Pega azul: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
musgo
m Arranxos varios using AWB
Liña 21:
 
== Descrición ==
Miden entre 33 e 37  cm de lonxitude e as proporcións do seu corpo son semellantes as da pega común, por ben que son máis delgadas e o bico e as patas son algo máis curtos en relación ó corpo. A parte inferior e gris acastañada, a superior máis escura, as veces case castaña. As partes superiores das alas e a cola, que mide entre 16 e 20  cm de longo, son azuladas. A cola aclárase na punta, que ás veces é mesmo branca. A coloración branca da gorxa prolóngase nunha banda lateral estreita ata á caluga. A parte superior da cabeza é negra brillante. O azul das alas, que en condicións de boa iluminación ten aspecto azul ceo brillante, destaca menos en días de mal tempo.
== Distribución xeográfica ==
A distribución xeográfica da especie, repartida en dúas zonas moi distantes, é un fenómeno que deu lugar a moitas interpretacións. Os dous grupos de poboación están repartidos, por un lado en [[España]] e [[Portugal]] e por outro en [[China]], [[Corea]], [[Xapón]] e [[Mongolia]].
 
Segundo unha teoría, esta curiosa distribución sería a consecuencia da desaparición das poboacións intermedias que terían existido na conca mediterránea e o leste de Asia, a consecuencia das glaciacións. Existía outra teoría que supuña que as poboacións europeas non eran autóctonas, e foran introducidas por mariñeiros portugueses contra o século XVI. Contra esta teoría falaría a presenza na Península Ibérica dunha variedade específica, ''C. C. cooki'' , descrita xa en 1830, xa que é improbable que nun período tan curto coma 200 anos se produza unha separación tan clara co resto da especie e o descubrimento de ósos de pega azul en [[Xibraltar]] dunha antigüidade de 44.100 anos<ref>Cooper, J.H. e Voous, K.H (1999) ''Birds bones and biogeography: Iberian azure-winged magpies come in from the cold'' Brittish Birds, 12:659-665</ref> <ref>Cooper, J. H. (2000). ''First fossil record of Azure-winged Magpie Cyanopica cyanus in Europe''. Ibis, 142(1): 150-151.</ref>.
 
Estudios xenéticos recentes amosarían que as formas europeas constitúen unha especie separada, ''Cyanopica cooki'', aínda que esta situación non foi aínda oficialmente recoñecida. <ref>[http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC1691084/pdf/12204127.pdf Koon Wah Fok, Christopher M Wade e David T Parkin ''Inferring the phylogeny of disjunct populations of the azure-winged magpie Cyanopica cyanus from mitochondrial control region sequences''. Proceedings of the Royal Society Biological Sciences Series B, 2002, 269 (1501): 1671-1679].</ref>
== Hábitat ==
Na Península Ibérica son aves de espazos arborados abertos, e están presentes a miúdo nos bosques de [[sobreira]]s e outras especies do xénero ''Quercus'', coma ''Quercus rotundifolia'' ou ''Q. pyrenaica'', e en bosques ou soutos pouco mestos de coníferas ou mixtos. que prefiren ás zonas de cultivos arbóreos máis intensivos. As taxas máis altas de poboamento danse como consecuencia en [[Estremadura]], oeste de [[Andalucía]] e sur de [[Portugal]].
Nas zonas fronteirizas da súa distribución ibérica son menos esixentes e viven tamén en cultivos de améndoas e oliveiras. A súa área de cría vese limitada pola falta de biótopos axeitados, pero tamén pola competencia das pegas comúns, coas que practicamente nunca comparten os territorios.
 
As poboacións asiáticas crían tamén en parque e xardíns.
 
De acordo co censo do ''European Bird Census Council '' <ref> [http://www.birdlife.org/datazone/species/BirdsInEuropeII/BiE2004Sp5735.pdf European Bird Census Council]</ref> a súa poboación en Europa é de entre 250.000 e 360.000 parellas reprodutoras e mantense estable.
 
== Costumes e alimentación ==