Oskar Schindler: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 8:
| ocupación = Industrial |
}}
'''Oskar Schindler''', nado o [[28 de abril]] de [[1908]] e finado o [[9 de outubro]] de [[1974]], foi un industrial e home de negocios [[Alemaña|alemán]] que salvou algo máis dun milleiro de xudeus<ref>A lista dos xudeus salvados por Schindler pode [http://www.oskarschindler.com/list.htm lerse e contarse] e o seu número ascende exactamente a 1.098. Outras fontes, como esta [http://www.auschwitz.dk/Schindlerletter.htm carta de Isaak Stern] parecen indicar que o número podería ser lixeiramente maior</ref> do [[Holocausto|Holocausto xudeu]], contratándoos para a súa fábrica de artigos de cociña e munición para a [[Wehrmacht]] situada na actual [[Polonia]].
 
== O comezo ==
Schindler naceu en Zwittau, Moravia (actual Svitavy), Bohemia (entón parte do [[Imperio Austrohúngaro]], actualmente na [[República Checa]]), no seo dunha rica familia católica que se dedicaba ós negocios. Durante a súa nenez e mocidade tivo entre os seus mellores amigos a familias xudías. Interesado polos [[automóbil]]es e [[motocicleta]]s desde novo, mercou unha [[Moto Guzzi|Guzzi]] 250 cc coa que competiu como afeccionado en carreiras de montaña en 1928.<ref>Crowe, David M. (2004). ''Oskar Schindler: The Untold Account of His Life, Wartime Activities, and the True Story Behind the List''. Cambridge, MA: Westview Press. ISBN 978-0-465-00253-5.</ref> Tiña unha irmá á que era moi próximo, Elfriede, 7 anos menor que el.
 
== Durante a Guerra ==
Liña 17:
Foi un oportunista e hábil home de negocios e non ocultaba a súa afección polas mulleres, as festas e a vida bohemia. Estaba casado con Emilie quen, malia os seus devaneos, profesáballe unha profunda admiración e respecto. Schindler foi reclutado polas SS como informante por un tempo por ser coñecedor dos contactos de comerciantes polacos e xudeus adiñeirados, aproveitándose diso para gañarse a estímaa das altas esferas nazis. Os oficiais nazis vían en Schindler non só a un simpático e agradable donxoán, senón tamén a unha fonte para proverse ocultamente nas festas de damas da alta sociedade alemá, apreciadas pezas e artiluxios do mercado negro. Schindler, grazas a estes contactos, viu unha oportunidade de lucrarse cun negocio durante a invasión de [[Polonia]] en [[1939]], que deu comezo á [[Segunda Guerra Mundial]].
 
Schindler adquiriu a un baixo prezo unha fábrica en Cracovia, á que nomeou Deutsche Emaillewaren-Fabrik. Esta fábrica coas súas instalacións intactas dedicábase á confección de olas e utensilios de cociña en tempos de paz, pero Schindler adaptou a produción para abastecer á Wehrmacht con utensilios de campaña. Como a man de obra xermana resultaba cara e ademais escasa, resolveu negociar co comandante do campo de labores de Plaszow, o coronel das SS Amon Goeth. Dende este campo enviábanse trens con xudeus seleccionados para os campos de exterminio de Auschwitz, Treblinka e Sobibor.
 
Schindler negociou con Goeth o arrendamento de man de obra en xudeus aptos para o seu negocio, seleccionando entre eles a un contable moi habilidoso chamado Itzhak Stern. Obtivo inicialmente uns 300 traballadores xudeus para traballar alí, coa axuda de Stern. Os xudeus seleccionados traballaban durante o día na fábrica e na noite volvían custodiados por gardas ao campo. Ademais do pago de arrendamento, Schindler debía render un tributo dos beneficios da produción ao coronel Goeth.
 
== A reconversión ==
Ó pouco, grazas a esta convivencia diaria foronse abrindo paso na conciencia de Schindler os relatos das brutalidades e o destino que os nazis daban ós xudeus baixo o nome de "reinstalación xudía". Schindler comezou a tomar gradualmente conciencia que detrás da explotación sistemática e escrava dos xudeus estaba propiciando unha ideoloxía irracional cara ó xudeu. A súa fábrica era unha fiestra cara unha maquinaría de exterminio masivo. Logo da represión do [[Gueto de Cracovia]] da cal Schindler foi testemuña, comezou a mudar a súa actitude cara aos xudeus.
 
Hábilmente negociou co coronel Goeth xudeu por xudeu, pagándolle unha suma determinada de [[diñeiro]] para que cada un deles fose empregado na súa fábrica. Os xudeus eran inscritos nunha lista por Stern. Cando o negocio das olas xa non era satisfactorio coa Wehrmacht cambiou o rubro á produción de cápsulas de [[artillería]] para poder manter en pé a fábrica e así ampliar a solicitude de maior man de obra e tamén manter a salvataxe de xudeus dende Plaszow.
 
Schindler deu instrucións para que unha parte das cápsulas tivesen defectos de fabricación, en especial as de 88 &nbsp;mm e 75 &nbsp;mm coidando de non caer en evidencia de [[sabotaxe]]. Ó principio poida que se sentíse moi motivado polo diñeiro (por exemplo, escondendo aos ricos inversores xudeus), pero logo comezou a protexer ós seus traballadores sen ter en conta o beneficio económico. Schindler, grazas á súa habilidade, puido protexer ós xudeus da súa fábrica e salvalos de morrer nos campos de exterminio. A finais de [[1944]] Schindler puido salvar máis dun milleiro de xudeus, quedando case na bancarrota.
 
== Despois da guerra ==
Liña 53:
 
{{ORDENAR:Schindler,Oskar}}
 
[[Categoría:Holocausto]]
[[Categoría:Austria]]