serantes suavemente inclinados cara á ría.
 
== Características ==
O clima en Santurtzi está baixo a influencia do clima oceánico húmido. As temperaturas son suaves durante todo o ano, con choivas máis frecuentes na primavera e outono, invernos benignos e veráns non excesivamente calorosos. A temperatura media no verán é de 20&nbsp;°C e de 8&nbsp;°C no inverno.
 
A beleza da paisaxe e a calidade da súa gastronomía xunto coa hospitalidade dos santurzanos son só algúns atractivos dos que o visitante pode gozar. Santurtzi é un pobo mariñeiro que soubo conservar os seus costumes a pesar do seu gran crecemento. A vida neste Concello, está marcada polo mar, que inspira o seu traballo e o seu lecer. A pesca e as regatas de traiñeiras e as festas marianas da [[Virxe do Carme]] manteñen vivas as súas raíces. E da gastronomía que dicir, en todo o mundo é coñecido o bo trato que ao peixe dáselle en Santurtzi, en especial ao [[besugo]] e como non, ás sardiñas en lugares como o restaurante Mandanga ou o internacionalmente coñecido Currito.
Liña 22:
{{Listaref}}
 
{{Modelo:Concellos de Biscaia}}
 
[[Categoría:Concellos de Biscaia]]