Jan Hus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Jan hus 1.jpg|miniatura|Retrato de Jan Hus.|200px]]
 
'''Jan Hus''', tamén coñecido como '''Jan de Hussenitz''', nado en [[Hussenitz]] ([[Bohemia do Sur]]) en [[1370]] e morto en [[Constanza]] ([[Alemaña]]) o [[6 de xullo]] de [[1415]], foi un teólogo, filósofo, reformador e predicador bohemio, que se desempeñou como mestre na [[Universidade Carolina]] de [[Praga]]. Os seus seguidores coñécense como [[Husitas]].
 
== Infancia ==
Fillo dun campesiño pobre que morreu de xeito temperán, foi criado con moitísimo esforzo pola súa nai. A súa piedade e fervor relixioso manifestáronse nel dende a súa nenez, pois participou como monaguillo e cantou no coro da igrexa. As lecturas piadosas apaixoábanlle. Certa noite que lía a vida de [[Lourenzo (mártir)|San Lourenzo]] preto da cheminea, achegou a súa man ao lume para probar ata onde sería capaz de soportar os tormentos que Lourenzo sufrira.
 
Déuselle a mellor educación que permitían as súas circunstancias; e tendo adquirido un bo coñecemento dos clásicos nunha escola privada na provincia de Bohemia onde adquiriu o titulo de Bacharel en Divindade en [[1398]], admitírono na [[Universidade de Praga]] por caridade, onde axiña deu probas da súa capacidade intelectual, e onde se destacou pola súa dilixencia e aplicación ao estudo.
 
== Carreira ==
[[Ficheiro:Spiezer Chronik Jan Hus 1485.jpg|miniatura|esquerda|Martirio de Jan Hus.]]
 
Hus foi ordenado sacerdote en [[1400]] e nomeado predicador, primeiro na '''Igrexa de San Miguel''' e logo na Capela de Belén en [[1402]], onde se predicaba exclusivamente en checo. Alí fustigaba a relaxación moral do clero. Participou no movemento político-social xurdido da escola de predicadores de Milia de '''Kromeriz''', que defendían un retorno ao cristianismo primitivo e oposición á xerarquía. En [[1401]] obtivo o cargo de Decano da Facultade de Arte e Filosofía, e para [[1409]] foi nomeado rector da [[Universidade de Praga]].
 
Hus impulsou desde [[1408]] un movemento cristián baseado nas ideas de [[John Wycliff]]. Os seus seguidores foron chamados ''[[Husitas]]'' e multiplicáronse en momentos nos que a [[Igrexa Católica]] sufría a crise do chamado [[Cisma de Occidente]], cando exercían dous papas, aos que en 1409 agregouse un terceiro, [[Alexandre V, antipapa|Alexandre V]], que condenou o movemento husita e excomungou a Jan Hus. Convocado o [[Concilio de Constanza]] co fin de reunificar á Igrexa católica, Hus acudiu a defender os seus puntos de vista, pero foi condenado alí a morrer na fogueira e o [[6 de xullo]] de [[1415]] foi queimado vivo.
 
Antes de ser queimado, Hus dixo as seguintes palabras ao verdugo: "Vas asar un ganso (hus significa ganso en lingua bohemia), pero dentro dun século atoparaste cun '''cisne''' que non poderás asar." Adóitase identificar a [[Martiño Lutero]] con esta profecía (102 anos despois cravou as súas [[As noventa e cinco teses|95 teses]] en [[Wittenberg]]), e comunmente adoitaselle identificar cun [[cisne]].
 
[[Ficheiro:Prague hus statue.jpg|miniatura|250px|Monumento a Jan Hus na praza da Cidade Vella, [[Praga]].]]
 
Hus foi un precursor do [[protestantismo]]. Os seus escritos gañáronlle un lugar importante na literatura checa. Jan Hus estudou na escola de [[Latín]] en Praga e grazas a isto introduciu os símbolos [[diacrítico]]s na escritura da [[lingua checa]], especialmente o "[[caron|háček]]" co que cada son podía ser escrito mediante un único símbolo e se simplificaba a escritura.
 
A Jan Hus dedicóuselle un conxunto escultórico na Praza da Cidade Vella (''Staroměstské náměstí'') de Praga.
 
{{cita|"[...] Hus é unha figura memorable por moitas razóns, pero sobre todo a súa valentía moral ante as adversidades e a morte... Sento o deber de expresar a miña profunda pena pola cruel morte inflixida a Jan Hus e pola consiguiente ferida, fonte de conflitos e divisións, que se abriu dese xeito na mente e no corazón do pobo bohemio".<ref>{{cita web |url=http://www.vatican.va/holy_father/john_paul_ii/speeches/1999/december/documents/hf_jp-ii_spe_17121999_jan-hus_en.html |título=Address of the Holy Father to an international symposium on John Hus |data=17 de decembro de 1999 |autor=Xoán Paulo II |editor=Vatican.va |dataacceso=6 de marzo de 2014 |lingua=inglés |cita=Hus is a memorable figure for many reasons. But it is particularly his moral courage in the face of adversity and death [...] I feel the need to express deep regret for the cruel death inflicted on John Hus, and for the consequent wound of conflict and division which was thus imposed on the minds and hearts of the Bohemian people.}}</ref>|[[Xoán Paulo II]]}}
Liña 34:
* [http://www.czech.cz/es/chequia/historia/todo-sobre-la-historia-checa/el-movimiento-husita-y-el-legado-de-juan-hus/ "O movemento husita e o legado de Jan Hus"], artigo en www.czech.cz {{es}}.
 
{{ORDENAR:Hus, Jan}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Hus, Jan}}
[[Categoría:Escritores da República Checa]]
[[Categoría:Nados na República Checa]]