Mosteiro de San Martiño do Couto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 23:
| mapa =
}}
O popularmente coñecido '''Mosteiro do Couto''', tamén chamado '''Mosteiro de San Martiño de''' '''Xuvia'''<ref>Nas referencias bibliográficas aparece maioritariamente escrito coa letra [[B|beb]]e.</ref> está situado na parroquia católica do mesmo nome, no barrio do [[O Couto, Narón, Narón|Couto]] do concello de [[Narón]], [[provincia da Coruña]]. O edificio actual foi construído a comezos do [[século XII]] en estilo [[románico]] [[Catedral de Santiago de Compostela|compostelán]].<ref>{{Cita libro|título = Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia|apelidos = Castillo López|nome = Ángel del|editorial = Editorial de los Bibliófilos Gallegos|ano = 1987|ISBN = |ref = |lingua = castelán|páxina = 239}}</ref> A igrexa maila casa reitoral foron declaradas Monumento Nacional por Decreto 2644 do 18 agosto.
 
== Historia ==
Liña 35:
 
=== Interior ===
A planta da igrexa presenta notábeis irregularidades no seu trazado, que en teoría debería de corresponder cunha malla rectangular. A planta é basilical, con tres [[Nave (arquitectura)|naves]] de cinco [[Tramo|tramostramo]]s rematadas en [[Ábsida|ábsidasábsida]]s semicirculares e lembra á de [[Igrexa de San Xulián de Moraime|San Xulián de Moraime]].<ref>Esta igrexa conserva a ábsida central románica, o que non acontece na de San Xulián de Moraime.</ref> Como nesta, os arcos formeiros son de arco de medio punto peraltados e proveñen de piares de sección cadrada con semicolumnas acaroadas, inda que aquí desapareceron os arcos transversais. Tamén son peraltados os arcos triunfais laterais, mentres que o central é de medio punto deformado. Os [[Capitel|capiteis]] salientan pola súa riqueza e variedade, que vai do xeométrico e vexetal ao antropomorfo. As tres naves cóbrense con teitume de madeira que se apoia nos muros laterais e nos arcos formeiros, mentres que as ábsidas están cubertas con [[Bóveda de canón|bóvedas de canón]] rematadas con outras de casca apuntadas.
 
=== Exterior ===
A parte mellor conservada constitúea o conxunto das tres ábsidas coas súas proporcionadas xanelas de [[arco de medio punto]] sobre columniñas acodilladas, unha en cada un dos laterais mais tres no principal. Tamén salientan as fiestras dos dous tramos contiguos dos muros laterais, con ocos centrais proporcionalmente máis pequenos. Os [[Canzorro|canzorroscanzorro]]s, tanto os das ábsidas coma os dos muros laterais, repiten a variedade e a riqueza dos capiteis interiores, resaltando sobre todo os de motivo antropomorfos.
 
A [[fachada]] principal ou occidental, así como os tramos contiguos das naves foron reconstruídos. A torre corresponde ao ano [[1782]] e está formada por tres sinxelos corpos, o superior formado por unha pequena cúpula, o intermedio, ou das [[Campá|campáscampá]]s, de planta cadrada e catro ocos de arco de medio punto, o inferior case macizo e tamén de planta cadrada. Este corpo inferior continúa lateralmente nun soportal con tres arcos, de medio punto os laterais e de carpanel o central, que pecha a entrada da igrexa, que se acha a un nivel sensibelmente inferior, Sobre este soportal e xa no plano da fachada, ábrese un elemental rosetón circular. So o [[rosetón]] e oculta polo soportal atópase a portada da igrexa, formada por unha tripla [[arquivolta]] de medio punto, na que resalta a ornamentación xeométrica da volta exterior.
 
==Galería de imaxes==