Reforma protestante: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiño
m Arranxos varios using AWB
Liña 4:
A '''Reforma Protestante''' foi un movemento de reforma [[Cristianismo|cristiá]] no [[Sacro Imperio Romano Xermánico]] que xeralmente considérase que comeza a partir da publicación das [[95 Teses]] de [[Martiño Lutero]], en 1517, aínda que existen unha serie de precursores como [[Jan Hus]] anteriores a este evento. Como período histórico, a Reforma considérase que termina coa [[Paz de Westfalia]] en [[1648]] dando fin as [[guerras de relixión en Europa]]<ref name="History">{{cita web | url=http://www.history.com/topics/reformation | título= The reformation |editor=History.com | dataacceso=3 December 2013}}</ref>; con todo, moitas das denominacións que se produciron durante este período seguen existindo e o [[protestantismo]] constitúe unha das ramas máis importantes do [[cristianismo]] hoxe en día. Aínda que o movemento comezou como unha tentativa de reformar a [[Igrexa Católica]], os movementos acabaron coa escisión dos grupos reformistas e co establecemento de novas institucións, principalmente, o [[luteranismo]], o [[calvinismo]] e o [[anabaptismo]].
 
Moitos [[Catolicismo|católicos]] de occidente estaban descontentos coas falsas doutrinas e malas prácticas dentro da Igrexa, as cales consideraban impropias, especialmente no caso da venda de [[Indulxencia|indulxenciasindulxencia]]s. Outra controversia importante foi a práctica de compra e venda de posicións de prestixio no seo da Igrexa (simonía), considerado naquel tempo como unha auténtica corrupción na xerarquía eclesiástica. Esta corrupción considerábase sistémica, chegando mesmo á posición do [[Papa]].
 
A Reforma en xeral considérase que comeza o [[31 de outubro]] de [[1517]], na actual rexión alemá de [[Saxonia]], cando [[Martiño Lutero]] cravou unha copia das súas [[95 Teses|Noventa e Cinco Teses]] na porta da igrexa do castelo de [[Wittenberg]]<ref> {{Cita libro | apelidos = Kuiper | nome = BK | título = The Church in B. Eerdmans Publishing |ano= 1988 | páxina = 165 | ISBN = 0802817777|lingua=en}} </ref>, que se empregaba como taboleiro de avisos para a universidade. Nestes noventa e cinco puntos, Lutero expuña as súas críticas á Igrexa e ao Papa. Os puntos máis controvertidos centrábanse nas prácticas de venda de indulxencias e na doutrina da Igrexa no referente ao [[Purgatorio]]. Os predecesores espirituais de Lutero foron homes como [[John Wycliffe]] e [[Jan Hus]]. Outros pastores e teólogos de ideas radicais, como [[Huldrych Zwingli]] e [[Jean Calvin]], seguiron o camiño iniciado por Lutero. As crenzas e prácticas da Igrexa atacadas polos reformistas incluían o [[Purgatorio]], o xuízo particular ás almas, devoción pola [[Virxe María]], a intercesión dos [[santo]]s, a meirande parte dos [[Sacramento (relixión)|sacramentos]], o [[celibato]] que debían gardar os [[sacerdote]]s e os [[monxe]]s, e maila autoridade do [[Papa]].
 
O movemento de reforma pronto se dividiu en diferentes liñas [[doutrina]]is. Os desacordos entre Lutero e Zwingli, e máis tarde entre Lutero e Jean Calvin, conduciu á aparición das igrexas protestantes rivais. As [[Denominación Cristiá|denominacións cristiás]] máis importantes que xurdiron directamente da Reforma foron os [[Luteranismo|Luteranos]], os [[Igrexa Reformada|Reformados]]/[[Calvinismo|Calvinistas]]/[[Presbiterianismo|Presbiterianos]] e os [[Anabaptismo|Anabaptistas]]. A Reforma Protestante tamén é coñecida como a Reforma Xermánica, a Revolución Protestante, a Revolta Protestante e, en [[Alemaña]], a Reforma Luterana. O proceso de reforma diferenciouse de forma notábel dos acontecementos de [[Inglaterra]], que levarían á formación da [[Igrexa Anglicana]]. Alí, o período de reforma coñécese como a [[Reforma Inglesa]]. Asemade, os reformistas tamén aceleraron o proceso de [[Contrarreforma]] na [[Igrexa Católica]]. A Reforma implicou aspectos culturais, económicos políticos e relixiosos
Liña 22:
O Concilio de Constanza confirmou e reforzou a concepción medieval da Igrexa e o Imperio. Non se trataron nel as tensións nacionais, nin as tensións teolóxicas que axitaban Europa no século anterior. Porén o concilio non puido previr o cisma e as guerras husitas en [[Bohemia]].
 
A axitación social provocou reflexións sobre a organización da sociedade, e neste ambiente xurdiu a Reforma Protestante. Coa crise das institucións monásticas e a [[Escolástica (filosofía)|escolástica]], acentuada pola ''catividade babilónica'' do papado de [[Aviñón]], o [[Gran Cisma]] e o fracaso do conciliarismo, no [[século XVI]] comezou o gran debate cultural sobre reformas e, en xeral, sobre os valores relixiosos.
 
Os historiadores asumen que o fracaso da Reforma suporía unha maior axitación ou quizais unha revolución, debido a que o sistema debía axustarse ou desintegrarse, e o fracaso do movemento conciliar favoreceu a Reforma en [[Europa]]. A represión os movementos de reforma, xunto coa situación política, económica e demográfica, contribuíu ao descontento da sociedade co poder e a riqueza do alto clero, e sensibilizou ao pobo fronte á corrupción da Igrexa no [[Renacemento]].
Liña 40:
As protestas contra [[Roma]], comezarón en serio cando Martiño Lutero, que era monxe [[Agostiño de Hipona|agostiñano]] e profesor da universidade de Wittenberg, apelou en 1517 pola reapertura do debate sobre a venda de indulxencias. As desconformidades de Lutero marcaron un repentino brote cunha nova e irresistible forza dun descontento que fora apartado pero non resolto. A rápida propagación do descontento produciuse en gran medida debido á [[imprenta]] e a rápida circulación das ideas e documentos, incluídos nas 95 Teses. A información tamén se difundiu amplamente en forma manuscrita, así como en gravados e xilografías baratas, entre os sectores máis pobres da sociedade.
 
Paralelamente aos acontecementos en [[Alemaña]], un movemento similar empezou en [[Suíza]] baixo a dirección de [[Ulrich Zwingli]]. Estes dous movementos puxéronse de acordo rápidamente sobre a maioría das cuestións, a medida que o recente uso da imprenta permitía unha rápida propagación de ideas dun lugar a outro, pero algunhas diferenzas sen resolver mantivéronos separados . Algúns seguidores de Zwingli crían que a reforma era demasiado conservadora e independientemente trasladáronse cara a posicións máis radicais, que teñen continuidade nos nosos días entre os [[Anabaptismo|anabaptistas]]. Outros movementos protestantes creceron ao socairo das liñas do [[misticismo]] e do [[humanismo]], ás veces rompendo de [[Igrexa Católica|Roma]] ou dos [[protestantismo|protestantes]], ou formandose fóra das igrexas.
 
Logo desta primeira etapa da Reforma, a raíz da excomuñón de Lutero e a condena da Reforma polo [[Papa]] [[León X, papa|León X]], a tarefa e os escritos de [[Jean Calvin]] foron influientes no establecemento dun consenso entre os diferentes grupos en [[Suíza]], [[Escocia]], [[Hungría]], [[Alemaña]] e outros lugares.
 
As fundacións reformistas comungaban co [[Agostiño de Hipona|Agostiñismo]]. Tanto Lutero como Calvin identificabanse coas liñas principais do ensino [[teoloxía|teolóxico]] de [[Agostiño de Hipona]]. No Agostiñismo os reformadores loitaban contra o pelaxianismo, que vían como unha herexía na Igrexa Católica dos seus tempos. No curso desta axitación relixiosa, a [[Guerra dos campesiños alemáns]] [[1524]] - [[1525]] déixase sentir a través de [[Baviera]], [[Turinxia]] e [[Suabia]], deixando a decenas de católicos asasinados a mans de bandas de protestantes, que incluían a Compañía Negra de [[Florian Geier]], un cabaleiro de [[Giebelstadt]] que se uniu aos campesiños na indignación xeral en contra da xerarquía católica.
 
Aínda que Lutero e Calvin tiñan ensinos teolóxicos moi similares, a relación entre os seus seguidores dexenerou rápidamente nun conflito. O francés [[Michel de Montaigne]] contou a historia dun pastor luterano que unha vez afirmou prefería celebrar unha misa romana antes de participar nun servizo calvinista.<ref>[http://books.google.com/books?id=iRBEAAAAYAAJ&pg=RA1-PA571#v=onepage&q=&f=false The Complete Works of Michel de Montaigne]</ref><ref>The journal of Montaigne's travels in Italy by way of Switzerland and Germany in 1580 and 1581; translated by W.G. Waters, John Murray, London, 1903</ref>
 
A política de separación do [[igrexa anglicana|Igrexa de Inglaterra]] de [[Igrexa Católica|Roma]] baixo o reinado de [[Henrique VIII de Inglaterra|Henrique VIII]], comezou en [[1529]] e acabou en [[1536]], levando deste xeito [[Inglaterra]] a cabo o seu propio movemento reformista. Con todo, os cambios relixiosos na igrexa nacional inglesa leváronse a cabo de forma máis conservadora que no resto de Europa. Os reformistas na Igrexa de Inglaterra alternaron, durante séculos, entre a simpatía polas tradicións católicas e o protestantismo, creando progresivamente un compromiso estable entre a adhesión á tradición antiga e o protestantismo, a miúdo chamado Vía Media.
 
[[Martiño Lutero]], [[Jean Calvin]], e [[Ulrich Zwingli]] poden considerarse Reformistas Maxisteriais debido ao feito de que os seus movementos de reforma fixéronse co apoio das autoridades gobernantes ou "maxistrados". [[Frederico III de Saxonia|Frederico o Sabio]] non só apoia a Lutero, que era profesor na universidade que el fundou, senón que tamén o protexeu ocultándoo no castelo de Wartburg en [[Eisenach]]. Zwingli e Calvino foron apoiados polos concellos de [[Zúric]] e [[Xenebra, Suíza|Xenebra]]. Dado que o termo "magister" tamén significa "mestre", a Reforma Maxisterial tamén se caracteriza por un énfase na autoridade dun profesor. Isto é evidente na importancia de Lutero, Calvino e Zwingli como dirixentes dos movementos de reforma nas súas respectivas áreas maxistrais. Debido á súa autoridade, a miúdo foron criticados por reformadores radicais quen os consideraban demasiado similares aos Papas romanos. Por exemplo, o reformador radical [[Andreas Karlstadt]] referiuse aos teólogos de Wittenberg como os "novos papistas".
Liña 55:
[[Ficheiro: Holbein-erasmus.jpg |150px|miniatura| [[Erasmo de Róterdam]].]]
{{Artigo principal|Humanismo}}
O reformismo frustrado dos [[Humanismo|humanistas]], introducido no [[Renacemento]], contribuíu a unha crecente impaciencia entre os reformadores. [[Erasmo de Róterdam]] e máis tarde figuras como [[Martiño Lutero]] e [[Ulrich Zwingli|Zwingli]] emerxeron deste debate e, finalmente, contribuíron a outro [[Cisma de Occidente|gran cisma]] na [[cristianismo|cristiandade]]. A crise da [[teoloxía]] a partir de [[William de Ockham|Guillerme de Occam]] no [[século XIV]] estabase producindo en conxunción co descontento da nova [[burguesía]]. Desde a ruptura dos fundamentos filosóficos da [[Escolástica (filosofía)|escolástica]], o novo nominalismo non foi un bo augurio para unha igrexa institucional lexitimada como intermediaria entre o home e [[Deus]]. As novas correntes de pensamento favorecían a idea de que ningunha doutrina relixiosa podía ser apoiada por argumentos filosóficos, erosionando a antiga alianza entre a [[razón]] e a [[Fe (relixión)|fe]] da [[Idade Media|época medieval]] establecida por [[Tomé de Aquino]].
 
Os principais movementos da reforma individualista que se rebelaron contra a [[Escolástica (filosofía)|escolástica]] medieval das institucións baséanse no humanismo, entre outras tradicións. En [[Alemaña]], "a vía moderna" ou devocionalismo naceu nas universidades, o que requiriu unha redefinición de [[Deus]], que xa non era racional, senón un primeiro rector arbitrario, de vontade incognoscible que non pode ser limitado. Deus é agora unha regra, e a relixión sería máis fervente e emocional. Polo tanto levouse a cabo a consiguiente reactivación da [[teoloxía]] [[Agostiño de Hipona|agustiniana]], afirmando que o home non pode ser salvado polos seus propios esforzos, senón só pola graza de Deus, erosionando a lexitimidade da rixidez das institucións da igrexa para proporcionar unha canle para o home de facer boas obras e entrar no [[ceo]]. O humanismo, con todo, foi algo máis que un movemento de reforma educativa con orixes no [[Renacemento]] que recuperou os ensinos clásicos de aprendizaxe e pensamento. Senón que se converte nunha revolta en contra da lóxica [[Aristóteles|aristotélica]], fíxose gran énfase na reforma dos individuos a través da elocuencia en contraposición á razón. O Renacemento sentou as bases para os humanistas do norte no seu reforzo da utilización do [[Lingua latina|latín]] como unha lingua unificadora da cultura.
Liña 67:
A Restauración Inglesa seguiu un curso diferente da Reforma na Europa continental. Houbera neste país durante moito tempo unha tensión forte debida ao [[anticlericalismo]] e Inglaterra xa dera orixe ao movemento dos [[Lolardismo|Lolardos]], liderado por [[John Wycliffe]], que inspirou de forma moi significativa os [[husitas]] en [[Bohemia]].
 
[[Henrique VIII de Inglaterra|Henrique VIII]] fora un católico convencido e escribira mesmo un libro con fortes críticas a [[Martiño Lutero|Lutero]], pero máis tarde encontrou conveniente e rendible romper co Papado. A súa esposa [[Catarina de Aragón]], tan soo lle había dado unha filla, [[María I de Inglaterra|María]] e dado que Inglaterra atravesara recentemente un longo conflito dinástico, a [[Guerra das dúas rosas|Guerra das Rosas]], Henrique temeu que a falta dun herdeiro varón puidese poñer en perigo a reclamación dos seus descendentes ao trono polo que solicitou a anulación do seu matrimonio para poder casar con [[Ana Bolena]]. Non obstante, o [[Papa]] de Roma, [[Clemente VII, papa|Clemente VII]], favorable o emperador [[Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Carlos V]], sobriño de Catarina, negou a súa solicitude de anulación. Deste xeito Henrique apoiouse na afirmación [[Luteranismo|luterana]] de que os Papas substituían a vontade de Deus polo seu propio xuízo, polo que decidiu separar a Igrexa de Inglaterra da autoridade de Roma. Así no ano 1534, mediante o [[Acta de Supremacía]] converteuse a Henrique no Xefe Supremo da Igrexia de Inglaterra pero non se realizou ningunha modificación doutrinal ou litúrxica sustantiva baixo o seu goberno, só prohibiuse a bispos e sacerdotes ingleses ter relación coa [[Curia Romana]] e expropiáronse os bens excedentes da Igrexa católica en beneficio da Coroa Real.
 
Entre 1535 e 1540, baixo [[Thomas Cromwell]], levouse a cabo a política coñecida como a disolución dos mosteiros. A veneración dalgúns santos, algunhas peregrinacións e algúns santuarios de peregrinación tamén foron atacados. A propiedade de enormes cantidades de terra da igrexa pasou ás mans da Coroa e en última instancia, á nobreza e a aristocracia. O interese por estas transaccións provocou un grande apoio a disolución da igrexa de Inglaterra coa de Roma. Tamén houbo algúns opositores notables a Reforma como [[Thomas More]] e o bispo [[Xoán Fisher|John Fisher]], que foron executados pola súa oposición. Tamén houbo un sector cada vez maior dos reformadores que foron imbuídos nas doutrinas reformistas máis correntes do continente.
Liña 90:
En Xenebra unha serie de reformadores asaltaran as igrexas e conventos expulsando aos sacerdotes católicos, pero estes reformadores non sabían como organizar a nova "Igrexa" que pretendían crear nin tampouco tiñan claro que nova doutrina querían establecer, polo que chamaron a unha figura de prestixio dentro do campo protestante, que soubese como organizar a nova Igrexa e dese un contido relixioso claro, e chamaron á cidade a Xoán Calvino.
 
Este era un francés que estudara [[teoloxía]] en varias universidades, entre elas a de [[París]]; aínda que ao principio acepta algunhas das ideas luteranas, moi pronto pensa que Lutero conservou demasiadas cousas da Igrexa católica que debían ser suprimidas. Calvino tamén opina que o home debe acceder á fe por medio da lectura da Biblia, pero considera que se debían de eliminar todos os sacramentos da Igrexa católica, incluíndo os tres que conservara Lutero. Para el todas as imaxes debían ser eliminadas dos templos relixiosos.
 
Calvino tamén pensaba que non debían existir nin sacerdotes nin bispos e que os xefes relixiosos debían ser [[Pastor (relixión)|pastores]] elixidos pola [[congregación]]; pero a teoría relixiosa máis importante que Calvino predicou como produto da súa libre interpretación da Biblia é a [[Predestinación]]: segundo esta teoría o home por el mesmo non pode facer nada para alcanzar a salvación, nin pola fe nin polas obras, senón que antes de nacer Deus xa elixiu a un home para a condenación ou a salvación e o home non pode facer nada para cambiar o designio divino. Na sociedade humana pódese distinguir aos homes elixidos para a súa salvación nos que levan unha vida virtuosa e sen pecado e nos que teñen riquezas e éxito material na vida, pois iso é signo da protección de Deus.
Liña 125:
[[Ficheiro:Francois Dubois 001.jpg|miniatura|170px|[[Matanza do día de San Bartolomeu]], pintura de [[François Dubois]] (nado cara 1529 en [[Amiens]], [[Picardía]])]]
 
O [[protestantismo]] tamén se difundiu desde Alemaña a Francia, onde os protestantes forón chamados "[[hugonotes]] ", o que desatou décadas de guerra en Francia.
 
Aínda que non tivo un interese persoal na reforma relixiosa, [[Francisco I de Francia|Francisco I]] (que reinou desde [[1515]] a [[1547]]) mantivo inicialmente unha actitude de [[tolerancia]], derivada do seu interese polo movemento [[humanismo|humanista]]. Isto cambiou o [[1534]] co [[asunto dos pasquíns]] (''affaire des placards''). Neste acto, os protestantes colgaron de forma masiva rótulos denunciando a [[misa|misa católica]], que apareceron en toda Francia, ata chegaron aos aposentos reais. A cuestión da fe relixiosa estaba pois sobre a mesa, [[Francisco I de Francia|Francisco I]] foi instado a recoñecer o movemento como unha ameaza para a estabilidade do [[Reino de Francia|reino]]. Isto conduciu á etapa principal da loita e a persecución dos protestantes en Francia, na que se estableceu un tribunal extraordinário que pronunciava sentenzas moi severas, xeralmente a morte na fogueira, chamado a [[cámara ardente]] (en francés "chambre ardente") no Parlamento de París para facer fronte ao aumento dos xuízos por herexía. Varios miles de protestantes franceses fuxiron do país durante este tempo, en particular [[Xoán Calvino]] que emigrou nun principo cara a [[Basilea]] en 1535 para instalarse definitivamente en [[Xenebra, Suíza|Xenebra]] en 1536.
Liña 140:
A reforma estendeuse rápidamente por toda Europa, e en particular no reino de Hungría, onde adquiriu connotacións políticas moi serias. Os húngaros enfrontáronse os turcos otománs durante varios séculos, ata que finalmente na [[Batalla de Mohács]] en [[1526]], os musulmáns derrotaron os húngaros e morreu o rei [[Luís II de Hungría]] (xa na época do rei Luís II, o poder real enfrontarase os protestantes húngaros que pretendían contrapoñerse ao catolicismo).
 
Pronto o [[Reino de Hungría]] trala derrota dividiuse en tres partes: unha o oeste controlada polos xermánicos, onde [[Fernando I, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Fernando I de Habsburgo]], irmán do emperador do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]] foi coroado como rei húngaro; unha rexión central controlada polos otománs, e unha rexión oriental independente na forma do [[Principado de Transilvania]], onde o conde húngaro [[Xoán Segismundo Szapolyai]] fora aclamado príncipe. Szapolyai e toda Transilvania, aínda que eran independentes, o Estado era vasalo do [[Imperio otomán]] e o sultán decidía que nobre húngaro ocuparía o trono do principado e cales serían os seus movementos políticos principais.<ref>Nógrády, Á. , Pálffy, G. y Velkey, F. (2007). Magyar Uralkodók. Debrecen, Hungría: Tóth Könyvkereskedés és Kiadó. </ref>
 
Desta forma o novo mapa húngaro tomou forma, e Transilvania e os seus príncipes convertéronse en figuras representantes de Hungría, contrapoñendose á dinastía dos Habsburgo que por outra banda portaba a coroa do reino. [[Xoán Segismundo de Zápolya]] converteuse ao protestantismo e comezou a albergar a todos os filósofos e relixiosos checos e xermánicos que fuxían do Imperio Xermánico e dos Habsburgo. A estratexia de Zápolya e dos posteriores [[Listaxe dos príncipes de Transilvania|Príncipes de Transilvania]] foi utilizar o protestantismo como instrumento contra os Habsburgo fielmente católicos, dos cales querían desfacerse para así poder reunificar o reino húngaro dividido baixo a figura húngara de maior relevancia, o líder transilvano.
 
No ano de [[1541]] publicouse a primeira tradución ao húngaro do [[Novo Testamento]], obra do monxe ''Xoán Sylvester'' e logo en [[1590]] o pastor protestante [[Gáspár Károli]] publicou a primeira [[Biblia]] completa en húngaro, coñecida como a ''Biblia de Károli''. Os príncipes transilvanos promoveron as escolas protestantes, as cales eran cada vez máis populares en cidades como [[Bratislava]], [[Sopron]], Szárlőrinc, [[Sárvár]], da mesma maneira que nos asentamentos [[saxóns]] do Principado húngaro independente. Ao mesmo tempo, o novo movemento relixioso protestante de [[Jean Calvin]], coñecido como [[Calvinismo]] continuou coa misión do luteranismo e pronto a rexión Nor-Leste do Reino húngaro mergullouse a tal punto na nova confesión relixiosa, que a cidade de [[Debrecen]] era denominada naquela época "A Roma Calvinista".
Liña 148:
Un dos pensadores protestantes máis significativos foi o pastor húngaro [[Ferenc Dávid]] ([[1510]] - [[1579]]), quen primeiro profesou o luteranismo e logo o calvinismo, posteriormente volveuse un gran defensor do anti-trinitarismo, é dicir, non aceptaba a existencia da [[Santa Trindade]], e deste xeito, pronto se converteu no fundador do [[unitarismo]] en Transilvania, agregando aínda unha confesión relixiosa máis ao gran mosaico existente naquel tempo. A diversidade relixiosa no principado alcanzou tales niveis, que o Príncipe [[Xoán Segismundo Szapolyai]], de confesión protestante, aconsellado polos seus relixiosos, convocou á Gran Asemblea transilvana na cal sancionouse o [[Edicto de Turda]] en [[1568]]. Este documento rezaba que todas as confesións relixiosas cristiás eran aceptadas por igual no Principado húngaro. Así, este sería o primeiro Estado no mundo en recoñecer a diversidade de culto cristián: [[catolicismo]], [[luteranismo]], [[calvinismo]] e [[unitarismo]].<ref>[http://www.britannica.com/EBchecked/topic/152556/Ferenc-David Ferenc David, Enciclopedia Britannica (en inglés)]</ref>
[[Ficheiro:GabrielBethlen.jpg|miniatura|180px|Conde húngaro [[Gabriel Bethlen]], Príncipe de Transilvania.]]
Posteriores príncipes como o barón húngaro [[Esteban Bocskai]] ([[1605]] - [[1606]]) e o conde húngaro [[Gabriel Bethlen]] ([[1613]] - [[1629]]) foron fortes defensores do protestantismo en Transilvania e Hungría, catapultando aos húngaros a un nivel cultural, socio-político e económico de desenvolvemento á vez con Francia, o Imperio Xermánico e Inglaterra. Eles conduciron guerras de independencia contra os Habsburgo, e inglusive Gabriel Bethlen participou na [[Guerra dos Trinta Anos]] ([[1618]] - [[1648]]) apoiando a confederación protestante.<ref>Bertényi, I. , Diószegi, I. , Horváth, J. , Kalmár, J. y Szabó P. (2004). Királyok Könyve. Magyarország és Erdély királyai, királynői, fejedelmei és kormányzói. Budapest, Hungría: Helikon Kiadó. </ref>
 
A situación relixiosa na rexión central do reino húngaro inclinábase igualmente cara ao protestantismo, pois aí eran raramente vistos os sacerdotes católicos. Os predicadores protestantes contaban coa protección dos otománs, quen en realidade non se entrometían nos conflicitos relixiosos dos cristiáns, senón que o único que lles importaba era que estes pagasen os impostos aos turcos. Como era de supoñerse, na rexión do reino húngaro baixo control xermánico, o catolicismo mantívose con gran fortaleza, e aínda que os predicadores protestantes eran comúns, a influencia do rei Habsburgo non permitía a súa predominancia.
Liña 166:
Os principios fundamentais da [[Paz de Westfalia]], que puxo fin a [[Guerra dos Trinta Anos]], foron os seguintes:
 
* Todas as partes recoñecen a [[Paz de Augsburgo]] de [[1555]], pola cal cada príncipe tería o dereito a determinar a relixión do seu propio estado, entre as seguintes opcións: catolicismo, luteranismo e calvinismo (o principio de ''cuius regio, eius religio'', cada reino a súa relixión <ref> {{Cita libro|apelidos=Bettenson|nome=Henry| apelidos2= Maunder | nome2 = Chris | título = Documentos of the Christian Church |url=http://books.google.cat/books?id=S92eUtZzosgC&pg=PA228&dq=Peace+of+Augsburg+1555&hl=ca&sa=X&ei=eydeVKbwHcjpaNbSgtgD&ved=0CCgQ6AEwAQ#v=onepage&q=Peace%20of%20Augsburg%201555&f=false | lingua = inglés | editor = Oxford University Press | data = 2011 | páxinas = 229 | ISBN = 0191501514|dataacceso=28/02/2015}} </ref>)
* Os [[cristianismo|cristiáns]] que vivan en principados onde a súa relixión non sexa a estabelecida garanteselles o dereito a practicar a súa fe en público durante a hora asignada e en privado na súa vontade.