Coroa de Castela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-Granada +Granada)
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
{{País desaparecido
|nome_oficial = Corona de Castilla</br />Coroa de Castela
|nome_completo =
|nome_curto =
Liña 47:
Coa morte de Beatriz da Suabia en [[1235]], Fernando casou pola segunda vez en [[1237]] con [[Xoana d'Aumale]], [[condesa]] de [[Ponthieu]] ([[1210]]-[[1279]]), filla de [[María de Belleme]], señora de Ponthieu, e de Simón Dammartin, conde d'[[Aumale]].
 
Os reis da Coroa de Castela (Juana I) posuían os títulos de 'Rei de Castela, León, Navarra, Granada, Toledo, Galicia, Murcia, Xaén, Córdoba, Sevilla, os Algarves, [[Alxeciras]] e Xibraltar e das illas de Canaria e das Indias e illas e Terra Firme do mar Océano e Señor de Biscaia e Molina''. <ref name = Títulos /> O seu herdeiro portaba o título de '[[Príncipe de Asturias]]'.
 
==== Unificación das Cortes ====
Liña 110:
Fernando continúa a política de expansión de ambas as dúas coroas, Castela cara ao Atlántico e Aragón cara ao Mediterráneo. En [[1508]] conquístase [[La Gomera]] para Castela, entre [[1509]] e [[1511]] conquístase [[Orán]], [[Burgia]] e [[Trípoli (Libia)|Trípoli]] e sométese a [[Alxer]]. En [[1515]] tómase [[Mers el-Kebir]]. Ao morrer [[Gastón II de Narbona|Gastón de Foix]], os seus dereitos sucesorios ao [[Reino de Navarra]] pasaban a mans de [[Xermana de Foix]], esposa de Fernando.
Utilizando estes presuntos dereitos sucesorios, o [[Tratado de Blois (1512)|Tratado de Blois]] asinado polos reis de [[Reino de Navarra|Navarra]] con Francia en [[1512]], e con axuda dos navarros [[beaumonteses]], Fernando [[Conquista de Navarra#La invasión|ocupa o Reino de Navarra]] con tropas castelás, uns 20.000 soldados ben equipados baixo as ordes do [[Fadrique Álvarez de Toledo e Enríquez de Quiñones|Duque de Alba]] e ademais, Fernando tamén ten o apoio do seu fillo, o arcebispo de Zaragoza con máis de 3.000 homes que asediarán Tudela, onde houbo unha forte resistencia.
As Cortes de Aragón e a propia cidade de Zaragoza non lle deron autorización ata principios de setembro, tras proclamarse a [[bula]] Papal [[Pastor Ille Caelestis]], e cando xa quedaban poucas resistencias no Reino. En 1513, Fernando é recoñecido como rei de Navarra polas Cortes navarras (ás que só asistiron beaumonteses). Entre 1512 e 1515 Navarra forma parte da Coroa de Aragón.<ref>Spain under the Habsburgs. Volume one: From Nation State to World Empire. John Lynch.</ref > Finalmente, en [[1515]] nas Cortes de Castilla reunidas en [[Burgos]] declárase a anexión do territorio. A esta reunión non acudiu ningún navarro.<ref>Tomás Urzainqui Mina. "Navarra Estado europeo" pg. 264; ISBN 84-7681-397-X</ref>
 
Á morte de Fernando en [[1516]], sucédeo como rexente o Cardeal [[Gonzalo Jiménez de Cisneros]] para pasar as dúas coroas ao seu neto, fillo de Xoana e Filipe: o futuro [[Carlos I de España|Carlos I]].
Liña 128:
airadas protestas nas Cortes, que rexeitan a presenza de estranxeiros nas súas deliberacións. A pesar das ameazas, as Cortes (lideradas por [[Juan de Zumel]], representante por Burgos) resisten e conseguen que o rei xure respectar as leis de Castela, quitar de postos importantes os estranxeiros e aprender a falar castelán. Carlos, tras o seu xuramento, consegue unha subvención de 600.000 ducados.
 
Carlos I é consciente de que ten moitas opcións para ser emperador e necesita impoñerse na Coroa de Castela e acceder á súa riqueza para o seu sono imperial. Castela era un dos territorios máis dinámico, rico e avanzado da Europa do [[século XVI]], e comeza a darse conta de que pode quedar inmersa nun imperio, isto xunto á falta á súa promesa por parte de Carlos, fai que a hostilidade cara ao novo rei aumente. En [[1520]] convócanse ás Cortes en [[Toledo]] para outra subvención (o servizo), que as Cortes rexeitan. Vólvense convocar [[Santiago de Compostela|Santiago]] co mesmo resultado. Finalmente convócanse na [[A Coruña|Coruña]], subórnase un importante número de representantes, a outros non se lles permite a entrada, e consegue que lle aproben o servizo. Os representantes que votaron a favor son atacados polo pobo castelán e as súas casas queimadas. As Cortes non serán a única oposición coa que se atopará Carlos, pois ao saír de Castela en [[1520]], deixando como rexente o seu antigo preceptor, o cardeal [[Hadriano VI|Hadriano de Utrech]], estala a [[Guerra das Comunidades de Castela]]. Os 'comuneiros' foron derrotados un ano máis tarde ([[1521]]).
 
A guerra en Navarra reproduciuse varias veces nos anos seguintes á morte de Fernando o Católico, debido aos intentos de reconquista dos reis navarros, axudados polo [[Reino de Francia]]. Un destes intentos aconteceu nada máis acceder ao trono Carlos I, en [[1516]], mais axiña foi atallado. O máis importante produciuse en [[1521]], onde ademais da entrada de tropas polo norte se produciu un apoio da poboación navarra (incluída a [[beaumontesa]]), cunha sublevación xeneralizada que levou a expulsar o exército castelán de todo o territorio navarro. Seguidamente Carlos I enviou un exército de 30.000 homes ben abastecidos, que en pouco tempo e tras a cruenta [[Batalla de Noáin]] devolveu o control da maioría do territorio navarro a Castela. Aínda quedaron dous focos de resistencia posteriores, no [[Castelo de Maia]] en [[1522]] e no de [[Asedio da fortaleza de Hondarribia|Hondarribia]] en [[1524]], ademais de na [[Baixa Navarra]], onde as incursións castelás eran inestables. Finalmente, en [[1528]], Carlos I retiraríase do territorio de [[Baixa Navarra]] ao non poder defendelo eficazmente, e abandonando as súas pretensións sobre el, e sen que existise ningún tratado formal entre os reis de Navarra e Carlos I.