Plasencia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
→‎Clima: cadro clima, da wikipedia en castelá
m Arranxos varios using AWB
Liña 7:
 
== Xeografía ==
Plasencia está situada no norte da provincia, no curso inferior do [[río Jerte]], exercendo de capial da comarca do seu [[Val do Jerte|val]]. A unha altitude de 352 m, áchase rodeada dos contrafortes da [[serra de Gredos]], sobre a [[falla de Alentexo-Extremadura]]. Dista algo máis de 83  km de Cáceres, de 126  km de [[Salamanca]] e de 245 de [[Madrid]]. O seu termo municipal cubre unha área de 218  km².
 
=== Clima ===
Liña 95:
Plasencia foi fundada durante a época medieval, en plena expansión do [[reino de León|reino leonés]] en [[1186]], polo monarca [[Afonso VIII de Castela|Afonso VIII]]. Dous anos despois, en [[1188]], foi dotada de sé episcopal. Apenas dez anos despois, os [[almohades]], dirixidos por [[Aben Yusef]] tomárona, aínda que a reacción cristiá no ano seguinte logrou recuperar a praza, de novo con Afonso VIII, que mandou fortificar as murallas en [[1201]]. En 1262, o rei [[Afonso X o Sabio]] concedeulle carta foral. No século XIII iniciouse a construción do que hoxe se coñece como Catedral Vella, sob a dirección de [[Gil de Cislar]].
 
Durante case os 250 anos seguintes foi cidade de reguengo, até que en [[1442]] o rei [[Xoán II de Castela]] a cedeu a [[Pedro de Zúñiga]], que foi nomeado [[conde de Plasencia]]. En 1446, o bispo [[Juan de Carvajal]] creou un Estudo de Humanidades. En [[1488]] tornou á Coroa, a petición do seu concello, descontento co señorío dos Zúñiga.
 
Plasencia contaba desde a súa fundación cunha xudería importante. A presenza de hebreos na localidade está testemuñada en varios artigos da súa carta foral. En 1474, segundo se desprende do Repartimento de cargas impostas ás alfamas xudeas de Castela, aínda que polo monto era superada por [[Béjar]], [[Trujillo, Cáceres|Trujillo]] ou [[Guadalaxara, España|Guadalaxara]], Plasencia con 5.000 morabedís de carga, superaba a [[Salamanca]], [[Sevilla]], [[León, España|León]] ou [[Burgos]], e a moitas outras cidades. Compre lembrar que a contribución de PLasencia era conxuntamente con [[Galisteo]] e [[Aldeanueva del Camino]] (pero o mesmo acontecía noutros lugares (Béjar, p.ex., pagaba con [[Hervás]]). Dunha relación de xudeos placentinos feita a partir de datos recollidos en documentación dispersa, resulta que eran en boa medida xentes con oficios artesanais: tecedores, ferreiros, zapateiros, mesoneiros; había en total máis de 100 familias israelitas. En [[1492]], como sucedeu no resto de España, víronse obrigados a deixar a cidade, a causa da expulsión decretada polo [[Reis Católicos]], pasando para [[Portugal]]. A súa sinagoga, con casas e currais adxuntos, estaba sita na desaparecida igrexa de Santa Isabel (que así foi cristianizada, precisamente en honra da raíña católica); o predio pasou a ser propiedade do cabido catedralicio, que cobraba un censo perpetuo de 3.100 marabedís anuais por el. O seu cemiterio comprouno, en 400 reais, o daián Diego de Jerez<ref>Cfr. Fidel Fita, ''Informe: Monumentos hebreos'', in Boletín Real Acad. Historia, tomo L, 1907, páxs. 93-96; ver tamén do mesmo autor, ''Variedades: Epígrafes hebreos de Béjar y Salamanca'', op. cit., páx74</ref>.
Liña 108:
Plasencia foi unha cidade medieval amurallada, con muros que datan do século XII. Aínda se conservan 20 torres e 7 das portas, amén de bastantes tramos da mesma cerca. As portas máis sonadas son a do Sol e a de Trujillo, ambas do XV.
 
O núcleo antigo está situado sobre un outeiro que circunvala o [[río Jerte]] polo sur e suroeste. O centro da vida actual xira en torno á "Plaza Mayor", que está localizada no medio do recinto. Desde esta, seguindo a curva de nivel paralela ao río chégase á "Plaza de la Catedral" que está moi próxima, e desde esta, seguindo o mesmo sentido, alcánzase a "Plaza de San Vicente Ferrer". En dirección oposta alcánzase a "Plaza de Santa Ana".
 
No entorno da ''Praza Maior'', centro vital da vila, con mercado popular os martes de cada semana, encontra un de seguido:
Liña 148:
* San Fulxencio, 16 de xaneiro, patrón da cidade.
* [[Semana Santa]].
* Romaría da Virxe do Porto, no domingo seguinte a [[Pascua cristiá|Pascoa]], que se celebra nun santuario a 5 &nbsp;km da cidade, na [[Dehesa de Valcorchero]].
* Martes Maior, no primeiro martes do mes de agosto, conmemora os oito séculos que a cidade leva celebrando mercado tal día da semana.