Poros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
m Arranxos varios using AWB
Liña 27:
}}
 
'''Poros''' (en [[lingua grega|grego]]: Πόρος) é unha pequena illa dobre [[Grecia|grega]] en parte sur do [[golfo Sarónico]] a unha distancia de 48 [[quilómetros|km]] ao sur do [[O Pireo|Pireo]] e separada por unha canle marítima de douscentos metros do [[Peloponeso]].
 
A súa superficie é de 31 quilómetros cadrados e ten unha poboación de 4.000 habitantes. O nome antigo de Poros era Pogon.
 
Poros está formada por dúas illas: Sphairia, a parte sur, a cal ten unha orixe volcánico e Kalaureia a parte norte.
 
A illa contén un rica vexetación. Moita da parte norte, leste e oeste ten unha vexetación moi tupida con bosques de piñeiros no sur e o centro.
 
== Xeografía e xeoloxía ==
 
A illa é moi montañosa. O pico máis alto é o Vigla de 358 metros en parte centro-oeste. A illa posúe numerosas calas nas que desembocan pequenos regatos estacionais.
 
A [[xeoloxía]] da illa comprende [[Roca sedimentaria|rocas de sedimento]] do [[mesozoico]] ao [[cenozoico]] ([[calcaria]] e [[arenisca]] do tipo [[Flysch]]) e [[ofiolita]], así como rocas volcánicas do período [[neóxeno]] en Sferia.
 
A illa de [[tectónica]]mente parte da [[Período terciario|era terciaria]]
 
[[Ficheiro:Poros Greece.JPG|miniatura|dereita|320px|Illa de Poros]]
 
== Historia ==
Os estudos recentes suxiren que Poros estivo inhabitada ata a [[idade de bronce]]. Tumbas na illa foron datadas no [[período micénico]] existindo estruturas desde polo menos mil anos antes de Cristo.
 
A antiga cidade de Kalaureia foi o refuxio de [[Poseidón]], as ruínas da edificación atópanse aínda accesibles nun outeiro próximo á cidade. Estas ruínas poden estar relacionadas cos santuarios de Geraistos e Tainaros.
 
Algúns historiadores antigos indicaron a Poros coa casa de [[Anfictionía]] no período arcaico, unha liga de cidades composta por Poros, [[Atenas]], [[Exina, Grecia|Exina]], [[Epidauro]], [[Ermioni]], [[Nauplia]] e [[Orcómeno (cidade)|Orcómeno]]. De todos os xeitos non existen evidencias disto.
 
Na época do [[imperio Bizantino]], Poros e outras illas da zona sufriron o acoso dos piratas.
 
Durante a ocupación do [[imperio otomán]] Poros permaneceu independente e axudou ás illas veciñas a iniciar a [[guerra de independencia de Grecia]].
 
Poros foi devastado por un incendio que queimou o suroeste o [[26 de xuño]] de [[2007]] que destruíu bosque, casas e negocios.
Liña 61:
== Lugares de interese ==
A cidade de Poros posúe bonitos edificios [[neoclásico]]s construídos en forma de anfiteatro na ladeira dunha montaña. Nesta cidade atópase a torre do reloxo en [[1927]].
[[Ficheiro:Clock_tower_in_Poros.jpg|miniatura|Poros Toore do Reloxo]]
 
O museo arqueolóxico de Korizis mostra os restos do santuario de [[Poseidón]], [[Trecén]] e outros procedentes de sitios arqueolóxicos próximos.
 
A prestixiosa [academia naval helénica] está situada en Poros, a cal ten o primeiro estaleiro moderno de Grecia, establecido durante a guerra de independencia grega en [[1827]]
 
== Demografía ==