Historia da China: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m elimino a Categoría:China mediante HotCat
m Arranxos varios using AWB
Liña 27:
=== Dinastía Xia ===
''Véxase artigo principal: [[Dinastía Xia]]''
 
 
Segundo as [[Memorias históricas]] de [[Sima Qian]], a primeira dinastía china foi a dinastía Xia, que se prolongaría dende arredor do ano [[-2100|2100 a. C.]] até arredor do [[-1600|1600 a. C.]], e tería ocupado o curso medio do Río Amarelo. Os nomes dos reis da dinastía son nomeados por Sima Qian cos anos de reinado de cada un. Debe terse en conta, en todo caso, que Sima Qian escribiu a súa obra máis de quince séculos despois da existencia da dinastía, polo que os seus datos, baseados nas tradicións que chegaron a esa época, deben tomarse con cautela. Nin sequera hai probas concluíntes de que existise a dinastía Xia.
Liña 36 ⟶ 35:
''Véxase artigo principal: [[Dinastía Shang]]''
 
O rexistro máis antigo do pasado da [[China]] data da Dinastía Shang, posibelmente no [[Século -XIII|século XIII a.C.]], na forma de inscricións en ósos ou caparazóns de animais. Esta dinastía tivo a súa capital na cidade de [[Yin Xu]], hoxe [[Patrimonio da Humanidade|Patrimonio Mundial da UNESCO]].
 
Os historiadores chineses de períodos posteriores habituaranse á noción de que unha dinastía sucedía a outra, mais sábese que a situación política na China primitiva era moito máis complexa. Algúns académicos suxiren que os [[Dinastía Xia|xias]] e os shangs tal vez fosen entidades políticas que coexistiran, da mesma maneira que os zhous foran contemporáneos dos shangs.
Liña 48 ⟶ 47:
''Véxase artigo principal: [[Período das Primaveras e dos Outonos]]''
 
No [[Século -VIII|século VIII a.C.]], o poder político tornouse descentralizado, durante o chamado Período das Primaveras e dos Outonos, cuxo nome provén dos Anais das Primaveras e dos Outonos. Naquel período, xefes militares locais empregados polos zhous comezaron a disputar a [[hexemonía]]. A situación agravouse coa invasión de outros pobos a partir do nordeste, como os qins (ou chins), o que forzou aos zhous a mover a súa capital ao leste, para [[Luoyang]]. Isto marca a segunda grande fase da Dinastía Zhou: os zhous orientais. En cada un das centenas de Estados que xurdiran, potentados locais detiñan á maior parte do poder político e súa servidume aos reis zhous era apenas nominal.
 
[[Ficheiro:China_Warring_States_Period.jpg|miniatura|Os Reinos Combatentes.]]
Liña 60 ⟶ 59:
''Véxase o artigo principal: [[Dinastía Qin]]''
 
Os historiadores acostuman denominar como a China Imperial ao período entre o inicio da [[Dinastía Qin]] ([[Século -III|século III a.C.]]) e a fin da [[Dinastía Qing]] (no comezo do [[século XX]]).
 
O rei dos Qin funda unha nova dinastía e toma para si o novo nome de 皇帝 (huángdì), de connotacións relixiosas, que traducimos ao galego por "emperador". A partir deste momento histórico, todos os monarcas chinos posteriores utilizarán este título, abandonando a denominación de "reis" (王 wáng). O novo emperador fíxose chamar 始皇帝 Shǐ Huángdì ("primeiro emperador"), véndose a si mesmo como o primeiro do que esperaba fora unha longa dinastía de emperadores. Hoxe en día os chinos chámano máis frecuentemente Qin Shi Huang ("Primeiro Emperador Qin"). Con el xurde, por primeira vez na historia, un estado chino forte, centralizado e unificado.
Liña 111 ⟶ 110:
 
== Os mongois e a Dinastía Yuan ==
''Véxase artigo principal: [[Dinastía Yuan]]''
 
O [[Dinastía Jin (1115-1234)|Imperio Jin]] foi derrotado polos [[mongois]], que de seguida derrotaron aos [[Dinastía Sung|sungs meridionais]] ao cabo dunha guerra longa e cruenta, a primeira na cal as [[arma de fogo|armas de fogo]] desempeñaron un papel moi importante. Con isto, a China foi unha vez máis unificada, mais agora como parte dun amplo [[Imperio Mongol]]. Neste período, [[Marco Polo]] visitou a corte imperial en [[Pekin]]. Os mongois dividíanse entón entre os que preferían manter a súa base nas estepas e aqueles que desexaban adoitar as costumes dos chineses [[han]]s. Un destes era [[Khublai Khan]], neto de [[Genghis Khan]] e fundador da [[Dinastía Yuan]], a primeira a gobernar toda a [[China]] a partir de Pekin.
Liña 130 ⟶ 129:
A dinastía posuía un goberno central forte e complexo que unificou o imperio. O papel do emperador pasou a ser máis autocrático, e Zhu Yuanzhang precisou botar man dos chamados "Grandes Secretarios" para auxilialo a lidar coa enorme [[burocracia]], a cal máis tarde causaría o declive da dinastía, por impedir que o goberno se adaptase ás mudanzas sociais.
 
O Emperador Yongle procurou ampliar a influencia da China alén de súas fronteiras, ao esixir que outros gobernantes lle enviasen embaixadores para pagar tributo. Construíuse unha grande mariña, inclusive navíos de catro mastros con [[Deslocamento (náutica)|deslocamento]] de 1.500 [[tonelada|t]]. Creouse un exército regular de un millón de homes. As forzas chinesas conquistaron parte do que é hoxe o [[Vietnam]], en canto que a flota imperial navegaba polos mares da China e o [[Océano Índico]], chegando até a costa oriental da África. Os chineses estenderon a súa influencia até o [[Turkmenistán]]. Diversas nacións [[Asia|asiáticas]] pagaron tributo ao emperador. Internamente, o [[Grande Canal da China|Grande Canal]] foi ampliado, co impacto positivo sobre o comercio. Producíronse máis de 100.000 t de [[minaría de ferro|ferro]] por ano. Imprimíronse libros co uso da [[tipografía]]. O pazo imperial da [[Cidade Prohibida]] atinxiu entón ao seu actual esplendor. En fin, o período ming parece ter sido un dos máis prósperos para a China.
 
O período ming foi testemuña da última ampliación da [[Gran Muralla Chinesa]].
Liña 156 ⟶ 155:
Nos anos 1860, a Dinastía Qing logrou sufocar revoltas, cun enorme custo e perda de vidas. Isto minou a credibilidade do réxime qing e contribuíu á proliferación de señores da guerra locais. O Emperador [[Guangxu]] procurou lidar coa necesidade de modernizar o país por medio do Movemento de Auto-Fortalecemento. Entretanto, a partir de [[1898]], a Emperatriz rexente [[Cixi]] mantivo a Guangxu preso baixo o argumento de "deficiencia mental", tras un [[golpe militar]] ordenado por ela e co apoio da parte conservadora, contraria ás reformas. Guangxu faleceu un día antes ca emperatriz rexente (segundo algúns, por ela envelenado). Os "novos exércitos" qings (adestrados e equipados conforme o modelo occidental) foron fragorosamente derrotados na [[Guerra Sino-Francesa]] ([[1883]]-[[1885]]) e na [[Guerra Sino-Xaponesa]] ([[1894]]-[[1895]]).
 
No inicio do [[século XX]], o Levante dos Boxers, un movemento conservador anti-[[imperialismo|imperialista]] que pretendía facer regresar ao país a un estilo de vida tradicional, ameazou ao norte da China. A emperatriz rexente, probabelmente co feito de garantir o seu control sobre o goberno, apoiou aos boxers cando estes avanzaron sobre [[Pekin]]. Como reacción, a chamada Alianza dos Oito Estados invadiu a China. Composta por tropas [[reino Unido|británicas]], [[Xapón|xaponesas]], [[Rusia|rusas]], [[Italia|italianasitalia]]nas, [[Alemaña|alemás]], [[Francia|francesas]], [[Estados Unidos de América|norteamericanas]] e [[Austria-Hungria|austrohúngaras]], a alianza derrotou aos boxers e esixiu máis concesións do goberno qing.
 
== República da China ==