Operación chumbo fundido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}})
m Arranxos varios using AWB
Liña 22:
 
== Características xerais ==
O primeiro día da operación israelí, o [[27 de decembro]] de 2008, comezou cun bombardeo aéreo da faixa que rematou con aproximadamente 225 palestinos mortos<ref>[http://news.bbc.co.uk/2/hi/middle_east/7805808.stm Map: Gaza offensive - Week One], BBC.com {{En}}.</ref> e ó redor de 700 feridos<ref>[http://english.aljazeera.net/news/middleeast/2008/12/200812279451509662.html Hundreds die in Israel raid on Gaza], aljazeera.net {{En}}.</ref>. En resposta, os mísiles lanzados dende a faixa, acabaron coa vida de un israelí en Netivot. Os bombardeos israelís tiveron coma obxectivos as oficinas e cuarteis de Hamás<ref name=Obxectivos>[http://news.bbc.co.uk/2/hi/middle_east/7802515.stm Israel strikes key Hamas offices], BBC.com {{En}}.</ref>, campos de adestramento, túneles para introducir mercadorías de contrabando, infraestruturas civís así como mesquitas, casas e escolas en tódalas principais cidades<ref>[http://www.nytimes.com/2008/12/29/world/middleeast/29mideast.html?_r=1 Israeli Troops Mass Along Border; Arab Anger Rises], [[New York Times]] {{En}}.</ref>: [[Cidade de Gaza]], [[Beit Hanoun]], [[Khan Younis]] e [[Rafah]]. Ademais do bloqueo preexistente, a Mariña de Israel procedeu a bombardear e a realizar un bloqueo por mar á faixa, da que unha mostra é o ataque a un barco que levaba 4 toneladas de axuda médica a [[Palestina]]<ref>[http://www.publico.es/internacional/187151/israel/ataca/barco/ayuda/humanitaria Israel ataca a un barco con ayuda humanitaria], Público {{Es}}.</ref>. Pola súa banda incrementáronse os lanzamentos de mísiles por parte de forzas palestinas cara ó sur do territorio israelí, causando en varios días 3 mortos, varios feridos e danos materiais. O 3 de xaneiro iníciase a ofensiva por terra do territorio palestino, coa entrada da artillaría canda os soldados e mailos tanques<ref>[http://www.vieiros.com/nova/71152/os-tanques-israelis-entran-en-gaza Os tanques israelís entran en Gaza], [[Vieiros]].com.</ref>, sumando estes ataques ós aéreos e ós navais.
 
O saldo de vítimas é de cando menos 1.314 palestinos mortos<ref name=BBC>[http://news.bbc.co.uk/2/hi/middle_east/7855070.stm Counting casualties of Gaza's war], BBC.com {{En}}.</ref><ref name=UNO>[http://www.ochaopt.org/documents/ocha_opt_gaza_humanitarian_situation_report_2009_01_26_english.pdf Field update on Gaza from the humanitarian coordinator], United Nations Office for the Coordination of Humanitarian Affairs.</ref> (1.417 segundo o Centro Palestino pro Dereitos Humanos<ref name=PCHR>[http://www.pchrgaza.org/files/PressR/English/2008/36-2009.html Confirmed figures reveal the true extent of the destruction inflicted upon the Gaza Strip; Israel’s offensive resulted in 1,417 dead, including 926 civilians, 255 police officers, and 236 fighters], Palestinian Centre for Human Rights {{En}}.</ref>, 1.387 segundo datos da oenegué B'Tselem<ref>[http://www1.folha.uol.com.br/folha/mundo/ult94u621339.shtml ONG israelense diz que civis foram maioria das vítimas de ofensiva em Gaza], Folha Online {{Pt}}.</ref> e 1.444 segundo as autoridades de Gaza<ref name=InformeONU/>) e 13 israelís (4 deles como consecuencia de fogo amigo)<ref>[http://www.haaretz.com/hasen/spages/1053120.html Five Israeli soldiers killed in 24 hours, as IDF closes in on Gaza cities], haaretz.com {{En}}.</ref>. O número de feridos na faixa de Gaza foi de ó redor de 5.300 persoas (algúns deles con feridas moi graves, dos que algúns presentan queimaduras interpretadas como consecuencia da utilización de [[fósforo branco]]<ref>[http://www.youtube.com/watch?v=WV0ornsW2TU&feature=related Gaza - Lo que Israel no queria que vieramos], feridos hospitaliados a partir do minuto 3 e 30 segundos ('''ollo''': as imaxes poden feri-la súa sensibilidade).</ref><ref>[http://www.bbc.co.uk/mundo/internacional/2010/02/100201_0903_gaza_israel_fosforo_onu_pea.shtml Israel sancionó militares por uso de fósforo blanco], BBC Mundo {{es}}.</ref>). Outros datos<ref>[http://news.bbc.co.uk/2/hi/middle_east/7845428.stm Gaza: Humanitarian situation], BBC.</ref><ref>[http://news.bbc.co.uk/2/hi/middle_east/7838618.stm Gaza 'looks like earthquake zone'], BBC.</ref> do masacre falan de 4.000 fogares destruídos en Gaza, máis de 20.000 gravemente danados, 50.800 gazatís sen fogar e 400.000 sen auga corrente, ademais de aumenta-los traumas psicolóxicos nas crianzas<ref>[http://www.kaosenlared.net/noticia/historias-genocidio-gaza-nina-palestina-christine-murio-miedo Historias del genocidio en Gaza: La niña palestina Christine murió de miedo.]</ref>.
Liña 52:
A planificación da operación iniciárase seis meses antes, e incluíu unha campaña de desinformación para dar unha falsa sensación de seguridade a [[Hamas]] e provocar o meirande número de vítimas posibles co seu primeiro ataque aéreo<ref>[http://www.haaretz.com/hasen/spages/1050426.html Disinformation, secrecy and lies: How the Gaza offensive came about], Haaretz {{en}}.</ref><ref>[http://www.guardian.co.uk/world/2008/dec/29/israel-attack-hamas-preparations-repercussions Six months of secret planning - then Israel moves against Hamas], The Guardian {{en}}.</ref>.
 
O argumento empregado de xeito público polo goberno israelí é o do autoproclamado dereito á defensa, que está por riba de calquera resolución das Nacións Unidas<ref>[http://www.diariodirecto.com/internacional/2009/01/11/olmert-critica-comunidad-internacional-84026515483.html Olmert defiende Israel alegando que ningún país habría ejercido la misma contención contra Hamás], {{es}}.</ref>. Porén, xúntanse moitos intereses máis:
 
* Por unha banda a presión para derrotar a Hamas, quen detenta o poder na faixa de Gaza despois da vitoria nas eleccións de 2006, para evita-los lanzamentos de foguetes de fabricación artesá<ref>[http://www.bbc.co.uk/portuguese/reporterbbc/story/2008/12/081229_israel_analise.shtml Análise: Israel quer neutralizar Hamas, mas rendição é improvável], BBC Brasil {{Pt}}.</ref>. Isto mesmo confirmouno o viceprimeiro ministro israelí, Haim Ramon<ref>[http://www.diariolasamericas.com/news.php?nid=69096 El objetivo israelí en Gaza es la caída de Hamas], Diario Las Américas {{es}}.</ref>. As declaracións neste senso eran habituais dende había tempo. En febreiro de 2008, un ministro israelí, Matan Vilnai, chegou a dicir:
Liña 59:
 
* Tamén cómpre salienta-la proximidade das eleccións israelís, marcadas para o [[10 de febreiro]] de 2009. As enquisas pre-electorais daban a vitoria a un partido da oposición<ref>[http://zionism-israel.com/israel_news/2008/12/israel-election-polls-likud-30-32.html Israel Election Polls: Likud 30-32; Kadima 23-26; Labor 11-14], {{En}}.</ref>, o [[Likud]], cuxo candidato foi o ex-primeiro ministro [[Benjamin Netanyahu]]. Ademais presaxiábase un ascenso da ultradereita, especialmente de [[Yisrael Beiteinu]], liderado por [[Avigdor Lieberman]]. Tanto Yisrael Beiteinu coma o Likud avogaban por unha resposta moito máis contundente contra os palestinos (o propio Lieberman falara de lanzar unha bomba nuclear sobre Gaza)<ref>[http://www.lasextanoticias.com/noticia/gaza/merece/bomba/nuclear/378831 Gaza merece una bomba nuclear], lasextanoticias.es {{Es}}.</ref><ref>[http://www.maannews.net/en/index.php?opr=ShowDetails&Do=&ID=34924 Israeli politician calls for nuclear strike on Gaza], Ma'an News Agency {{En}}.</ref>. Por ese motivo hai quen aduce que a coalición gobernante, o [[Kadima]] (cuxa candidata era a ministra de relacións exteriores, [[Tzipi Livni]]) e mailo [[Partido Laborista de Israel|Partido Laborista]] (cuxo candidato era o ministro de defensa [[Ehud Barak]]), decidiu actuar con dureza á vista do seu desplome nas sondaxes para as próximas eleccións. Pouco antes do inicio da operación, as enquisas amosaban que unha maioría da poboación apoiaban unha operación militar en Gaza<ref>[http://www.imra.org.il/story.php3?id=41945 Poll after rockets slam into Israel: Israelis support military operation in Gaza 60%:23%], IMRA {{en}}.</ref>. Xa durante a operación militar, os partidos da coalición gobernante volvía a obter nas sondaxes mellores resultados<ref>[http://www.imra.org.il/story.php3?id=41998 Poll: Kadima and Labor jump since operation started Kadima 28 Labor 16 Likud 30 - Support operation 81%:12%], IMRA {{En}}.</ref>. A maioría da poboación israelí declaraba querer continuar coa operación ou extendela aínda máis, mentres que era unha minoría quen defendía unha tregua<ref>[http://www.haaretz.com/hasen/spages/1051852.html Poll: Most Israelis support continuing Gaza military op], Haaretz {{En}}.</ref><ref>[http://www.imra.org.il/story.php3?id=42091 5 Polls show radically different results for Likud and Kadima. 9.3% want ceasefire now], IMRA {{En}}.</ref>.
 
* Certa importancia puido te-la mudanza de goberno nos [[Estados Unidos de América]]. A ofensiva israelí encadrouse no período de transición anterior á toma de posesión de [[Barack Obama]] (sucedida o [[20 de xaneiro]] de 2009). A acción israelí pretendería, na opinión dalgúns, marcar unha posición de fortaleza fronte a un posible goberno menos partidario cara a Israel e máis aberto á solución dos dous Estados. Porén, o novo goberno estadounidense mantiña o seu forte apoio a Israel, expresado no nomeamento de [[Rahm Israel Emanuel]] como xefe de gabinete<ref>[http://www.mundoarabe.org/rahm_israel_emanuel.htm Obama elige a un pro-israelí de la línea dura como jefe de gabinete], mundoarabe.org {{es}}.</ref>. Durante o ataque israelí Obama evitou pronunciarse de ningún xeito<ref>[http://www.guardian.co.uk/commentisfree/2009/jan/04/obama-gaza-israel Obama is losing a battle he doesn't know he's in], The Guardian {{En}}.</ref>, mentres a Cámara de representantes estadounidense aprobaba unha resolución de apoio á ofensiva<ref>[http://ecodiario.eleconomista.es/eeuu/noticias/961695/01/09/La-Camara-de-Representantes-de-EEUU-tambien-apoya-la-ofensiva-de-Israel-en-Gaza.html], elEconomista.es {{Es}}.</ref>. Posteriormente á ofensiva, na visita de Hillary Clinton a Israel, renovouse o apoio ó estado hebreo, aínda que defendendo a opción dos dous estados<ref>[http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009030400_7_302516__Mundo-Clinton-renueva-apoyo-Israel-defiende-solucion-Estados Clinton renueva el apoyo de EE UU a Israel y defiende la ´solución´ de los dos Estados], Faro de Vigo {{Es}}.</ref>.