María Cristina de Habsburgo-Lorena: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m →‎Biografía: Arranxos varios using AWB
Liña 37:
En [[1879]] converteuse na segunda esposa do rei Afonso XII, tras enviuvar este de María de las Mercedes. Non conxeniou moi ben co extravertido monarca por mor do seu carácter tímido e tranquilo, aínda que ao final sentiu a súa perda. Dado que cando faleceu o soberano (1885) achábase embarazada dun fillo que nacería póstumo tivo que asumir a rexencia. Meses máis tarde naceu o futuro Afonso XIII, quen se converteu na gran esperanza para o trono español. A raíña, inexperta nos negocios da política, deixouse asesorar por [[Práxedes Mateo Sagasta|Sagasta]], con quen acabaría trabando unha estreita amizade. María Cristina guiouse pola sensatez e o equilibrio nos seus dezasete anos de rexencia. Tivo por confesor a [[José Fernández Montaña]], ao cal lle encargou a educación de [[Afonso XIII]] como preceptor. Pouco logo da morte do rei Afonso XII, co obxectivo de evitar os erros que deron lugar á crise do reinado de [[Isabel II de España|Isabel II]], chegouse ao [[Pacto do Pardo]]: Un acordo subscrito por [[Cánovas]] e [[Práxedes Mateo Sagasta|Sagasta]] que instituíu o sistema de quendas pacíficas no exercicio do poder entre liberais e conservadores e consolidou a Restauración ata finais do século XIX e principios do XX. O papel de Cristina no sistema de goberno foi representativo, xa que non participou nos enfrontamentos entre os partidos dinásticos, respectando a quenda á hora de chamar os candidatos a formar goberno aínda que se sentiu máis próxima a [[Práxedes Mateo Sagasta|Sagasta]] e non puxo dificultades ao mantemento de longos períodos de goberno do partido liberal. Promulgáronse, entre outras, a Lei de Sufraxio Universal e a Lei de Asociacións.
 
Nos seus últimos anos de rexencia agravouse o problema marroquí e agudizouse a conflitividade social. Desta época datan tamén os inicios do catalanismo político. Ademais, a perda das tres últimas colonias hispanoamericanas en [[1898]] e o inicio da descomposición dos dous partidos da quenda ao desaparecer Cánovas e Sagasta poucos anos despois, sumiron o país nunha grave crise, que evidenciou de xeito claro a inoperancia que adquiriu coincidindo co cambio de século o réxime da Restauración. O seu máis fervente desexo era traspasar a Coroa ao seu fillo, desexo que viu cumprido en 1902, cando Afonso XIII alcanzou a maioría de idade e foi proclamado rei de España. Desde ese momento consagrouse ás obras de caridade e á súa vida familiar e, a partir de [[1906]], ao contraer matrimonio o seu fillo Afonso con [[Vitoria Euxenia de Battenberg]] utilizou o título de "Raíña Nai". Faleceu no [[Palacio Real de Madrid]] o [[6 de febreiro]] de [[1929]] e foi enterrada no [[Mosteiro do Escorial]].
 
Tivo tres fillos con Alfonso XII: