Sheldon Lee Glashow: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Biografía: arraxiño
m Arranxos varios using AWB
Liña 17:
|notas =
}}
'''Sheldon Lee Glashow''', nado en [[Nova York]] en [[1932]], é un [[Física|físico]] e catedrático [[EUA|norteamericano]] galardoado co [[Premio Nobel de Física]] no ano [[1979]].
 
== Biografía ==
Naceu o [[5 de decembro]] de [[1932]] na vila de [[Nova York]], fillo de inmigrantes [[Rusia|rusos]] de tradición [[xudaísmo|xudía]]<ref>{{cita web|url=http://www.britannica.com/eb/article-9036986/Sheldon-Lee-Glashow |título = "Sheldon Lee Glashow" - Britannica Encyclopaedia (britannicaonline.com)}}</ref>. Estudou no ''Bronx High School of Science'', onde coñeceu a [[Steven Weinberg]], e posteriormente licenciouse en [[Física]] no ano [[1954]] na [[Universidade de Cornell]]. En [[1959]] conseguiu o doutoramento na [[Universidade Harvard]] baixo a supervisión de [[Julian Schwinger]], e ampliou os seus estudos no [[Instituto Niels Bohr]] de [[Copenhague]], o [[CERN]] e no [[Instituto Tecnolóxico de California]].
 
Entre [[1982]] e [[1984]] Glashow foi profesor de física na [[Universidade de Houston]], e desde aquel ano é o da [[Universidade de Boston]].
 
== Investigacións científicas ==
Xunto a [[Steven Weinberg]] e [[Abdus Salam]] desenvolveu a teoría da [[interacción electrodébil]] pola cal o [[electromagnetismo]] e a [[Interacción nuclear débil]] son, baixo certas condicións, unha mesma e única interacción. Grazas a estes traballos púidose comprobar como esta teoría era aplicable a todas as [[Partícula elemental|partículas]] e non tanto só aos [[leptón]]s.
 
En [[1979]] Glashow, xunto con [[Steven Weinberg]] e [[Abdus Salam]], serían galardoados co [[Premio Nobel de Física]] ''polos seus traballos sobre a Interacción electrodébil''.
 
Posteriormente estudou a relación [[materia]]/[[antimateria]], os [[neutrino]]s e realizou tamén varios tests de comprobación da [[relatividade especial]] descrita por [[Albert Einstein]]. Así mesmo destaca por ser un dos científicos máis escépticos da [[teoría das supercordas]], que intenta explicar á vez todas as [[partícula subatómica|partículas subatómicas]] existentes e unificar todas as forzas da natureza.
 
== Véxase tamén ==