Bandeira de Xalisco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Marrovi (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Historia: Arranxos varios using AWB
Liña 22:
Non se coñecen bandeiras anteriores ó [[Nova Galicia|Reino de Nova Galicia]], que foi fundado sobre o ano [[1532]], e foi un dos elementos constitutivos territoriais do vicerreinado de [[Vicerreinado de Nova España|Nova España]], adquirindo unha ampla autonomía interna en 1574 baixo autorización real dada polo emperador [[Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Carlos V]], agás por un breve período de [[1588]] a [[1591]].
 
Trala [[independencia de México]], [[Prisciliano Sánchez]], gobernador do Estado entre [[1825]] e [[1826]], propón unha bandeira de transición para o estado de Xalisco, a cal consta de tres franxas horizontais, en cor azul mariño na superior e inferior e en ouro na central; cunha disposición superior 3/10, central 4/10 e inferior 3/10.
 
No ano 2001, Manuel Rodríguez Villegas propuxo unha bandeira para o estado de Xalisco, recuperando a vella bandeira de Prisciliano Sánchez, que constaba de dúas franxas azuis e unha franxa de ouro co escudo do estado no centro, bandeira que se asemellaba á [[bandeira da Segunda República Española]]. Porén, no ano 2004, o arxentino Luis Havas, residente na cidade de Guadalaxara, propuxo unha nova bandeira, con dous campos, un azul e outro de ouro, divididos polo escudo do estado e que foi finalmente aceptado como bandeira oficial.