Eduardo Barreiros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 4:
== Traxectoria empresarial ==
[[Ficheiro:Barreiros Azor.jpg|miniatura|Modelo de camión Barreiros.]]
O seu pai, que fora emigrante a [[Gran Canaria]], tiña unha empresa de coches de liña que cubría o percorrido entre [[Ourense]], [[Luíntra, Nogueira de Ramuín, Nogueira de Ramuín|Luíntra]] e [[Os Peares]]. Alí comezou a traballar realizando adaptacións mecánicas, fundamentalmente nos [[Motor (máquina)|motores]]. Fai a [[guerra civil|guerra]] no bando nacional, primeiro como soldado no [[terzo Abárzuza]] e logo como chofer de camións de feridos. Ao remate do conflito segue vencellado ao mundo do motor, e comeza a mercar autobuses, camións, e pezas, que el vai axustando á carrocería.
 
En [[1945]] vende a liña de autobuses e funda a construtora BECOSA (Barreiros Empresa Constructora, S.A.), unha empresa de obras públicas para a que desenvolve maquinaria e aplicacións de construción propia. A construtora, grazas ás melloras tecnolóxicas, axiña prospera e consegue contratos en Galicia e en [[Castelló]].
 
En [[1949]] comezou a converter [[motor de gasolina|motores de gasolina]] en [[motor diésel|diésel]], ao principio para o propio consumo nas súas empresas e despois, a partir de [[1951]], como liña de negocio fundamental, para o que se establece en [[Madrid]]. En [[1954]] fundou a empresa Barreiros Diésel cun capital de 10 000 000 de [[peseta]]s, e onde fabricou o motor [[EB-6]] de tecnoloxía propia e posteriormente tamén camións completos. Despois pasará a desenvolver novos motores [[EB-4]] para turismos e taxis, así como material complementario eléctrico ([[bomba de inxección|bombas de inxección]] a través da empresa CABSA, [[dinamo]]s e arrinques a través de CEESA etc.). Estaba en condicións de dedicarse de cheo á produción de [[automóbil]]es completos, e funda MOSA, cun capital de 5 000 000 para a comercialización dos vehículos e das pezas.
 
A partir de [[1957]] comeza a internacionalización do seu capital. Primeiro chega a un acordo coa empresa [[Reino Unido|británica]] David Brown para montar unha sociedade, participada maioritariamente por el e dedicada á construción de [[engrenaxe]]s. En [[1960]] dedícase á fabricación de tractores coa [[Alemaña|alemá]] Hanomag, tamén maioritariamente controlada por Barreiros, e despois expándese cara á construción de pequenos camións, motores para turismos ou máquinas de transporte de mercadorías. En [[1962]] asociouse coa empresa [[Estados Unidos de América|estadounidense]] [[Chrysler]] e fundou Barreiros Chrysler, o que supuxo a entrada en España desa marca de [[automóbil]]es e un rápido desenvolvemento das vendas dos produtos Barreiros, particularmente das series de automóbiles [[Simca]] e [[Dodge Dart]] e de camións [[Saeta]]. No momento de máximo apoxeo da empresa, en [[1966]], traballaban na factoría que tiña en [[Madrid]] uns 10.000 empregados (25.000 entre todas as empresas do grupo).
 
Tamén inicia proxectos empresariais en [[Guinea Ecuatorial]] de extracción de [[petróleo]]. Logo dun desencontro cos socios estadounidenses, vendeulles as accións á Chrysler en [[1969]], e deixou o mundo da mecánica. Durante os anos setenta dedícase á agricultura en [[La Solana]] ([[Cidade Real]]), e merca e produce [[viño]], e despois tamén á [[mellora xenética]] de gando coa importación de [[semental|sementais]] de [[charolesa (vaca)|charolesa]] a través da empresa PUVASA. Despois proba tamén coa explotación mineira, extraendo [[estaño]] e [[pirita]] en [[provincia de Ourense|Ourense]]. Despois dunha crise a primeiros dos oitenta, regresou ao sector automobilístico ao dedicarse á venda de motores diésel en Cuba a partir de [[1981]], a través dunha firma de capital mixto, ata que faleceu na capital da illa en 1992.
Liña 44:
 
{{ORDENAR:Barreiros Rodriguez, Eduardo}}
 
[[Categoría:Personalidades da empresa de Galicia]]
[[Categoría:Empresarios do sector do automóbil]]