Flandres francés: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 3:
[[Ficheiro:Flandre_francaise.png|dereita|miniatura|200px|Localización do Flandres francés, dentro da rexión de [[Norte-Paso de Calais]], percorrido polo [[río Lys]].]]
[[Ficheiro:Nord-Pas-de-Calais map.png|miniatura|250px|dereita|Situación da rexión [[Norte-Paso de Calais]] dentro de [[Francia]].]]
O '''Flandres francés''' (''Flandre française'' en [[Lingua francesa|francés]], ''Frans-Vlaanderen'' en [[neerlandés]]) é unha [[rexión]] non administrativa que ocupa o terzo setentrional do departamento de [[Norte, Francia|Norte]], en [[Francia]].
 
1. Distínguense varias rexións naturais no [[Westhoek]] (parte do Flandres francés comprendida entre o [[río Lys|Lys]] e o [[Mar do Norte]] onde se fala o [[neerlandés]]):
 
* o [[Blootland]] ''«terra deserta»'' ou Chaira marítima (coa cidade de [[Dunkerque]]).
* o [[Houtland]] ''«terra dos bosques»'' (coas cidades de [[Cassel (Norte)|Cassel]], [[Hazebrouck]] e [[Bailleul]]).
* a Chaira do Lys.
 
Este territorio corresponde hoxe ao distrito de Dunkerque.
 
2. Ademais do [[Westhoek]] (chamado tamén ''Flandres Marítimo''), o Flandres francés inclúe outra parte ao redor de [[Lille]] que se chama en ocasións ''Flandres de Lille'', ''Flandres galicante'', ''Flandres romance'' ou ''Flandres valona''.
 
Este territorio corresponde hoxe aos distritos de Lille e [[Douai]].
 
== Cultura franco-flamenga ==
O Flandres francés caracterízase sobre todo pola súa identidade cultural: ata comezos do [[século XX]] a maioría da poboación falaba a [[lingua flamenga]], [[linguas xermánicas|lingua xermánica]] semellante ao [[holandés]] e claramente distinto do [[lingua picarda|picardo]] (incluído o ''chti'') e das [[linguas de oïl|lingua de oïl]] falada máis ao sur e ao oeste.
 
Esta lingua clásica ensinouse nas escolas primarias da rexión ata a prohibición de [[1853]] pola Academia de Lille. Este [[decreto]] non se puxo nunca despois en dúbida. Algúns xogos flamengos, como o [[bourle]], aínda son practicados nesta zona. A extensión lingüística dáse claramente a través dos topónimos: [[Dunkerque]] (''«igrexa da duna»''), [[Brouckerque]] (''«igrexa do pantano»'') ou [[Hazebrouck]] (''«pantano da lebre»'').
 
Na actualidade o neerlandés ensínase nalgunhas escolas e órganos colexiados nun curso dunha 1 hora por semana.
 
O Estado francés non recoñece a lingua flamenga como lingua rexional, malia os 100.000 cidadáns franceses que falan ou comprenden esta lingua<ref>[http://www.mdsk.net/lnfvp_fr.html Langues et dialectes]</ref>. A solicitude de tal recoñecemento pediuse ante [[Luc Ferry]] pero esta foi denegada xa que o flamengo non é ''máis que un compoñente do neerlandés, lingua estranxeira''. A comunidade flamenga mobilízase para preservar o seu patrimonio cultural<ref>[http://www.brasserie-st-sylvestre.com/Pages/hflandre.html La Flandre: Terre de Tradition]. Consultado o 27-12-2006</ref>.
 
== Literatura ==
A obra do escritor de Dunkerque [[Michel de Swaen]] recoñécese aínda hoxe día no conxunto do espazo neerlandófono como unha das máis importante da literatura flamenga.
 
==Teatro==
O ''Teatro popular para o Flandres francés'' de Flor Barbry é unha sociedade teatral neerlandófona que dá representacións no [[Flandres Occidental]] e Flandres francés dende [[1954]].
 
==Extensión histórica==
Flandres francés designa tamén:
* a parte meridional do [[condado de Flandres]] que implicaba rexións non flamengas (no sentido xeográfico, lingüístico e cultural) (por exemplo: [[Valenciennes]]);
* a [[antigas provincias francesas|antiga provincia francesa]] do [[Antigo Réxime]] ([[Flandres (antiga provincia francesa)|Flandres]]) composta da parte francesa de Condado de Flandres e de [[Condado de Hainaut]], con capital en [[Lille]].
 
Este pasou baixo soberanía borgoñoa e logo española. O territorio dos distritos actuais de Lille, Douai e Dunkerque cedeuse progresivamente a Francia durante o reino de [[Luís XIV]] polo [[tratado dos Pireneos]] en [[1659]], polo [[Tratado de Aquisgrán]] en [[1668]] e polo [[Tratado de Nimega]] en [[1678]].
 
Invadida en [[1791]] polos austríacos, estivo ocupado malia a heroica resistencia dos lileses; [[Jean-Charles Pichegru |Pichegru]] renovouno en [[1793]].
 
Hoxe en día o Flandres francés non ten a menor institución política ou administrativa propia, se non está por medio do ''intercommunalité'' cos "Países" (leis [[Jean-Pierre Chevenement|Chevènement]] - [[Dominique Voynet|Voynet]]) onde o nome "Flandres" aparece. Dous "países" así se realizaron recentemente; o [[País Muíños de Flandres]] e o [[País Corazón de Flandres]].
 
==Notas==