Vila-real: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
décimo cuarta
m Arranxos varios using AWB
Liña 50:
}}
 
'''Vila-real''' é unha [[cidade]] e concello da [[provincia de Castelló]], na [[Comunidade Valenciana]], na comarca da [[Plana Baixa]]. O censo de 2011 asignáballe 51.357 habitantes. É a décimo cuarta poboación valenciana por número de habitantes e a terceira ao norte da Área Metropolitana de [[Valencia]], só superada por [[Castelló de la Plana|Castelló]] e [[Sagunt]].
 
Durante a primeira metade do século XX adicouse ó cultivo da [[Laranxa (froita)|laranxa]]. Na actualidade, posúe unha importante industria de [[azulexo]]s. É tamén coñecida internacionalmente polo [[Villarreal Club de Fútbol]].
Liña 61:
 
== Xeografía ==
Situada a 8  km ao sur da [[Castelló de la Plana|capital]] da [[Provincia de Castelló|provincia]]. Ten unha elevación de 42 m sobre o nivel do mar, 49.045 habitantes (INE [[2007]]), a grande maioría no núcleo urbano, que ocupa un 10,72% dos 55,4  km² do seu termo municipal. Por cantidade de habitantes, é a segunda poboación da provincia (logo da capital), e a décimo cuarta do [[País Valenciano]].
 
Ocupa unha boa parte da beira dereita da cunca baixa do [[río Millars]], isto é, a parte máis característica da plana, rampla da chaira, entre os últimos outeiros de [[Onda, Castelló|Onda]] e [[Betxí]] e as terras máis baixas do litoral holocénico de [[Borriana]].
Liña 67:
O termo é un plano inclinado cara a levante e as augas son drenadas cara ao mar directamente en sentido NON-SW polo [[río Millars]] e os cantís do Hospital, de Ratils e do Espaser; polo sector meridional pasa o río de Sonella, procedente das montañas de Onda e Artana.
 
O clima caracterízase por medias invernais elevadas (10 °C en xaneiro) e veráns templados. As choivas non exceden xeralmente os 400  mm anuais. A vexetación é a propia do dominio Querco-Lentiscetum (màquia de carrasca e margalló), con restos de piñeiras practicamente desaparecidas.
 
Accédese a esta poboación, dende [[Castelló de la Plana]], a través da [[N-340]].