Ana Bolena: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}})
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Anne boleyn.jpg|miniatura|250px|dereita|Ana Bolena, raíña consorte de Inglaterra, esposa de [[Henrique VIII de Inglaterra|Henrique VIII]] e nai de [[Isabel I de Inglaterra|Isabel I]].]]
'''Ana Bolena''' (en [[lingua inglesa|inglés]]: Anne Boleyn), raíña consorte de [[Inglaterra]], 1ª marquesa de Pembroke. A súa data de nacemento adoitaba fixarse en 1507, pero os historiadores máis modernos dátana en [[1501]] (- [[19 de maio]] de [[1536]])<ref>Ver os traballos de Eric Ives para o argumento do ano 1500/1501 e R.M. Warnicke para 1507.</ref>. Ana foi a segunda esposa do rei [[Henrique VIII de Inglaterra|Henrique VIII]] e a nai da raíña [[Isabel I de Inglaterra|Isabel I]]. O matrimonio de Henrique e Ana, e a súa subsecuente execución, eran parte do complexo comezo da considerable axitación política e relixiosa que foi a [[Reforma en Inglaterra|Reforma inglesa]], con Ana participando activamente na promoción da causa da reforma da Igrexa. Chamárona "a raíña consorte máis influente e importante que Inglaterra tivo nunca".<ref> Ives, p. xv.</ref>
 
Ana Bolena é popularmente coñecida por ser degolada baixo acusación de [[adulterio]], [[incesto]] e [[traizón]]. Está cumpridamente asumido o ser inocente dos cargos, e foi conmemorada máis tarde como [[mártir]] na cultura [[Protestantismo|Protestante]] inglesa, particularmente polos traballos de [[John Foxe]]. A súa vida foi adaptada en numerosas novelas, obras de teatro, cancións, óperas, dramas de televisión e películas, incluíndo ''Anne of the Thousand Days'' (Ana dos mil días), ''The Other Boleyn Girl'' (As irmás Bolena), ''The Tudor'' (Os Tudor), ''The Six Wives of Henry VIII'' (As seis esposas de Henrique VIII), ''Anna Bolena'' e ''Doomed Queen Anne''.
Liña 8:
== Primeiros anos ==
=== Controversia sobre o seu nacemento ===
A carencia de arquivos parroquiais do período fixo imposible establecer a data do nacemento de Ana Bolena. As probas a partir do século XVI son contraditorias, con distintas datas que foron propostas por varios autores. Un historiador italiano, en 1600, suxeriu que ela nacera en 1499, mentres que o xenro de sir [[Thomas More]], William Roper, suxeriu unha data moi posterior, 1512. Hoxe en día, o debate académico céntrase ao redor de dúas datas craves: 1501 e 1507.<ref> A data de 1507 foi proposta primeiro por un anticuario isabelino, William Camden, e foi a favorita ata o traballo do historiador de arte Hugh Paget, que argumentou en contra en 1981. Ver a biografía de Eric Ives ''The Life and Death of Anne Boleyn'' para os argumentos máis extensos que favorecen 1500/1501 e ''The Rise and Fall of Anne Boleyn'' de Retha Warnicke para a especulación subxectiva sobre o ano de nacemento de 1507.</ref> Ives, un historiador británico e experto legal, promove a data de 1501, mentres Retha Warnicke, un erudito americano e historiador de xénero que tamén escribiu unha biografía de Ana, prefire 1507.
 
A peza crave das evidencias escritas sobreviventes neste argumento é [http://www.nellgavin.com/boleyn_links/boleynhandwriting.htm unha carta que Ana escribiu en 1514]. Escribiuna en [[Lingua francesa|francés]] (a súa segunda lingua) ao seu pai, que aínda vivía en Inglaterra mentres Ana completaba a súa educación nos [[Países Baixos]]. Ives sostén que o estilo da carta e a súa letra madura demostra que Ana debía ter aproximadamente trece anos no momento de escribila. Esta estaría tamén ao redor da idade mínima en que unha rapariga podería ser unha dama de honra, cando Ana o foi da rexente Margarida. Isto está apoiado por afirmacións dun cronista de finais do século XVI, o cal escribiu que Ana tiña vinte anos cando volveu de Francia.<ref> Ver Ives, p. 18–20;</ref> Estas conclusións son cuestionadas por Warnicke en varios libros e artigos, pero as probas aínda non apoian concluintemente ningunha data.
 
=== Infancia e familia ===
Liña 16:
 
[[Ficheiro:Queen Anne Boleyn 2.jpg|miniatura|dereita|180px|Un retrato idealizado de Ana Bolena, pintado no século posterior á súa morte (de aí o estilo de vestir anacrónico), atribuído a Marcus Gheeraerts o Mozo.]]
Existían rumores de que Ana sufría [[polidactilia]] (seis dedos na súa man esquerda, por entón considerado un signo do [[diaño]]) e unha marca de nacemento ou [[lunar]] no seu pescozo que sempre escondía cunha xoia. Aínda que esta lenda sexa popular, non hai probas contemporáneas que o apoien. Ningún dos moitos relatos de testemuñas oculares sobre o aspecto de Ana Bolena —algúns deles meticulosamente detallados— menciona ningunha deformidade, e moito menos un sexto dedo. Ademais, cando as deformidades físicas eran xeralmente interpretadas como un signo do [[Mal (filosofía)|mal]], é difícil crer que Ana Bolena chamase a atención romántica de Henrique, se ela realmente tivese algunha deformidade.<ref> Warnicke, pp. 58–9; Lindsey, pp. 47–8.</ref>
 
Como no caso de Ana, non se sabe con seguridade cando naceron os seus dous irmáns, pero parece claro que a súa irmá, [[María Bolena|María]], era maior que ela. Os fillos de María claramente creron que a súa nai fora a irmá maior; como fixo a filla de Ana, [[Isabel I de Inglaterra|Isabel]].<ref> Un historiador sostén que María podería ser a irmá máis nova. Hai, con todo, probas firmes do reinado de Isabel I que a familia Bolena recoñecía que María nacera antes que Ana, non despois. Ver Ives, pp. 16–17 y Fraser, p. 119.</ref> O seu irmán George naceu ao redor de 1504.<ref> Warnicke, p. 9; Ives, p. 15.</ref>
 
Na súa vida posterior, Ana non tiña unha relación próxima co seu pai, pero na súa infancia ela pareceu preocupada en compracerlle. A súa relación coa súa irmá María parece ser cordial, pero non íntima. Ela gozou dunha relación máis feliz coa súa nai e o seu irmán George, aos que Ana parece haberse sentido máis próxima.
 
No momento do nacemento de Ana, a familia Bolena estaba considerada unha das familias máis respectables da aristocracia inglesa,<ref> Starkey, p. 257; Ives, p. 3–5.</ref> aínda que eles ostentasen un título só catro xeracións. Máis tarde, foron criticados como arribistas sociais, pero este era un ataque político. A tradición de que os Bolena eran unha familia de comerciantes de [[Londres]] é infundada; de feito eles eran aristócratas.<ref> Ives, p. 3.</ref> Os bisavós de Ana incluíron a un alcalde (''Lord Maior'') de Londres, un duque, un ''earl'' (conde), dous ''ladies'' aristocráticas e un cabaleiro; entre os seus parentes ela nomeou aos Howards, unha das familias preeminentes no país. Era seguramente de nacemento máis nobre que [[Jane Seymour]] ou que [[Catarina Parr]], dous das outras mulleres inglesas de Henrique.<ref> Strickland, p. 273.</ref>
 
O pai de Ana era un [[Diplomacia|diplomático]] respectado cun talento para os idiomas; era tamén favorito de [[Henrique VII de Inglaterra|Henrique VII]], que lle enviou a moitas misións diplomáticas no estranxeiro. Seguiu a súa carreira baixo Henrique VIII, que subiu ao trono en [[1509]]. En [[Europa]], o profesionalismo e o encanto de Tomás Bolena gañaron moitos admiradores, incluída a archiduquesa Margarita de Austria, filla de [[Maximiliano I de Habsburgo|Maximiliano I]], emperador do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]]. Ela gobernaba os [[Países Baixos]] en nome do seu pai e quedou tan impresionada por Tomás Bolena que ofreceu á súa filla máis nova, Ana, un lugar na súa casa. Xeralmente unha rapariga debía ter 12 anos para obter tal honra, con todo Ana podería ser algo máis nova, e Margarida afectuosamente referíase a ela como "''A petite Boleyn''" (non se sabe, con todo, se a cita refírese á súa idade ou á súa estatura).<ref> Fraser e Ives sosteñen que esta cita demostra que Ana probablemente naceu en 1501 facéndoa da mesma idade que as outras raparigas; pero Warnicke discrepa, en parte pola evidencia do alcume de Ana “petite”. Ver Ives, p. 19; Warnicke, p. 12–3.</ref> Causou unha boa impresión nos Países Baixos polos seus xeitos e aplicación e viviu alí desde a primavera de 1513 ata que o seu pai ordenou que seguise a súa educación en [[París]] no inverno de [[1514]].
 
En [[Francia]], Ana foi dama de honra de Claudia de Francia e tamén actuou como intérprete sempre que calquera invitado inglés importante chegaba á corte francesa. Na casa da raíña, completou os seus estudos do [[Lingua francesa|francés]] e adquiriu un coñecemento detallado da cultura de Francia e o protocolo. Tamén desenvolveu un interese pola moda, e pola filosofía relixiosa que reclamaba a reforma da Igrexa. A súa educación europea terminou no inverno de 1521 cando regresou a Inglaterra seguindo as ordes do seu pai. Partiu de [[Calais]], que entón aínda era unha posesión inglesa, en xaneiro de [[1522]].
 
=== Aparencia e personalidade ===
[[Ficheiro:Anneboleyn2.jpg|miniatura|dereita|180px|Un retrato de Ana Bolena pintado algúns anos logo da súa morte. O seu biógrafo máis recente considérao moi preto de "a verdadeira Ana Bolena".<ref> Ives, p. 43.</ref>]]
Ana Bolena non era convencionalmente fermosa para o seu tempo. Era delgada e a súa pel foi considerada por algúns como demasiado escura. Con todo, moitos observadores estiveron impresionados polos seus ollos escuros e o seu pelo longo e moreno, que ela levaba solto sobre as súas costas. Un [[Italia|italianoitalia]]no que coñeceu a Ana en 1532 escribiu que ela "non era unha das mulleres mais ben parecidas do mundo", pero outros pensaban que era "''competent belle''" ("absolutamente fermosa") "e nova e aposta". Un historiador reuniu todas as descricións e conclúe así:
 
:''“Nunca foi descrita como unha gran beleza, pero ata aqueles que a aborreceron admitiron que tiña un encanto dramático. A súa cute escura e o seu pelo negro déronlle unha aura exótica nunha cultura que vía a palidez branca como o leite como esencial na beleza. Os seus ollos eran especialmente notables: 'negros e fermosos' escribiu un contemporáneo, mentres outro afirmou que eran 'sempre os máis atractivos', e que ela 'sabia ben como usalos con eficacia'.''<ref> Lindsey, p. 48.</ref>
 
A xente parecía atraída principalmente polo carisma de Ana. Deu unha boa impresión co seu sentido da moda, inspirando moitas novas tendencias entre as damas da corte. Nunha visión retrospectiva, ela foi probablemente a representante da moda inglesa máis grande de principios do século XVI. William Forrest, autor dun poema contemporáneo sobre Catarina de Aragón, eloxiou o "paso excelente" de Ana e a súa habilidade como bailarina. "Aquí", escribiu, "era [unha] nova e fresca doncela, que podería dar un tropezo e continuar adiante."<ref> Fraser, p. 115.</ref>
 
:''“O encanto de Ana estaba non tanto no seu aspecto físico como na súa personalidade vivaz, a súa elegancia, o seu enxeño rápido e outras habilidades. Era pequena de estatura, e mostraba unha fraxilidade atractiva sobre ela … brillou no canto, compondo música, bailando e conversando … Non era sorprendente xa que logo, que os homes novos da corte pululasen o seu redor.”''<ref> Weir, pp. 151–153.</ref>
 
Era [[Cristianismo|cristiá]] devota<ref> Para unha discusión sobre as crenza relixiosas de Ana, ver Ives, pp. 277–287.</ref> na nova tradición do movemento humanista do [[Renacemento]] (cualificala como [[Protestantismo|Protestante]] sería unha esaxeración). Tamén fixo doazóns xenerosas á caridade e coseu camisas para os pobres. Na súa mocidade era "doce e alegre" e gozou cos xogos de azar, bebendo viño, e chismorreando..<ref> Weir, p. 153.</ref> Era tamén valente e emocional. Con todo, segundo os seus inimigos, Ana tamén podería ser extravagante, neurótica, rancorosa e malhumorada.
 
:''“Para nós parece relixiosamente inconsecuente mais que agresiva, calculadora mais que emocional, cun lixeiro toque do cortesán aínda que co forte control do político … unha muller que tomou o control das súas propias condicións nun mundo de homes; unha muller que utilizou a súa educación, o seu estilo e a súa presenza para que pesase máis que as desvantaxes do seu sexo; de só moderadamente ben vista, ata levar unha tormenta a unha corte e a un rei. Quizais, ao final, é a avaliación de Thomas Cromwell a que estea máis preto: intelixencia, espírito e coraxe.”''<ref> Ives, p. 359.</ref>
 
== Henrique VIII ==
Liña 47:
Cando Ana Bolena chegou á corte, a primeira esposa de Henrique, [[Catarina de Aragón]], era popular entre moitas persoas, aínda que ela non participase en política e a vida da corte durante algún tempo. Todos os seus fillos con Henrique morreran novos e o rei estaba preocupado por ter un varón herdeiro do seu trono a fin de conservar a monarquía e previr a guerra civil.
 
Bolena fixo o seu debut na corte nun baile de máscaras en marzo de 1522, onde realizou un baile complicado acompañando á irmá máis nova do rei, a varias grandes damas da corte e á amante da irmá de Ana, María. Unhas semanas logo desta interpretación, Bolena era coñecida como a muller máis de moda e competente da corte e referíanse a ela como "o espello da moda" (''"glass of fashion"'').<ref> Starkey, p. 264.</ref>
 
Durante este tempo, a cortexaba Henry Percy, fillo do conde de Northumberland, ao redor de 1522. A natureza exacta da súa relación é confusa. Moitas novelas e as adaptacións cinematográficas da vida de Ana idealizaron a historia describindo como os mozos amantes consumaron a súa unión. Con todo, vale a pena notar que sería imposible manter o seu compromiso matrimonial se fose consumado e varios dos seus biógrafos indicaron que Ana vira demasiadas reputacións arruinadas para arriscar a súa. Un sacerdote católico, George Cavendish, que tiña antipatía por Ana, pero era amigable con Henry Percy, con posterioridade declarou categoricamente que os dous non foran amantes. Así parece improbable que a súa relación fose sexual.<ref> Fraser, pp. 126–7; Ives, p. 67 and p. 80.</ref>
 
O romance rompeu en 1523 cando o pai de lord Henry rexeitou apoiar o compromiso. Unha teoría é que o enlace foi roto en segredo polo [[Thomas Wolsey|cardeal Wolsey]], ministro principal de Henrique, porque o rei desexaba a Ana para el.<ref>George Cavendish, [http://englishhistory.net/tudor/ab-percy.html O romance entre Ana Bolena e Henry Percy, 1523].</ref> É imposible dicir se isto é verdade, e os historiadores están divididos na cuestión. As evidencias, por admisións feitas á irmá de Ana, María, e o seu marido sir William Carey, indican que neste tempo Henrique estivo implicado nun amorío con María Bolena.
 
Segundo George Cavendish, enviaron brevemente a Ana da corte ás leiras rurais da súa familia, pero non se coñece por canto tempo. Cando volveu á corte reuniu unha camarilla de amigas femininas e admiradores masculinos ao seu ao redor, pero se fixo famosa pola súa capacidade de manter aos homes a distancia. O poeta sir [[Thomas Wyatt]], escribiu sobre ela no poema ''"Whoso List to Hunt"'', no que a describiu como inalcanzábel e testuda, a pesar de parecer recatada e tranquila.<ref> Ives, p. 73.</ref> En 1525, Henrique VIII namorouse dela e comezou a súa persecución.<ref> Scarisbrick, p. 154.</ref>
 
[[Ficheiro:Hans Holbein d. J. 049.jpg|miniatura|O rei [[Henrique VIII de Inglaterra]]. Atafegou a Ana con ducias de cartas de amor.]]
A irmá de Ana, María, fora con anterioridade amante por un tempo do rei Henrique, durante o tempo en que estivo casada con sir William Carey, un cabaleiro da Cámara Privada do rei. Rumoreouse durante moito tempo que un ou ambos os fillos de María Bolena foron procreados por Henrique. Algúns escritores, como Alison Weir, agora cuestionan se Henry Carey (o fillo de María) realmente foi procreado polo rei<ref>''Henry VIII: The King and His Court'', por Alison Weir, p. 216.</ref>.
 
Ana resistiuse ás súas tentativas de seducila e rexeitou converterse no seu amante. Rexeitou os avances iniciais do rei dicindo, “suplico á súa alteza moi seriamente que desista, e a esta a miña resposta en boa parte. Prefiro perder a miña vida que a miña honestidade.”<ref> Weir, p. 160.</ref> O rei sentiuse máis atraído debido a esta resposta negativa e perseguiuna incesantemente, ata despois de que ela abandonase a corte para volver a [[Kent, Inglaterra|Kent]]. Os historiadores están divididos sobre as motivacións de Ana para rexeitar a Henrique —uns din que era virtude e outros din que era ambición. Finalmente, el propúxolle matrimonio e ela aceptou. Con todo, ela decidiu non durmir con Henrique antes do seu matrimonio, posto que a relación prematrimonial significaría que calquera neno que tivesen sería ilexítimo. A miúdo pénsase que o antollo de Henrique con ela era para buscar un modo de anular o seu matrimonio, mentres que hai probas fiables de que Henrique tomou a decisión de terminar o seu matrimonio coa raíña Catarina porque ela non lle deu un herdeiro home que sobrevivise; os dous puntos de vista non son mutuamente exclusivos. Henrique e os seus ministros solicitaron unha anulación da [[Santa Sé]] en 1527.
 
Ao principio, Bolena mantívoo en segredo, pero por [[1528]] era do coñecemento público que Henrique tiña a intención de casar con ela. Os parentes de Ana promoveron a súa causa e tiñan a moitos partidarios na corte. Ao principio, con todo, ela mantívose afastada da política. Deleitouse no seu estilo de vida recentemente descuberto —Enrique pagaba todo, e acumulou un gran gardarroupa de vestidos, peles e xoias. Asignáronlle o seu propio persoal de serventes, varias damas de honra e novas dependencias en palacio.
Liña 77:
 
=== Matrimonio ===
A conferencia de Calais foi un triunfo político, xa que o goberno francés finalmente deu o seu apoio ao novo matrimonio de Henrique. Inmediatamente logo de volver a [[Dover]] en Inglaterra, Henrique e Ana celebraron unha cerimonia matrimonial en segredo.<ref> Starkey, pp. 462–464.</ref> Ela quedou embarazada nuns meses e, como era costume na realeza, houbo unha segunda cerimonia matrimonial, que tivo lugar en Londres o [[25 de xaneiro]] de [[1533]].
 
Nese momento os acontecementos comezaron a moverse con paso rápido. O 23 de maio de 1533, Thomas Cranmer, arcebispo de Canterbury, na sesión do xuízo nun tribunal especial que se reuniu no Priorato de Dunstable para decidir sobre a validez do matrimonio do rei con Catarina de Aragón, declarou o matrimonio de Henrique e Catarina sen forza legal. Cinco días máis tarde, o 28 de maio de 1533, Cranmer declarou que o matrimonio de Henrique e Ana era auténtico e válido. Sete anos despois de que a súa relación con Henrique comezara, Ana era por fin legalmente a súa esposa e raíña de Inglaterra. Catarina foi formalmente desposuída do seu título como raíña a tempo para a coroación de Ana, que ocorreu o [[1 de xuño]] de [[1533]]. Desafiando ao Papa, Cranmer declarou que a [[Igrexa de Inglaterra]] estaba baixo o control de Henrique, non de Roma. Esta foi a famosa "Rotura con Roma", que sinalou o final da historia de Inglaterra como un país Católico. Poucas persoas foron conscientes do significado por entón, e menos aínda estiveron preparados para defender a autoridade do Papa. A raíña Ana estaba encantada con este desenvolvemento —aínda que retivese as aparencias, con atavíos católicos (o rei non permitiría ningunha outra opción), ela cría que o Papado era unha influencia de corrupción no [[cristianismo]]. As súas tendencias católicas residuales poden ser vistas na ostentosa devoción á [[Virxe María]] no despregue da súa coroación.<ref> Ives, pp. 219–226. Nesta lealdade tamén puido ter algo que ver o feito de que Ana recibiu o seu nome pola nai da Virxe María, [[Ana, nai de María|Santa Ana]].</ref>
 
Logo da súa coroación, Ana asentouse nunha rutina tranquila para prepararse para o nacemento da súa filla. Sentiuse profundamente aflixida cando Henrique encaprichouse cunha dama da corte, que provocou o seu primeiro enfrontamento serio. O asunto foi breve, xa que Henrique quixo que nada puxese en perigo o embarazo da súa esposa.
 
A filla de Henrique e Ana naceu algo prematuramente o [[7 de setembro]] de [[1533]], no pazo favorito do rei, o pazo de Placentia. Bautizaron á súa filla co nome de [[Isabel I de Inglaterra|Isabel]], en honor á nai de Henrique, [[Isabel de York]]. Déronlle un bautizo espléndido, pero Ana temeu que a filla de Catarina, [[María I de Inglaterra|María]], ameazase a posición de Isabel. Henrique acougou os temores da súa esposa separando a María dos seus moitos serventes e enviándoa a Hatfield House, onde a princesa Isabel vivía co seu propio servizo persoal de criados. O aire do campo era mellor para a saúde da meniña, e Ana era unha nai afectuosa que con regularidade visitou á súa filla.<ref> Weir, p. 259–260.</ref> As súas visitas eran tamén mostras da fricción entre ela e a súa fillastra a princesa María, que se refería ela como "a amante do meu pai", mentres Ana chamaba a María "esa maldita bastarda".
 
=== Vida como raíña ===
Liña 90:
A súa reputación como reformista relixiosa estendeuse por Europa, e foi aclamada como unha heroína por figuras Protestantes; ata [[Martiño Lutero]] viu a súa subida ao trono como un bo signo. Tamén salvou a vida do reformista francés [[Nicolas Bourbon]], que foi condenado á morte pola [[Inquisición]] francesa.<ref>[http://www.biographybase.com/biography/Boleyn_Anne.html Anne Boleyn Biography], Biography Base</ref> Apelou á familia real francesa, que salvou a vida de Bourbon como un favor á raíña inglesa. Bourbon referiríase máis tarde a ela como "a raíña que Deus ama". Aínda que avogase pola reforma relixiosa, sobre todo traducindo a [[Biblia]] ao [[Lingua inglesa|inglés]], non desafiou a doutrina Católica de [[transustanciación]]. Ademais, cando o seu marido opúxose á maior parte das reformas doutrinales [[Luteranismo|luteranas]], Ana tivo que ser coidadosa en canto a dirixir a Inglaterra cara ao que a miúdo se chamou "a Nova Aprendizaxe". Era tamén unha xenerosa patrocinadora da caridade, distribuíndo esmolas para axudar aos pobres e fondos a fundacións educativas.
 
Como raíña, presidiu unha corte magnífica. No [[século XVI]] esperábase das Familias Reais que fosen extravagantes, a fin de comunicar a forza da monarquía. Ana gastou sumas enormes en vestidos, xoias, toucados, abanicos de pluma de avestruz, equipamento de montura, e a tapizaría e mobiliario máis fino procedente de todo o mundo. Numerosos palacios foron renovados para satisfacer os seus gustos extravagantes.<ref> Ives, pp. 231–260.</ref>
 
=== Outros embarazos ===
Liña 98:
En xaneiro de [[1536]], Catarina de Aragón morreu de [[cancro]]. Tras a noticia da súa morte, dise que Henrique e Ana engalanáronse con roupas de cor amarela brillante. Algúns historiadores interpretárono como demostracións públicas de alegría en canto á morte de Catarina, pero outros indicaron que o amarelo era a cor nacional de España para o loito durante esa época, e vestírono como respecto pola defunta. É dubidoso que a parella real celebrase en público a morte de Catarina, posto que Henrique considerábaa como a "Raíña Nai", a viúva do seu irmán o [[Artur Tudor|príncipe Artur]].
 
Circularon rumores de que Catarina fora envelenada (culpaban tanto a Ana como a Henrique); os rumores xurdiron tras descrubrir durante o seu embalsamamento que o seu corazón estaba ennegrecido. Os expertos médicos modernos están de acordo en que a escuridade do corazón de Catarina non era debido ao envelenamento, senón debido ao cancro de corazón, algo que non se coñecía por entón.<ref> Fraser, ''The Wives of Henry VIII''.</ref> Tras a morte de Catarina, Ana intentou mellorar as súas relacións coa filla de Catarina, María, pero foi rexeitada de novo.
 
[[Ficheiro:Cromwell,Thomas(1EEssex)01.jpg|miniatura|dereita|180px|Thomas Cromwell: o antigo aliado de Ana que máis tarde preparou o complot que causou a súa morte.]]
Liña 127:
Entón axeonllouse en posición vertical (nas execucións ao estilo francés, cunha espada, non había ningún bloque para apoiar a cabeza). A súa oración final consistiu en repetir, "a Xesucristo encomendo a miña alma; o Señor Jesús recibe a miña alma." As súas damas quitaron o toucado e ataron unha venda sobre os seus ollos. A execución foi rápida, consistente nun só golpe: segundo a lenda, o esgrimidor foi tan considerado con Ana que dixo, "Onde está a miña espada?" e logo degolouna, para que ela pensase que tiña aínda uns momentos máis para vivir e non sabería que a espada estaba en camiño.
 
Ao longo do río o reformista escocés [[Alexander Ales|Alesius]] acompañaba a Thomas Cranmer cando camiñaba polos xardíns do Palacio de Lambeth. Deberon escoitar o disparo de canón da Torre, sinalando o final, xa que o arcebispo mirou cara arriba e proclamou: "foi raíña inglesa na terra e hoxe será unha raíña do Ceo". Entón sentou nun banco e chorou.<ref> Denny, ''Anne Boleyn'' p.317.</ref>
 
O goberno non aprobou proporcionar un cadaleito apropiado para Ana. Así, o seu corpo e cabeza foron depositados nun arca alargada e sepultados nunha tumba sen marcar na capela de St Peter ad Vincula. O seu corpo foi identificado nunhas reformas da capela baixo o reinado da [[Vitoria I do Reino Unido|raíña Vitoria]], e deste xeito o lugar de descanso dos restos mortais de Ana está marcado agora no chan de mármore.
Liña 135:
 
* Culpable das súas acusacións: o historiador inglés George W. Bernard é o único historiador moderno en soster que Ana era culpable de adulterio e traizón. En 1991 escribiu, "Quizais a conxectura máis segura para un historiador moderno é que Ana en efecto cometera o adulterio con Norris e brevemente con Mark Smeaton e que había bastantes probas circunstanciais para pór en dúbida razoable os desmentidos dos demais."
 
* Unha vítima romántica: a teoría tradicional é que Ana foi vítima da crueldade do seu marido e que o seu fracaso en procrear un fillo significou que Henrique non se detería en nada ata desfacerse dela. [[Geoffrey Rudolph Elton|Sir Geoffrey Elton]], historiador Tudorista do século XX, sostivo que "Ana e cinco homes foron condenados á morte no proceso legal porque o rei desexaba casar outra vez... Henrique refugara os escrúpulos para conseguir a súa meta e estaba preparado para aparecer como un cornudo e unha vítima da bruxería".<ref>G. R. Elton, ''England under the Tudors: Third Edition'' (Routledge, 1991), p. 153.</ref>
 
* Un ataque político: a teoría máis popular é que Ana foi eliminada por un complot de palacio orquestrado polos seus inimigos. Unha alianza con España facíase desexable por varios motivos, e Ana era tan impopular entre a familia real española que a súa presenza era un serio obstáculo para conseguilo. Thomas Cromwell, o seu antigo partidario e o chanceler do Rei, deuse conta de onde Ana tería que ir parar. Estivo máis que disposto en sacrificar a cinco homes inocentes para facelo (os cales eran tamén amigos de Ana e poderían, polo tanto, oporse á súa destrución se permanecían vivos).
 
Liña 188 ⟶ 186:
|21= 21. Elizabeth Beauchamp (1410–?)<ref name="margaretbutler"/>
|22= 22. Sir Richard Hankford (1397–1431)<ref name="margaretbutler"/>
|23= 23. Lady Anne de Montagu ((1400–1457)<ref name="margaretbutler"/>
|24= 24. Sir Robert Howard (?1385–1436)
|25= 25. Lady Margaret Mowbray<ref name="johnhoward1stdukeofnorfolk">
Liña 199 ⟶ 197:
|31= 31. Elizabeth Cokayn<ref name="elizabethtilneyparents"/>
}}</center>
 
 
 
{{Sucesión | título = Raíña Consorte de Inglaterra | período = [[1533]] - [[1536]] | predecesor = [[Catarina de Aragón]] | sucesor = [[Xoana Seymour|Jane Seymour]]}}
Liña 229 ⟶ 225:
* [http://www.lenguasdefuego.net/Ana_Bolena Lenguasdefuego.net] {{Es}}.
 
{{ORDENAR:Bolena, Ana}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Bolena, Ana}}
[[Categoría:Raíñas consortes de Inglaterra]]
[[Categoría:Finados en 1536]]