Abeto de Douglas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m →‎Descrición: Arranxos varios using AWB
Liña 33:
É unha árbore de [[folla perenne]] e monoica. Adoita chegar aos 75 m de altura, aínda que existen exemplares de ata 100 metros. Está considerada como unha das [[árbore]]s máis altas do mundo. O abeto máis alto de que se ten constancia era coñecido como "Mineral Tree". Medrou preto de Mount Rainier, en [[Estado de Washington|Washington]]; tiña 1020 anos de idade e 119,8 m de altura, e caeu en 1930. Na actualidade o máis alto é o abeto "Brummit", descuberto en 1991 en Coos County, no Estado de [[Oregon]]. Mide 100,27 m de altura e 3,5 m de diámetro, e ten un volume de 296,63 m³.
 
A súa [[cortiza]] é grosa, máis ou menos profundamente fendida e de cor marrón avermellada. As follas son acículas flexibles e acanaladas na face, de 2 a 3  cm de lonxitude e de cor verde escura, cun forte olor a [[limón]] ou mandarina ao fretar. As inflorescencias masculinas son verde-amareladas e as femininas verdosas ou vermellas. Piña grande, de cor marrón clara e con brácteas que sobresaen entre as escamas.
 
== Usos ==