Chuvia, vapor e velocidade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m →‎Historia e características: Arranxos varios using AWB
Liña 13:
 
== Historia e características ==
Esta pintura foi exhibida por vez primeira na [[Royal Academy]] en [[1844]], aínda que puido ser pintada con anterioridade. A data é significativa porque os ferrocarrís eran aínda algo novo. A diferenza doutros pintores da época, que desprezaban a [[industrialización]] e non vían no progreso industrial temas merecedores de tratamento pictórico, Turner admiraba a técnica moderna e por iso pinta a locomotora máis moderna do seu xénero e a entón vangardista ponte de Maidenhead<ref name= BE>'''Bárbara Eschenburg e Ingeborg Güssow''', «El Romanticismo y el Realismo » en ''Los maestros de la pintura occidental'', Taschen, 2005, pág. 470, ISBN 3-8228-4744-5 </ref>.
 
O gran ferrocarril do Oeste (GWR, sigla do seu nome en [[lingua inglesa|inglés]]) foi un dunha serie de compañías de ferrocarril británicas privadas creadas para desenvolver este novo medio de transporte. O propósito do GWR foi inicialmente conectar [[Bristol]] con [[Londres]]; o seu enxeñeiro xefe era [[Isambard Kingdom Brunel]].
 
A localización da pintura é, segundo acéptase xeralmente, a ponte chamada ''Maidenhead Railway Bridge'', sobre o [[río Támesis]] entre Taplow e Maidenhead<ref name= MM> '''L. Cirlot''' (dir.), ''National Gallery'', Col. «Museos del Mundo», Tomo 1, Espasa, 2007. ISBN 978-84-674-3804-8, pp. 186-187</ref>. A vista está mirando cara ao leste, cara [[Londres]]. A ponte foi deseñada polo enxeñeiro Brunel e completada en [[1838]]. A liña dende Paddington en Londres a Taplow inaugurouse en [[1838]].
 
Turner realizou apuntes do natural e logo creou o cadro no seu obradoiro.
 
Pinta a un [[tren]] que corre ao longo das vías. A paisaxe está definida moi vagamente, como en moitas outras obras de Turner, feito que leva ao soado crítico [[Francesco Arcangeli]] a relacionar a obra do pintor co [[Expresionismo abstracto|informalismo]] de [[Jackson Pollock]].
 
Na súa tea recurriu a unha luz moi intensa que transmite máis a emoción que a realidade obxectiva. Así logra crear a atmosfera que pretende, máis que ofrecer unha representación [[verismo|verídica]].<ref name= MM/> A través de empastes lógrase reflectires o fume do ferrocarril e o mesmo aire.
Liña 27:
Os elementos sólidos (o tren, a ponte) apenas están insinuados, desaparecen na atmosfera neblinosa e irreal do cadro. Difuminanse e mesturan a neblina que exhala a auga, a choiva que pon un veo ante o ceo e o vapor da locomotora.<ref name= BE />
 
Turner empregaba unha técnica particular coa que obtiña efectos lumínicos cambiantes.<ref name= MM/> Aplicaba as cores rabuñándoos ata extraer esquemáticamente do fondo as formas figurativas.<ref name= BE /> Co súa particular técnica obtivo unha textura inconfundible.<ref name= MM/>
 
== Notas ==