Diferenzas entre revisións de «Anélidos»

m
Arranxos varios using AWB
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}})
m (Arranxos varios using AWB)
== Características ==
 
Os anélidos son vermes segmentados, xeralmente de forma cilíndrica, e de tamaños que van desde 1  mm até máis de 3 m.
 
Neste grupo intégranse as [[miñoca]]s ([[oligoquetos]]), as [[samesuga]]s ([[hirudíneos]]'') e os vermes mariños (''[[poliqueto]]s'') ademais doutros grupos menos coñecidos como [[branquiobdélidos]], [[acantobdélidos]] e [[aelosomátidos]].
O corpo dos anélidos comeza, na súa parte anterior nun elemento chamado [[prostomio]] ao que segue un número variábel de segmentos (aneis) e remata nun elemento final chamado [[pixidio]], no que se abre o ano.
 
Unha das características máis salientábeis do filo é a verdadeira segmentación ([[metámero|metamerismo]]) do seu corpo (agás prostomio e pixidio).
 
O corpo está formado por unha serie lonxitudinal de unidades repetidas e semellantes chamados segmentos ou [[metámero]]s, que conteñen cada un deles importantes estruturas anatómicas e funcionais (como son os [[ganglios nerviosos]], os [[nefridio]]s, ou os [[compartimentos celómicos]]).
 
Outra das características esenciais dos [[anélido]]s é a presenza, en xeral, de [[seda (pelo)|sedas]]. As sedas ou '''quetas''' son estruturas de [[quitina]] dispostas en feixes ou paquetes en cada un dos segmentos e que emerxen, xa directamente da superficie do corpo, xa dunhas expansións da superficie corporal chamadas [[parápodo]]s que serven fundamentalmente para o desprazamento do animal.
 
Os anélidos que non posúen sedas están xeralmente provistos de unha ou dúas ventosas que utilizan para a locomoción ou ben para ancorarse nun [[hospedador]].
O [[sistema nervioso]] está formado por un par de ganglios cerebroides máis ou menos fusionados que se unen a un ou dous cordóns nerviosos ventrais e tamén ganglionares mediante dous conectivos que rodean á farinxe (circunfarínxeos).
 
O [[sistema circulatorio]] é pechado e o [[líquido hemático]] circula por unha rede de vasos e capilares. Destes vasos destaca un grande vaso lonxitudinal dorsal e outro ventral. En moitos [[hirudíneos]] (samesugas) non existen verdadeiros vasos sanguíneos: as substancias e os gases transpórtanse polo [[líquido hemocélico]] que circula por un [[sistema celómico]].
 
O [[aparato dixestivo]] é completo, recto e simple, aínda que presenta diferentes graos de especialización rexional podéndose distinguir (segundo a súa orixe embrionaria) un [[estomodeo]] (tramo anterior, de orixe [[ectoderma|ectodérmica]]) un [[mesodeo]] (tramo medio, de orixe [[endoderma|endodérmica]]) e un [[proctodeo]] (tramo posterior, de orixe [[ectoderma|ectodérmica]]).
 
== Reprodución ==
O [[aparato reprodutor]], as estratexias reprodutoras e o desenvolvemento son variábeis entre os diferentes grupos de anélidos.
 
Nos poliquetos hai individuos machos e femias ([[dioico]]s) as [[gónada]]s son simples e numerosas e están dispostas ao longo de todo o corpo. A [[fecundación]] é externa e o desenvolvemento é indirecto a través dun tipo especial de [[larva]] ([[trocófora]]).
 
Os oligoquetos e os hirudíneos son [[monoico]]s (hermafroditas). Os aparatos reprodutores son complexos e está limitados a uns poucos segmentos. A fecundación é interna, o desenvolvemento directo e dispoñen dun engrosamento [[Glándula|glandular]] [[Epiderme|epidérmico]] característico chamado [[clitelo]] que é o responsábel da formación dos [[casulo]]s. Nestes casulos desenvólvense as postas.
 
A [[reprodución asexual]] é un fenómeno habitual sobre todo nalgunhas familias de oligoquetos.
}}
}}
</div>Grupos de '''anélidos''' e filos incorporados aos anélidos (2007; ''simplificado''). <ref>Struck, T. H.; Schult, N., Kusen, T., Hickman, E., Bleidorn, C., McHugh, D. e Halanych, K. M. (2007): "Annelid phylogeny and the status of Sipuncula and Echiura". ''BMC Evolutionary Biology'' '''7''': 57. [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC1855331/ Resume]</ref> <small>(''Versión completa''.</small>)<ref>[http://www.biomedcentral.com/1471-2148/7/57/figure/ Versión completa]</ref>
<br />Destacan importantes cambios nas clasificacións tradicionais.</div>
 
* [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/Taxonomy/Browser/wwwtax.cgi?lin=s&p=has_linkout&id=6340 ''Annelida''] en NCBI. {{en}} Consultada o 11/01/2013.
* Antoine Morin, Universidade de Ottawa
[http://simulium.bio.uottawa.ca/bio2525/Notes/Les_Annelides.htm ''Les Annélides''] en BIO2525.{{fr}} Consultada o 11/01/2013.
 
{{Filos do reino animal}}
393.002

edicións