Ergotismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxiño
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
{{Aviso médico}}
[[Ficheiro:Rogge moederkoren Claviceps purpurea on Secale cereale.jpg|miniatura|dereita|250px|Cornizó do centeo]]
O '''ergotismo''', denominado no uso coloquial como "fogardente", "lume ardente" ou "lume de San Antón", é unha enfermidade causada pola inxesta de alimentos contaminados por [[micotoxina]]s (toxinas producidas por fungos parasitos), ou por abuso de medicamentos que conteñan esta mesma substancia. A orixe máis común está no consumo accidental do [[cornizó]] ou caruncho (''Claviceps purpurea'') que contamina o [[centeo]] e, moito menos frecuentemente, a [[avea]], o [[trigo]] ou a [[cebada]], e consecuentemente, o [[pan]] que se fabrica con estes cereais.
 
== Historia ==
Liña 11:
 
== Cadro clínico ==
As substancias activas nas micotoxinas son todos [[alcaloide]]s derivados do [[ácido lisérxico]].
 
A intoxicación preséntase baixo dúas formas clínicas:
* '''Tipo gangrenoso''': con [[inflamación]] dolorosa das extremidades, formigueo, sensación de frío e fenómenos vasoconstritores, que poden conducir á [[necrose]] dos tecidos e a aparición de [[gangrena]] nas extremidades, principalmente, con posible perda de dedos, mans ou pés.
* '''Tipo convulsivo''': con convulsións, axitación mental, delirio e perturbacións sensoriais. A intoxicación pode traducirse en [[alucinación]]s <ref>Isto deu lugar á cuestión case lendaria do "pan da tolemia" e dos [[Misterios eleusinos]]. </ref>.
 
O frío intenso e repentino en todas as extremidades é un dos síntomas iniciais, para converterse nunha queimazón aguda (de aí os nomes populares de ''lume ardente'', ''lume de San Antón''<ref>Por coincidir co San Antón de verán, o 13 de xullo.</ref> e outros). Moitas vítimas lograban sobrevivir pero quedaban mutiladas: podían chegar a perder todas as extremidades. Nas mulleres embarazadas producía invariablemente [[aborto]]s.
Liña 23:
== Epidemioloxía ==
[[Eladio Rodríguez González|Eladio Rodríguez]] deixounos esta descrición:
{{Cita|'''Fogo de San Antón''', ''enfermedad epidémica que hizo grandes estragos en los siglos XI al XVI y que consistía en un ardor cutáneo abrasador y en dolores intolerables, acompañados de una especie de gangrena generalmente mortal. A veces ennegrecía, secaba la piel, extendíase por todo el cuerpo y terminaba por hacer desprenderse las carnes y los huesos''.}}
 
De feito, durante a [[Idade Media]] as intoxicacións por ergotismo eran tan frecuentes que se crearon hospitais onde os frades da orde de San Antón se dedicaban en exclusiva a coidar destes enfermos. Estes frades levaban hábito escuro cun gran T azul no peito.
 
A última intoxicación colectiva de ergotismo sucedeu en [[Francia]] na aldea de [[Pont-Saint-Esprit]] o ano [[1951]].