Setembro Negro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 34 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q152211
m →‎Historia e características: Arranxos varios using AWB
Liña 2:
 
== Historia e características ==
Tivo nexos con diversos grupos dentro da [[OLP]], principalmente con [[Al-Fatah]],<ref>"Houbo un problema de cohesión interna entre a OLP e Al-Fatah, con extremistas que demandaban cada vez máis militancia. Os moderados aparentemente accederon á creación de Setembro Negro para sobrevivir" ([[Benny Morris]], ''Righteous Victims: A History of the Zionist-Arab Conflict, 1881-2001.'' Vintage Books, 2001. p. 379).</ref> por entón dirixida por [[Yasser Arafat]], e máis tarde co [[FPLP]].
 
O nome "Setembro Negro" provén dos acontecementos que enfrontaron a combatentes palestinos co exército [[Xordania|xordano]] en setembro de [[1970]] (''véxase [[Setembro Negro (historia)]]''). A primeira acción do grupo foi o asasinato do Primeiro Ministro de Xordania, [[Wasfi Tall]], o [[28 de novembro]] de [[1971]]. Wasfi Tall foi clave para a expulsión dos combatentes palestinos de Xordania en 1970-1971.
 
O seu acto máis coñecido foi o [[Masacre dos Xogos Olímpicos de Múnic|Masacre de Múnic]], nome que se lle deu ao secuestro e asasinato de once atletas [[israel]]itas durante os [[Xogos Olímpicos de 1972]]. No acto ademais perderon a vida cinco membros de Setembro Negro e un policía alemán.
 
Outros actos atribuídos a Setembro Negro son o intento de asasinato contra o embaixador xordano en [[Londres]] (decembro de [[1971]]), o sabotaxe dunha instalación eléctrica [[Alemaña Occidental|alemá occidental]] e dunha planta de gas [[Países Baixos|holandesa]] (febreiro de [[1972]]), o secuestro dun avión comercial belga que voaba desde [[Viena]] a [[Tel Aviv]] (maio de [[1972]]) e o atentado contra a embaixada [[Arabia Saudita|saudita]] en [[Sudán]], que custou a vida a 3 persoas, entre elas o embaixador dos [[Estados Unidos de América]] (marzo de [[1973]]).
 
Logo deste último atentado, a organización foi desmantelada ao parecer debido a presións da OLP (que viu que os actos terroristas non facían máis que prexudicar a causa palestina) e os asasinatos do [[Mossad]], en operación coñecida como [[Cólera de Deus]], que acabaron coa vida de moitos líderes desta organización.
 
A partir de 1974, outras agrupacións como [[Abu Nidal]] e o [[Fronte Popular para a Liberación de Palestina]] (FPLP) comezaron a relacionar o nome Setembro Negro con algúns dos seus propios actos; con todo, o máis probable é que estes grupos non tivesen nada que ver coa organización orixinal.
 
== Notas ==