Antonio Tejero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
'''Antonio Tejero Molina''', nado en [[Alhaurín el Grande]] ([[provincia de Málaga|Málaga]]) en [[1932]], é un ex-tenente coronel da [[Garda Civil]]. Foi un dos principais xefes do [[golpe de estado]] frustrado do [[23 de febreiro]] de [[1981]] en [[España]], popularmente coñecido como [[Golpe de estado do 23 de febreiro de 1981|23-F]].
 
== Golpe de estado ==
Xa fora procesado en [[1979]] por un intento de golpe de estado coñecido como ''[[Operación Galaxia]]''. Por este feito foi condenado a sete meses de cárcere.
 
Nunha carta aberta ao rei [[Xoán Carlos I]] publicada no xornal ''[[El Imparcial (España, 1979)|El Imparcial]]'' con anterioridade ao 23-F argumentou que "...no proxecto de [[Historia do constitucionalismo español|Constitución]] hai demasiadas bandeiras facendo sombra á única e neste proxecto non van incluídos algúns valores polos que cremos paga a pena arriscar as nosas vidas. Nel non están os nosos mortos".
 
A tarde do 23-F, ao mando duns 200 gardas civís asaltou o [[Congreso dos Deputados]], que neses momentos celebraba a sesión de investidura como [[Lista de presidentes de España|Presidente do Goberno]] de [[Leopoldo Calvo Sotelo]]. Secuestrou a todos os deputados ata as 10 da mañá do [[24 de febreiro]] de [[1981]], cando se entregou ao fracasar o intento de [[golpe de estado]].
 
En principio Tejero pensaba apoiar coa toma do Congreso co obxectivo de axudar ao xeneral [[Alfonso Armada Comyn|Alfonso Armada]] a tomar o poder como presidente dun ''Goberno de salvación nacional'' pero cando este último comunicoulle os seus plans de que no devandito goberno houbese representantes de tódolos partidos (incluídos [[PSOE|socialistas]], [[PCE|comunistas]] e [[Nacionalismo|nacionalistas]]), sublevouse contra o seu superior e continuou actuando pola súa conta.
 
=== Prisión e últimos anos ===
Liña 24:
 
{{ORDENAR:Tejero Molina, Antonio}}
 
[[Categoría:Militares de España]]
[[Categoría:Nacionalismo español]]