Fernando Torres: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 73:
'''Fernando José Torres Sanz''', nado en [[Fuenlabrada]] ([[Comunidade de Madrid|Madrid]]) o [[20 de marzo]] de [[1984]] é un [[fútbol|futbolista]] [[España|español]] que xoga na posición de [[Posicións no fútbol|dianteiro]].
 
Tamén xoga na [[selección de fútbol de España]], coa que gañou a [[Copa Mundial de Fútbol]] en [[Mundial de Fútbol Suráfrica 2010|2010]] e as [[Eurocopa]]s de [[Eurocopa de Fútbol Austria/Suíza 2008|2008]] e [[Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012|2012]], un triplete inédito na historia do fútbol.<ref>{{Cita web|url=http://www.marca.com/eventos/marcador/futbol/2012/eurocopa/final/spa_ita/|título=España reescribe a historia|editor=[[Marca (xornal)|Marca]] |data=1 de xullo de 2012}}</ref> Marcou o único gol da vitoria na final da [[Eurocopa de Fútbol Austria/Suíza 2008|Eurocopa 2008]] e tamén marcou un e asistiu outro dos catro goles na final da [[Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012|Eurocopa 2012]], na que recibiu, con tres goles, a Bota de Ouro ao máximo goleador da competición.<ref>{{Cita web|url=http://futbol.as.com/futbol/2012/07/01/eurocopa/1341178211_349992.html |título=Torres, Bota de Ouro da Euro |editor=[[As (xornal)|As]] |data= 2 de xullo de 2012}}</ref>
 
== Traxectoria ==
Comezou a xogar na canteira do [[Club Atlético de Madrid|Atlético de Madrid]] cando tiña dez anos e debutou en primeira división do fútbol español co seu equipo o [[1 de setembro]] de [[2002]] no [[Camp Nou]], empatando co [[FC Barcelona]] 2-2. No club madrileño estivo xogando cinco tempadas consecutivas, onde obtivo unha media de 15 goles e un récord de 23 goles por tempada en [[2003]]-[[2004|04]].
 
O seu debut como internacional foi o [[6 de setembro]] de [[2003]] no partido [[selección de fútbol de Portugal|Portugal]] 0 - 3 [[selección de fútbol de España|España]]. Torres participou na [[Copa Mundial de Fútbol de 2006]].
 
En [[2007]] ficha polo [[Liverpool FC]], por 36 millóns de [[euro]]s, co que se converte na fichaxe máis cara nos 150 anos de historia do club inglés e a máis cara da tempada [[2007]]/[[2008]] en [[Europa]]. O [[16 de xullo]] debuta co [[Liverpool FC]] nun amigable ante o [[Werder Bremen]] (3-2 para os ''Reds''). O [[11 de agosto]] debuta oficialmente co [[Liverpool FC]] no partido de liga [[Aston Villa]]-[[Liverpool FC]] (1-2).
 
No inverno da tempada [[2010]]/[[2011]] vai para o [[Chelsea FC]], custando a súa fichaxe 56 millóns de euros.
Liña 307:
{{Equipo español campión europeo en Austria e Suíza 2008}}
 
{{ORDENAR:Torres, Fernando}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Torres, Fernando}}
[[Categoría:Nados en 1984]]
[[Categoría:Nados en Fuenlabrada]]