Abel Paz: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}} |
m Arranxos varios using AWB |
||
Liña 2:
[[Ficheiro:Abel Paz in his house.jpg|thumb|275px]]
'''Diego Camacho''', máis coñecido polo pseudónimo de '''Abel Paz''', nado en [[Almería]] o [[12 de agosto]] de [[1921]] e falecido en [[Barcelona]] o [[13 de abril]] de [[2009]], foi un escritor, historiador e militante do [[movemento libertario]].
== Traxectoria ==
Fillo dunha familia de xornaleiros do campo, condición que lle fixo aproximarse a ideoloxías [[anarquismo|anarquistas]] ó observar as diferencias de clases entre obreiros e burgueses na súa infancia e mocidade. Entrou a formar parte das [[Federación Ibérica de Juventudes Libertarias]] e a [[Confederación Nacional do Traballo]].
Trasladouse a [[Barcelona]] con oito anos, estudando na escola nocturna de Clot. En [[1936]] loitou nos grupos de defensa confederais de Clot e participou no grupo ''Los Quijotes del Ideal''. En [[1938]] combateu coas [[milicias confederais]] na fronte de [[Artesa de Lleida|Artesa]] ([[Provincia de Lleida|Lleida]]) refuxiándose en [[Tolosa, Francia|Tolosa]] ([[Francia]]) en [[1939]] ó caer a [[Segunda República Española|república]], sendo internado nos [[campo de internamento|campos de concentración]] de [[Bram]], [[Saint Cyprien]], [[Argèles]] e [[Barcarés]]. Ata [[1941]] traballou como prisioneiro no muro do [[Atlántico]] para o [[nazismo|Partido Nacionalsocialista]].
Liña 13:
Colaborador na prensa libertaria, conferenciante en múltiples actos, tamén destaca como un prestixioso escritor, converténdose no biógrafo principal de [[Buenaventura Durruti]]. A súa biografía sobre Durruti foi traducida a catorce idiomas.
El mesmo defínese como [[anarquista]] e o seu significado na entrevista concedida en [[1997]] a "Espai de Llibertat" con estas palabras:
{{Cita|Son anarquista e ser anarquista é ser unha persoa coherente (paz espiritual, a tranquilidade, o campo, traballar o menos posible, o suficiente para poder vivir, gozar da beleza, do sol. Gozar da vida con maiúsculas, agora se vive en minúsculas). Ter unha conduta persoal. Levar as ideas á práctica ó máximo, sen esperar que haxa unha revolución. Iso pódese facer agora. É unha concepción filosófica, é un estado de espírito, unha actitude ante a vida. Penso que esta sociedade está moi mal organizada, tanto socialmente, como politicamente, como economicamente. Hai que cambialo todo. O anarquismo invoca unha vida completamente diferente. Trata de vivir esta utopía un pouco cada día.|Abel Paz, 1997}}
Liña 41:
* [http://www.sindominio.net/marxa-maquis/article.php3?id_article=166 Marxa Homenatge als Maquis: critica al libro ''CNT 1939-1951: el anarquismo contra el Estado franquista''] {{es}}
{{ORDENAR:Paz, Abel}}▼
{{Control de autoridades}}
▲{{ORDENAR:Paz, Abel}}
[[Categoría:Anarquistas]]
[[Categoría:Personalidades da historiografía]]
|